SOAXE (SANTA MARÍA DE SOAXE)

Santa María de Soaxe

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo limita polo norte con Belesar e Alba e o sur compartindo parte da parroquia co Concello de Guitiriz. Dista aproximadamente 15 quilómetros da Capital da Terra Chá.
En 2018 conta con 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes).

Esta parroquia ten unha superficie de 560 hectáreas distribuídas nos barrios de: Os Campos | Casas de Abaixo | As Casas Novas | Gaián | A Igrexa | As Pallotas | A Pasaxe | Portas de Galás | Vimbieiro

LUGARES DE INTERESE:

parroquia de Soaxe foi creada no ano 1895 polo bispo de Mondoñedo con barrios procedentes da parroquia de San Pedro de Pígara e San Xoan de Alba mais duas casas da parroquia de Torre. Na actualidade parte da parroquia  de Soaxe pertence ao Concello de Guitiriz e parte o Concello de Vilalba.  Emprazada entre Pígara e Belesar, trátase dunha terra recollida e montañosa, dentro da suavidade das lombas da Terra Chá, e con poucos habitantes nos seus lugares das Casas Novas, Gaián e A Igrexia.

igrexa parroquial, que rende culto á Santa María, foi construída en 1898 sobre unha primitiva capela, unha nave coa capela maior cuadrada e a sancristía detrás. No ano 1985 reformase no actual templo que está construído en tres corpos sucesivos de mamposteria e sillería granítica, de tipoloxía histórica o uso.

FESTAS:

Sagrada Famillia, no mes de febreiro

Os Milagres, no mes de maio

Nosa Señora das Angustias, no mes de setembro.

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies