InicioNovasCAMPAMENTOS VERÁN 2020

CAMPAMENTOS VERÁN 2020

BASES PARA A INSCRICIÓN “CAMPAMENTOS DE VERÁN 2020”

1) Lugar e datas de inscrición.

Convocatoria de prazo para a inscrición da actividade “Campamentos Urbanos de Verán 2020”, para a realización de actividades lúdico-educativas dirixidas ós menores do Concello de Vilalba, durante os meses de xullo e agosto, que permitan ás familias a súa promoción social e laboral.

Cada neno/a, poderá escoller UNHA das seguintes quendas:

13- 31 xullo

3-21 agosto.

Ditos campamentos, van dirixidos ós nenos e as nenas nados entre 2.008 e 2.015 do Concello de Vilalba, tendo un total de 90 prazas (45 por quenda).

A inscrición, priorizarase de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Vilalba https://vilalba.sedelectronica.es/info.0  .Tamén será posible facelo de forma presencial na Oficina de Deportes do Concello (10 a 14), previa cita (sede electrónica ou no teléfono 982510761- Deportes).

O período de inscrición será dende o 22 de xuño ata o 3 de xullo (ambos inclusive).

 

2) Requisitos mínimos de participación.

2.1. As persoas proxenitoras deben estar empadroadas no municipio con data anterior a esta convocatoria, así como os menores para os que se solicita praza.

2.2. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar na convocatoria sempre que teñan capacidade de integración no grupo ou estea acreditado a través dun informe médico, educativo ou social que se vai beneficiar das actividades desenvolvidas.

 

3) Adxudicación de prazas.

A adxudicación realizarase da seguinte forma:

3.1.) Adxudicación directa: Se as solicitudes non superan o número de prazas ofertadas.

3.2.) No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas ofertadas aplicaranse os criterios establecidos nestas bases (apartado 4):

- darase prioridade ás familias cuxa unidade familiar teña unha renda per cápita anual inferior ou igual ao 100% do IPREM (6.454,03 €). Xustificarase coa declaración da Renda do 2018 (base impoñible xeral+ base impoñible de aforro) ou autorización datos fiscais (anexo I).

-Unha vez cumprido este requisito, terase en conta os criterios de valoración do apartado  catro. Se non se cubriran todas as prazas aplicando a prioridade do criterio económico, cubriranse con aquelas familias que non cumpran o criterio descrito da renda, previa valoración de criterios correspondentes ao apartado 4.

 

4) Criterios de valoración.

Criterios xerais Puntuación

CRITERIOS PUNTUACIÓN
Familias nas que traballen os dous proxenitores ou titores/as  10
Familia monoparental/monomarental traballando. 10
Familias nas que só unha das persoas proxenitoras está en situación laboral activa. 3
Familia monoparental/monomarental que non se atopen en situación laboral activa. 3
Familias que soliciten praza para máis

dun/dunha menor

1 (por cada menor)

 

Criterios de carácter social Puntuación

CRITERIOS PUNTUACIÓN
Familia numerosa categoría xeral 2
Familia numerosa categoría especial 3
No suposto que a nai/titora, pai/titor ou representante legal da persoa menor sexa coidador/a non profesional dunha persoa en

situación de dependencia (Lei 39/2006 de Promoción da Autonomía Persoal e Atención a Persoas en Situación de Dependencia e sucesivas modificacións)

2
Por cada persoa con discapacidade na unidade

de convivencia

1
Vítimas de violencia de xénero 3

 

Nos casos en que haxa igualdade de puntuación, para a obtención da praza adxudicarase

considerando a orde de entrada da solicitude no Concello de Vilalba.

As persoas que obtiveron praza no campamento e finalmente non vaian participar no mesmo, deberán presentar renuncia ao efecto por escrito a través do rexistro do Concello de Vilalba ou ben a través da sede electrónica.

 

5) Documentación.

Para a xustificación destas situacións requírese a seguinte documentación:

– Formulario modelo de inscrición. (ANEXO I)

– Fotocopia do Libro de Familia (páxina onde aparece o inscrito) ou DNI (en caso de ser o primeiro ano de inscrición).

– Declaración da Renda do 2018 (base impoñible xeral+ base impoñible de aforro) ou autorización datos fiscais dos adultos da unidade familiar (ANEXO II)

– Certificados de empresa conforme se está traballando e non en período de vacacións. Dito documento deberá especificar que nas datas que solicita o campamento non ten programadas as vacacións (De non vir especificado será excluída a solicitude da baremación). Para as persoas autónomas entregarase fotocopia do último recibo de autónomos.

– Documentación onde se recoñeza a libranza para coidados no contorno familiar por coidador non profesional, para situacións de dependencia.

– Outra documentación que se requira para xustificar as diferentes situacións baremables no apartado 4 de criterios de valoración.

A documentación que non se presente no prazo establecida, non se poderá presentar

posteriormente, realizándose a baremación coa documentación achegada.

6) Comisión de baremación.

O Concello de Vilalba constituirá unha comisión de baremación e seguimento composta

por:

Presidencia: Concelleira de Educación, Infancia e Mocidade e Feiras e Mercados ou persoa en quen delegue.

Secretaría: Técnico deportes- Concello de Vilalba ou persoa en quen delegue.

Vogal: Técnico de deportes- Concello de Vilalba ou persoa en quen delegue.

7) Listaxe de persoas admitidas.

A listaxe provisional de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal www.vilalba.org. Concederase un prazo de 3 días hábiles para a presentación de reclamacións.

Rematado o prazo de reclamacións á lista provisional publicarase a lista definitiva e a lista

de agarda, se fora o caso.

No caso de que se produzan vacantes e se atope esgotada a lista de espera aceptaranse as solicitudes por orde de rexistro de entrada.

8) Baixas.

Causarase baixa automática no servizo, sen dereito a devolución da cota de inscrición, por calquera das circunstancias seguintes:

- Por solicitude propia.

- Por comprobación de falsidade na documentación ou datos achegados.

- Por compatibilizar o campamento con outra actividade externa, no mesmo horario.

- Por falta de asistencia continuada durante máis de tres días sen causa xustificada.

- Por incumprimento reiterado das normas por parte do/a menor e da familia.

As baixas producidas por calquera dos motivos expostos cubriranse coas solicitudes da lista de agarda.

A baixa na actividade non dará lugar á devolución da cota de inscrición ou no seu defecto da parte proporcional correspondente.

 

9) Lugar e horario.

As actividades terán lugar nas seguintes instalacións:

- Pavillón municipal de deportes

- Pavillón municipal CEIP Mato Vizoso

- Pavillón municipal CEIP Insua Bermúdez.

- Auditorio Carmen Estévez.

O horario das actividades será de 9:00 ata 14:00 horas.

 

10) Cota de inscrición.

As persoas adxudicatarias das prazas, incluirán no formulario de inscrición un nº de conta onde desexan domiciliar o pago da taxa dos campamentos de verán (Ordenanza fiscal nº 33).

Establécese a seguinte cota de inscrición:

Empadroados/as: 90 € quenda, por cada menor participante

Non empadroados/as: 180 € quenda, por cada menor participante.

Exentos/as: de balde (válido con informe de Servizos Sociais).