|
|
|
 |
|
|
Curso de iniciación ó piragüismo
|
Publicado por: Deportes o 23-Jul-2008
Ó Concello de Vilalba dende a sua oficina de Deportes complácelle, presentar a todos os vilalbeses e vilalbesas, unha nova actividade lúdico - deportiva - educativa que se vai celebrar dende o 1 ao 14 de agosto na Praia Fluvial de A Madalena. Trátase dun Cuso de Iniciación ao Piragüismo, para o cal está aberto o prazo de inscripción ata o mércores 30 de xullo, na oficina de Deportes do Concello.
 O curso será impartido por monitores da Federación Galega de Piragüismo de luns a venres de 17 a 18 horas e de 18 a 19 horas, divididas en 2 grupos de 20 alumnos, a partir de 9 años, sendo IMPRESCINDIBLE SABER NADAR. A cuota de inscripción e só de 10 €; por todo isto, animámosvos tanto a nenos como a maiores a que vos anotedes e disfrutedes con este deporte durante este verán.
|
| |
Curso de galego CELGA4
|
Publicado por: Emprego o 21-Jul-2008
O concello de Vilalba, desde o Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego, informa:
Que está aberto o prazo para inscribirse nun CURSO DE GALEGO CELGA4
- Prazo de inscrición: ata o 15 de agosto
- Lugar de inscrición: Concello de Vilalba, oficina de Desenvolvemento Local e Emprego, 2º andar, ou no teléfono: 982 511763
- Duración do curso: 75 horas
- Data de inicio do curso: 8 de setembro
- Horario: de tarde (estableceráse de acordo cos alumnos)
- Beneficiarios do curso: pódense inscribir no curso aquelas persoas que desexen realizar un curso de galego Celga 4 (teñan ou non feito, outros cursos desta lingua)
Organiza: Xunta de Galicia, Presidencia, Secretaría Xeral de Política Lingüistica.
Colabora: Concello de Vilalba
(A realización do curso queda condicionada á inscrición mínima de 20 persoas).
|
| |
|
|
Obradoiro de corresponsabilidade para homes
|
Publicado por: CIM o 01-Apr-2008
Unha sociedade plenamente democrática, na que a igualdade sexa real e efectiva, non pode permitir que pesen sobre as mulleres as consecuencias da dobre xornada de traballo (na casa e fora), como ata agora ven sucedendo.
Para erradicar esta situación é necesaria a implicación dos homes nas tarefas do fogar e no reparto de responsabilidades domésticas, por este motivo, en colaboración co Servizo Galego de Igualdade, o Centro de Información ás Mulleres, organiza un OBRADOIRO DE CORRESPOSABILIDADE PARA HOMES.
- O Obradoiro terá lugar os días 17 e 24 de abril de 19.00 a 22.00 h.
- É totalmente gratuíto e o programa é o seguinte:
Día 17 de abril:
Módulo 1: O proceso de socialización de homes e mulleres (1 h).
Módulo 2: Lavado, pranchado e costura (2 h).
Día 24 de abril:
Módulo 3: Reparto de responsabilidades e tarefas no fogar (1 h).
Módulo 4: Cociña (2 h).
- Os interesados poden matricularse, de forma persoal, ou ben por teléfono (982 52 30 32), no Centro de Información ás Mulleres do Concello.
|
| |
|
|
MÓVETE DURANTE A FIN DE SEMANA
|
Publicado por: Deportes o 25-Jan-2008
O concello de Vilalba presentou o venres 25 de xaneiro unha nova proposta deportiva para a fin de semana, esta consiste en tres actividades novidosas no noso pobo: danza do ventre, tiro con arco e capoeira..
A danza do ventre impartirase os sábados 9, 23 de febreiro, 1 e 8 de marzo pola monitora Vanesa Lakshmi en horario de 17 a 20 horas no Centro da Xuventude, en colaboración con Vicepresidencia. Esta actividade ten un límite de prazas de 20 persoas, sendo as datas de inscripción dende o 28 de xaneiro ata o 6 de febreiro.
Co remate da actividade anterior, dará comezo o tiro con arco impartíndose o 28 e 30 de marzo, 4, 6, 11 e 13 de abril en horario de 20:30 a 22:30 os venres e dende as 11:30 ata as 13:30 os domingos. O prazo de inscripción abrirase o 3 de marzo ata o 12 do mesmo mes, contando con 12 prazas. Alfonso Fernández será o encargado de impartir as clases.
Para rematar este ciclo de actividades, ofertarase durante os sábados 19 e 26 de abril, así como o 3 e 10 de maio un curso de capoeira. Esta actividade non conta con límite de prazas, polo que se dividirá en dous grupos: un para nenos de ata 12 anos en horario de 17 a 18:30; e a partir de 13 anos de 18:30 a 20 horas. O monitor encargado desta actividade é Marcio Torres.
O prezo de inscrición para cada unha destas actividades é de 10 €. Con estas actividades ampríase a oferta deportiva do concello, desenrolada principalmente durante a semana coas escolas deportivas. Por outra banda, hai que salientar que un dos obxetivos, dependendo do éxito desta proposta, é nun futuro dar cabida a algunha destas modalidades nas escolas deportivas anuais.

|
| |
|
|
|