InicioServizosBenestarProgramasServizos Sociais Comunitarios EspecíficosPrograma dirixido á inclusión social da poboación inmigrante

Programa dirixido á inclusión social da poboación inmigrante

PROGRAMA DIRIXIDO Á INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN INMIGRANTE:ASESORAMENTO TÉCNICO PROFESIONAL NOS TRÁMITES DE ESTRANXERÍA

Subvencionado pola consellería de Política Social e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 .

Programa dirixido á poboación inmigrante residente no Concello de Vilalba.

O noso concello experimentou nos últimos anos a chegada de inmigrantes, ata acadar no padrón do ano 2018 a cifra de 405 persoas de diferentes nacionalidades, o que supón o 2,87% da poboación.

O número de inmigrantes aumenta cada ano ao mesmo tempo que aumentan as súas demandas de axuda para a realización de trámites relacionados coas autorizacións e renovacións de residencia, homologación de títulos, reagrupacións familiares, nacionalidade dos fillos/as nacidos en España e outras cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría.

Consideramos básico dar resposta a estas demandas para que podan integrarse na nosa comunidade e exercer os seus dereitos como cidadáns.

OBXECTIVO XERAL

Proporcionar asesoramento técnico especializado en materias propias de estranxeiría aos inmigrantes residentes no noso concello.

OBXECTIVOS CONCRETOS

Proporcionar información, asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia, homologación de títulos, reagrupacións familiares, nacionalidade e outras cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría.