InicioNovasO CONCELLO DE VILALBA RETRASA A XANEIRO O INICIO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS POR PRECAUCIÓN E PARA POÑELAS EN MARCHA CON GARANTÍAS PARA A SAÚDE DOS PARTICIPANTES

O CONCELLO DE VILALBA RETRASA A XANEIRO O INICIO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS POR PRECAUCIÓN E PARA POÑELAS EN MARCHA CON GARANTÍAS PARA A SAÚDE DOS PARTICIPANTES

O Concello de Vilalba tomou a decisión de retrasar o inicio das Escolas Deportivas Municipais 2020/21 ao mes de xaneiro, por precaución ante a actual situación de pandemia sanitaria e para poñelas en macha con plenas garantías para a saúde dos participantes.

Aínda que o concello é consciente de que o deporte é un piar fundamental no mantemento e mellora da saúde da poboación, máis aínda despois do confinamento e o consecuente descenso nos niveis de práctica de actividade física, toma esta decisión pola seguridade da veciñanza.

Os municipios exercen dentro das suas competencias o fomento e promoción dos programas xerais do deporte, especialmente o deporte en idade escolar, pero neste inicio de curso 2020-21 a cambiante normativa dictada polas autoridades deportivas e sanitarias competentes xera certa incerteza para a súa aplicación.

A día de hoxe, as restriccións en vigor tan só permitirían con plenas garantías para a saúde dos usuarios a práctica de deportes sen contacto, individuais ou de adversario de cancha dividida, e practicados preferentemente ao aire libre para mitigar a transmisión por vía aérea do virus.

Tendo en conta o exposto, das 15 escolas deportivas do curso 2019-2020, tan só sería recomendable comezar este curso 2020-21 cunha escasa oferta de tres modalidades deportivas, xerando polo tanto un agravio comparativo co resto de deportes e actividades físicas.

Polo tanto, dada a situación de pandemia mundial, seguindo unha liña de coherencia para evitar a propagación da Covid-19 e ao amparo do principio de precaución do artigo 3.d) da Lei 33/2011 Xeral de Saúde Pública do 4 de outubro, o Concello de Vilalba decide retrasar o inicio das escolas deportivas municipais ao mes de xaneiro do 2021, sempre que a evolución da pandemia sexa favorable e as autoridades competentes o permitan.

O citado artido recolle que “a existencia de indicios fundados dunha posible afectación grave da saúde da poboación, aínda cando houbese incerteza científica sobre o carácter do risco, determinará o cesamento, prohibición ou limitación da actividade sobre a que concorran”.