BOIZÁN (SANTIAGO DE BOIZÁN)

Santiago de Boizan

É unha parroquia do Concello de Vilalba, na provincia de Lugo, limita con Gondaisque, Mourence, Noche, Sancobade, Alba e Belesar. Dista aproximadamente 5 quilómetro da capital da Terra Chá.

En 2018 conta con 151 habitantes, 79 mulleres e 72 homes.

Esta parroquia ten unha superficie de 660 hectáreas divididas nos barrios de: O Camiño, O Castro, O Coto, O Covo, Gabín, Grumar, Lamaná, O Marco, A Palloza, Ponte Rodríguez, Portovixil, Regovide, Sabugueiros, A Seara, Valboeira, Vixil.

LUGARES DE INTERESE:

A zona coñecida polo alto de Vixil ofrece unhas fermosas vistas da vila de Vilalba, no que se situaba o castro do mesmo nome, de época prerromana e cun só muro defensivo.

Próximo ao castro e a igrexa parroquialestá a capela das Neves que rinde culto ao Apostol Santiago.

igrexa parroquial conserva restos románicos e un pórtico lateral. Destacan os canecillos xeométricos no tejaroz, así como un pórtico cuberto pola parte sur da nave e un campanario con dous vanos no frente con restos do século XIV.

A carón da igrexa atópase o cemiterio de fabulosos panteons neogóticos da promeira metadedo século XXe un cruceiro moi antigo que data de 1765.

FESTAS:

Santo Antón o 30 de xaneiro

Santiago Apostolo (Festas Patronal) o 25 de xullo

As Neves: no barrio de Vixil7 e 8 de agosto

As datas son orientativas e poden sufrir algunha modificación

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies