InicioNovasLECER NO RURAL 2020

LECER NO RURAL 2020

🤸‍♂️🤸‍♀️ Este verán as nenas e nenos das nosas #parroquias desfrutarán dos xogos tradicionais de Xotramu, respectando todas as medidas de hixiene e seguridade.
📌 Coñecer o noso #patrimonio lúdico vólvese un obxectivo principal desta iniciativa, sumado a unha atención #especial ao noso entorno rural. Poderán acudir a estes encontros os pequenos/as das parroquias onde terán lugar e por suposto, das que se atopan preto.
ℹ️ XOTRAMU (Xogos Tradicionais Muimenta) nace no 2009 co obxectivo de recuperar os xogos tradicionais que estaban quedando esquecidos, pois os beneficios son moi numerosos a nivel social, e tamén para fomentar a creatividade ou a concentración.