InicioNovasXXVI FEIRA DO QUEIXO DE SAN SIMÓN DA COSTA

APLAZADO!!! XXVI FEIRA DO QUEIXO DE SAN SIMÓN DA COSTA

XXVI FESTA DO QUEIXO DE SAN SIMÓN DA COSTA 4 e 5 de ABRIL 2020

 

BASES DA ADXUDICACIÓN DE POSTOS DE ALIMENTACIÓN

 

  1. Obxecto: Establecer os criterios e requisitos para a adxudicación dos postos destinados á promoción e venda de alimentos artesanais, de elaboración propia.

Poderán presentar solicitude as persoas físicas e xurídicas que reúnan os requisitos que acrediten segundo o disposto no punto seguinte:

 

  1. Documentación que deben presentar os solicitantes interesados:

- Instancia

- NIF

- Rexistro sanitario

- Carné de manipulador de alimentos

-D.O.ou I.X.P.

- Etiquetado

- Seguro RC e último recibo de pago e póliza de accidentes de traballo

- Alta no réxime de autónomos e último recibo de pago

- Relación de traballadores que intervirán no posto

- Alta na seguridade social dos traballadores/as

- Certificado de estar ó corrente de pago coa Seguridade Social, Axencia Tributaria e Facenda de Galicia

- Plan de prevención dos traballadores/as e copia de estar apto no recoñecemento médico

- Orden de domiciliación de pago (modelo)

 

  1. Ubicación e características dos postos:
  • Os postos estarán situados na Praza da Constitución
  • O espazo a ocupar polos expositores, así como a súa situación será decidida pola organización
  • Todos os postos terán 2 metros de fondo, e o longo que cada expositor solicite. Poden solicitar  tamén postos de 3 x 3, en forma de isleta xunto os postos de queixo. A organización, non obstante, resérvase o dereito a variar os metros e situación en función do espazo.
  • Os stands serán instalados polo concello, que non facilitará nin mesas nin cadeiras.
  • A organización disporá da seguridade no recinto da feira dende as 20h do sábado as 10h do domingo. Recoméndase pechar a fronte de cada posto despois do peche da feira.
  • A organización facilitará o acceso a tomas de luz para os que así o soliciten ó longo de todos os postos. Prohíbese a utilización de estufas eléctricas.

 

  1. Organización e desenvolvemento da Feira:
  • Os horarios da feira serán de obrigado cumprimento podendo a organización impedir a participación de calquera expositor que non os cumpra.
  • Os horarios da feira serán os seguintes:

Sábado día 4 de abril de 11:00 h. A 21:00 h.

Domingo día 5 de abril de 10:00 h. A 15:00 h.

  • O sábado os expositores poderán pechar 2 horas de 14 a 16h
  • Os expositores disporán dunha zona de aparcamento no parking subterráneo da praza da Constitución (entrada pola Rúa dos Pepes). Dende aquí deberán levar a pe a mercancía ata os posto (non estará permitido o acceso con vehículos á praza da Constitución nin á carpa).
  • Poderase acceder a este parking dende as 08.45 ata as 10.45h o sábado e dende as 08.30 ata as 09.45h o domingo. Debendo estar os postos totalmente montados para cando se abra a feira.

 

  1. Solicitudes:
  • Para solicitar a reserva de espazo, deberase presentar toda a documentación descrita na Base 1, xunto coa instancia e orden de domiciliación bancaria no Rexistro do Concello de Vilalba, tanto presencial (horario de 09:00 horas a 14:00 horas), como pola sede electrónica a través da páxina web vilalba.org.
  • Data de solicitude: dende o día seguinte da publicación destas Bases ata o 17 de Marzo de 2020, incluído.

 

  1. Canon:

O canon a abonar polos autorizados é de 18€ o metro lineal, que será cargado na conta facilitada coa instancia. A falta de pagamento suporá a resolución da autorización.

 

  1. Procedemento de autorización e criterios de adxudicación
  • Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o órgano competente procederá a resolucións das autorizacións.
  • No caso de que existan máis solicitudes que espazos, o criterio de adxudicación será segundo a orde de presentación no Rexistro municipal da solicitude xunto con toda a documentación que requirida na Base 2
  • En todo caso, primaranse ós postos de alimentación.

 

  1. Para calquera dúbida:

Teléfonos de contacto: 982 51 03 05 (Concello)

Correo electrónico: feiras@vilalba.es (Concelleira de Feiras e Mercados)

SOLICITUDE POSTO ALIMENTACIÓN

Modelo domiciacion bancaria

 

BASES DA ADXUDICACIÓN DE POSTOS DE ARTESANÍA e OUTROS

 

  1. Obxecto: Establecer os criterios e requisitos para a adxudicación dos de postos de artesanía e outros. Estes postos irán destinados á promoción e venda de produtos artesanais.

Poderán presentar solicitude as persoas físicas e xurídicas que reúnan os requisitos que acrediten segundo o disposto no punto seguinte:

 

  1. Documentación que deben presentar os solicitantes interesados:

- Instancia

- NIF

- Alta no réxime de autónomos e último recibo de pago

- Carta de Artesán (no caso dos artesáns)

- Relación de traballadores que intervirán no posto

- Alta na seguridade social dos traballadores/as

- Certificado de estar ó corrente de pago coa Seguridade Social, Axencia Tributaria e Facenda de Galicia

- Plan de prevención dos traballadores/as e copia de estar apto no recoñecemento médico

- Orden de domiciliación de pago (modelo)

 

  1. Ubicación e características dos postos:
  • Os postos estarán situados na Praza da Constitución
  • O espazo a ocupar polos expositores, así como a súa situación será decidida pola organización
  • Todos os postos terán 2 metros de fondo, e o longo que cada expositor solicite. A organización, non obstante, resérvase o dereito a variar o metros e situación en función do espazo.
  • Os stands serán instalados polo concello, que non facilitará nin mesas nin cadeiras.
  • A organización disporá da seguridade no recinto da feira dende as 20h do sábado as 10h do domingo. Recoméndase pechar a fronte de cada posto despois do peche da feira.
  • A organización facilitará o acceso a tomas de luz para os que así o soliciten ó longo de todos os postos. Prohíbese a utilización de estufas eléctricas.

 

  1. Organización e desenvolvemento da Feira:
  • Os horarios da feira serán de obrigado cumprimento podendo a organización impedir a participación de calquera expositor que non os cumpra.
  • Os horarios da feira serán os seguintes:

Sábado día 4 de abril de 11:00 h. A 21:00 h.

Domingo día 5 de abril de 10:00 h. A 15:00 h.

  • O sábado os expositores poderán pechar 2 horas de 14 a 16h
  • Os expositores disporán dunha zona de aparcamento no parking subterráneo da praza da Constitución (entrada pola Rúa dos Pepes). Dende aquí deberán levar a pe a mercancía ata os posto (non estará permitido o acceso con vehículos á praza da Constitución nin á carpa).
  • Poderase acceder a este parking dende as 08.45 ata as 10.45h o sábado e dende as 08.30 ata as 09.45h o domingo. Debendo estar os postos totalmente montados para cando se abra a feira.

 

  1. Solicitudes:
  • Para solicitar a reserva de espazo, deberase presentar toda a documentación descrita na Base 1, xunto coa instancia e orden de domiciliación bancaria no Rexistro do Concello de Vilalba, tanto presencial (horario de 09:00 horas a 14:00 horas), como pola sede electrónica a través da páxina web vilalba.org.
  • Data de solicitude: dende o día seguinte da publicación destas Bases ata o 17 de Marzo de 2020, incluído.

 

  1. Canon:

O canon a abonar polos autorizados é de 18€ o metro lineal, que será cargado na conta facilitada coa instancia. A falta de pagamento suporá a resolución da autorización.

 

  1. Procedemento de autorización e criterios de adxudicación
  • Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o órgano competente procederá a resolucións das autorizacións.
  • No caso de que existan máis solicitudes que espazos, o criterio de adxudicación será segundo a orde de presentación no Rexistro municipal da solicitude xunto con toda a documentación que requirida na Base 2
  • En todo caso, primaranse ós postos de alimentación.

 

  1. Para calquera dúbida:

Teléfonos de contacto: 982 51 03 05 (Concello)

Correo electrónico: feiras@vilalba.es (Concelleira de Feiras e Mercados)

SOLICITUDE POSTO ARTESANÍA E OUTROS

Modelo domiciacion bancaria

 

BASES DA ADXUDICACIÓN DE POSTOS DE ASOCIACIÓNS, INSTITUCIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

 

  1. Obxecto: Establecer os criterios e requisitos para a adxudicación dos postos de asociacións, institucións e entidades sen ánimo de lucro.

 

  1. Documentación que deben presentar os solicitantes interesados:

- Instancia

 

  1. Ubicación e características dos postos:
  • Os postos estarán situados na Praza da Constitución
  • O espazo a ocupar polos expositores, así como a súa situación será decidida pola organización
  • Todos os postos terán 2 metros de fondo, e 2 de longo. A organización, non obstante, resérvase o dereito a variar o metros e situación en función do espazo.
  • Os stands serán instalados polo concello, que non facilitará nin mesas nin cadeiras.
  • A organización disporá da seguridade no recinto da feira dende as 20h do sábado as 10h do domingo. Recoméndase pechar a fronte de cada posto despois do peche da feira.
  • A organización facilitará o acceso a tomas de luz para os que así o soliciten ó longo de todos os postos. Prohíbese a utilización de estufas eléctricas.

 

  1. Organización e desenvolvemento da Feira:
  • Os horarios da feira serán de obrigado cumprimento podendo a organización impedir a participación de calquera expositor que non os cumpra.
  • Os horarios da feira serán os seguintes:

Sábado día 4 de abril de 11:00 h. A 21:00 h.

Domingo día 5 de abril de 10:00 h. A 15:00 h.

  • O sábado os expositores poderán pechar 2 horas de 14 a 16h

 

  1. Solicitudes:
  • Para solicitar a reserva de espazo, deberase presentar toda a documentación descrita na Base 1, xunto coa instancia e orden de domiciliación bancaria no Rexistro do Concello de Vilalba, tanto presencial (horario de 09:00 horas a 14:00 horas), como pola sede electrónica a través da páxina web vilalba.org.
  • Data de solicitude: dende o día seguinte da publicación destas Bases ata o 17 de Marzo de 2020, incluído.

 

  1. Procedemento de autorización e criterios de adxudicación
  • Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o órgano competente procederá a resolucións das autorizacións.
  • No caso de que existan máis solicitudes que espazos, o criterio de adxudicación será segundo a orde de presentación no Rexistro municipal da solicitude. En todo caso, a organización primará ós postos de alimentación, tendo en conta a natureza e fin do evento.

 

  1. Para calquera dúbida:

Teléfonos de contacto: 982 51 03 05 (Concello)

Correo electrónico: feiras@vilalba.es (Concelleira de Feiras e Mercados)

SOLICITUDE POSTO ASOCIACIÓNS