Publicado por: CIM o 29-Jun-2010
O Centro de Información ás Mulleres colabora no Programa CRUZANDO LIBROS, que ten a súa orixe no Bookcrossing, que é a práctica de deixar libros en lugares públicos para que poidan ser recollidos por outras persoas, que despois farán o mesmo e deste xeito fomentar a lectura mediante un intercambio de libros de maneira gratuita.

No marco desta idea, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura e Turismo asinaron un acordo de colaboración para o desenvolvemento deste programa que nace co obxectivo de fomentar a lectura entre a poboación galega.
Colaboran nesta iniciativa, ademáis do CIM do Concello de Vilalba, os dos de Arteixo, Ribeira, Padrón, Monforte Verín, Carballiño, Vilagarcía, Lalín e Ponteareas.
Podedes acceder aos recursos bibliográficos do programa CRUZANDO LIBROS nas dependencias do Centro de Información ás Mulleres, situadas na Pranta Baixa da Casa do Concello, de luns a venres en horario de 9 a 14 h.
Prema aquí para consultar o listado de obras dispoñibles (PDF, 1.5 MB).
|
Publicado por: Cultura o 11-May-2010
O Concello de Vilalba, co afán de estimular a creación poética e narrativa, convoca de novo o Certame Literario que este ano chega a súa XXXVI edición, no que poderán participar todos os autores que o desexen.
Para máis información consulte ás bases premendo aquí (PDF, 40KB)
|
Publicado por: Deportes o 23-Mar-2010
MÓVETE
durante a fin de semana
Cuota de inscrición 10 € por persoa e actividade.
TENIS DE MESA

Dende o 9 de Abril ata o 23 de Maio (agás o 30 de abril, 1, 7 e 8 de maio)
Venres de 19 h a 20:30 h e de 20:30 h a 22 h.
Sábados de 17 h a 18:30 e de 18:30 a 20 h.
No auditorio municipal
PILATES

Dende o 10 de Abril ata o 23 de Maio (agás o 24 de abril e o 15 de maio)
Sábados e Domingos de 17:30 a 19:30
|