InicioNovasO CONCELLO DE VILALBA REMATA AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO EN BUXIBÁN, NA PARROQUIA DE CODESIDO

O CONCELLO DE VILALBA REMATA AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO EN BUXIBÁN, NA PARROQUIA DE CODESIDO

Vilalba, 21 de xullo de 2020. O Concello de Vilalba informa á veciñanza de que xa estás rematadas as obras de renovación do alumeado público no barrio de Buxibán, na parroquia de Codesido, cun investimento de 29.000 euros.

O grupo de goberno da resposta a unha demanda veciñal cun proxecto que ademais reduce o custo enerxético e económico mediante a substitución das antigas luminarias, de baixo rendemento e alto consumo, por tecnoloxía LED.

Debido ao mal estado dos postes, foi necesaria a renovación completa da instalación, cun alumeado máis eficiente que tamén mellora o impacto visual e reduce a contaminación lumínica, xerando as minimas emisións de CO2.

Remataron uns traballos que mellorarán de forma considerable o alumeado da zona, impulsado ademais coa tecnoloxía LED o respecto ao medio ambiente e o aforro económico”, afirma Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.

As obras supuxeron a posta en marcha de 21 novos puntos de luz e o concello acometerá actuacións similares noutros puntos do municipio a curto e medio prazo, cumprindo co obxectivo de mellorar o conxunto do alumeado público na lexislatura.