Inicio    Servizos    Coñecer Vilalba   Novas    Axenda    Documentos    Contratación   
 
Inicio >

Novas




FESTAS DE SAN RAMÓN E SANTA MARÍA 2008

Publicado por: Cultura o 18-Aug-2008

PROGRAMA DAS FESTAS DE SAN RAMÓN E SANTA MARÍA 2008

DÍA 20 DE AGOSTO - Xuntanza Dos Nosos Maiores
DÍA 23 DE AGOSTO - 1º Día Da Xira Campestre
DÍA 24 DE AGOSTO - 2º Día Da Xira Campestre
DÍA 25 DE AGOSTO - En Busca Do Tesouro
DÍA 29 DE AGOSTO- XV Día Da Bici - Vilalrock
DÍA 31 DE AGOSTO - San Ramón
DÍA 1 DE SETEMBRO - Santa María
DÍA 2 DE SETEMBRO - Día Da Ciencia
DÍA 3 DE SETEMBRO - Día Da Educación Vial
DÍA 4 DE SETEMBRO - Día Infantil
DÍA 5 DE SETEMBRO - Glutamató Ye Yé/Feira Medieval
DÍA 6 DE SETEMBRO - Raimundo Amador/Som do Galpom/ Feira Medieval

Ver toda a programación

 

Curso de iniciación ó piragüismo

Publicado por: Deportes o 23-Jul-2008

Ó Concello de Vilalba dende a sua oficina de Deportes complácelle, presentar a todos os vilalbeses e vilalbesas, unha nova actividade lúdico - deportiva - educativa que se vai celebrar dende o 1 ao 14 de agosto na Praia Fluvial de A Madalena. Trátase dun Cuso de Iniciación ao Piragüismo, para o cal está aberto o prazo de inscripción ata o mércores 30 de xullo, na oficina de Deportes do Concello.

O curso será impartido por monitores da Federación Galega de Piragüismo de luns a venres de 17 a 18 horas e de 18 a 19 horas, divididas en 2 grupos de 20 alumnos, a partir de 9 años, sendo IMPRESCINDIBLE SABER NADAR. A cuota de inscripción e só de 10 €; por todo isto, animámosvos tanto a nenos como a maiores a que vos anotedes e disfrutedes con este deporte durante este verán.

 

Curso de galego CELGA4

Publicado por: Emprego o 21-Jul-2008

O concello de Vilalba, desde o Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego, informa:

Que está aberto o prazo para inscribirse nun CURSO DE GALEGO CELGA4

  • Prazo de inscrición: ata o 15 de agosto
  • Lugar de inscrición: Concello de Vilalba, oficina de Desenvolvemento Local e Emprego, 2º andar, ou no teléfono: 982 511763
  • Duración do curso: 75 horas
  • Data de inicio do curso: 8 de setembro
  • Horario: de tarde (estableceráse de acordo cos alumnos)
  • Beneficiarios do curso: pódense inscribir no curso aquelas persoas que desexen realizar un curso de galego Celga 4 (teñan ou non feito, outros cursos desta lingua)
Organiza: Xunta de Galicia, Presidencia, Secretaría Xeral de Política Lingüistica.
Colabora: Concello de Vilalba

(A realización do curso queda condicionada á inscrición mínima de 20 persoas).

 
 Legal    Enlaces    Mapa da Web    Buscar   
 
 
 
© Concello de Vilalba.
A documentación facilitada nesta Web ofrécese a título informativo e non suple
á documentación oficial facilitada polos Órganos Administrativos do Concello de Vilalba.