|
|
|
 |
Jan-10
|
Orquestra Filarmónica de Palencia
Data:
03-Jan-2010
Lugar:
Auditorio Carmen Estévez
|
Orquestra Filarmónica de Palencia.
Data: 3-Xaneiro-2010
Lugar: Auditorio "Carmen Estévez"
O próximo sábado 3 de xaneiro, ás 20:30 no Auditorio "Carmen Estévez". Entrada Gratuita.
PROGRAMA
1ª PARTE:
*Die Fiederman. Obertura.........................................J. STRAUSS
*Marcha Eslava. Op 31..............................................P. I. TCHAIKOVSKY
*La Boheme. si, mi chiamano mimi.............................G. PUCCINI
*Vocalise..................................................................RACHMANINOV
*Czardas..................................................................MONTI
*Danzas Polovtsianas del Príncipe Igor........................BORODIN
2ª parte:
*Mascarada. Valse.......................................................ARAM KHACHATURIAM
*Suite de Jazz. Vals......................................................SHOSTAKOVICH
*Caza. Polka.................................................................J. STRAUSS
*Marcha Persa..............................................................J. STRAUSS
*Madame Buterfly: Un Bel di vedremo.............................G. PUCCINI
*Intermedio para Clarinete y Orquesta............................SFASSMANN
*Skilark. Para Violín y Orquesta.......................................DINICU KADOMITSEV
*Obertura 1812.............................................................P. I. TCHAIKOVSKY
|
| |
XXIV FESTIVAL DE POLIFONÍA E PANXOLIÑAS 2010
Data:
06-Jan-2010
Lugar:
Auditorio "Carmen Estévez"
|
XXIV FESTIVAL DE POLIFONÍA E PANXOLIÑAS 2010
Data: 6-Xaneiro-2010
Lugar: Auditorio "Carmen Estévez"
O Mércores 6, ás 20:30 no Auditorio "Carmen Estévez". Entrada Gratuita.
XXIV FESTIVAL DE POLIFONIA E PANXOLIÑAS 2010
Actuación das Corais:
CORAL RENFE DE MONFORTE DE LEMOS
CORAL SAN XOÁN DE SERRES DE MUROS
CORAL LUAR DE VILALBA
CORAL POLIFÓNICA VILALBESA
Programa:
CORAL RENFE DE MONFORTE DE LEMOS
D. Adrián Real. Director.
LEDICIA
¡RO, MI NIÑO, RO!
ADADME ALBRICIAS, HIJOS DE EVA
FESTEJO DE NAVIDAD
NA NOITE MÁIS FERMOSA
CORAL SAN XOÁN DE SERRES DE MUROS
D. Domingo Barreiros Lago. Dirtector.
SOBRE LA NOCHE
TANENBAUM
CHEGUÉMONOS Ó PORTAL
RESONET IN LAUDIBUS
FOLIADA DO NADAL
CORAL LUAR DE VILALBA
D. José Ángel Cancio Sanjuán. Director.
MARIÑEIRO
O CARRAPUCHIÑO
O NENO DO CEO
A BELÉN VA UN NAVARRICO
NADAL EN GALICIA.
CORAL POLIFÓNICA VILALBESA
D. Uxío García Amor.Director.
VINDE LEDOS
EN UNA CHOZA OSCURA
NA NOITE MÁIS FERMOSA
ENTRAI, PASTORINHOS
LLEGÓ NAVIDAD
|
| |
Entrega dos premios do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2009”
Data:
16-Jan-2010
Lugar:
Casa da Cultura
|
O próximo Sábado 16 de Xaneiro ás 12:30 na Casa da Cultura, farase entrega dos premios do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2009” aos gañadores na súa respectiva categoría.
Os autores seleccionados recibirán cadaseu Diploma e Libros.
|
| |
Feb-10
|
Recital Solidario de "Axuda Haití". Conservatorio de Musica de Vilalba.
Data:
03-Feb-2010
Lugar:
Auditorio Carmen Estévez
|
O próximo mércores 3 de febreiro, ás 20.30 no Auditorio Carmen Estévez, terá lugar o Recital Solidario a beneficio dos damnificados do terremoto de Haití, a cargo do "Conservatorio de Música de Vilalba".
A entrada será gratuita, e poderanse facer aportacións de axuda a Haití.
|
| |
"La Cenicienta"
Data:
05-Feb-2010
Lugar:
Auditorio "Carmen Estévez"
|
O próximo venres 5 de Febreiro do presente ano ás 11h no Auditorio Carmen Estévez terá lugar a representación teatral: “La Cenicienta” a cargo de einadescola, dirixida os nenos de Infantil, para todos os colexios de Vilalba.
|
| |
Ano do Libro e a Lectura
Data:
08-Feb-2010
Lugar:
Praza da Constitución
|
Con motivo da celebración pola Consellería de Cultura e Turismo neste ano 2010 do “Ano do Libro e da Lectura”, visitaranos un bus promocional, coa finalidade de impulsar os hábitos lectores entre a poboación. Será o próximo luns 8 de Febreiro do presente ano a partir das 12.30 na praza da constitución , ata ás 14h.
Co gallo de celebrar o seu aniversario, Don Libro e os seus amigos, convidan á xente a visitar súa casa con rodas.Para recibir un agasallo, os visitantes terán que facer unhas divertidas probas co obxecto de mostrar o seu cariño por Don Libro e pola Lectura”.
O desenvolvemento da actividade, consistirá en grupos de 8 e 10 persoas que entrarán no autobús para visitalo e obter un agasallo. A actividade de cada grupo dura aproximadamente 10 minutos. A actividade é recomendada para nenos a partir dos 10 anos.
|
| |
Mar-10
|
Mostra de Teatro “FEGATEA MÓVETE” (CANCELADA)
Data:
05-Mar-2010
Lugar:
Auditorio Carmen Estévez.
|
ATENCIÓN: POR MOTIVOS DE ENFERMIDADE CANCÉLASE ESTA OBRA.
O próximo venres 5 de Marzo do presente ano ás 20.30h no Auditorio Carmen Estévez terá lugar a representación teatral: “Vento Ferido” a cargo da compañía teatral Aurín, e organizado por FEGATEA Móvete e coa colaboración do Centro Dramático Vilalbes.
VENTO FERIDO
Interpretada por Julia Alcalde, Fátima Ares, Martín Ares, Leticia Lorenzo, Andrés Martínez Jalda, Hugo Nogueira, María Parada , Nerea Portela, Hugo Santos.
Escrita e dirixida por Pedro P. Riobó
Xénero: Drama.
Tolerancia: Non recomendado para menores de 14 anos.
Sinopse: Varias historias mestúranse nun mesmo espazo escénico dominado pola instalación dun circo francés nunha pequena vila. Trátase de historias comúns, protagonizadas por personaxes comúns que de cando en vez ven como se lles revira a folla da súa vida por mor dun vento ferido.
|
| |
Mostra de Teatro “FEGATEA MÓVETE”
Data:
06-Mar-2010
Lugar:
Auditorio Carmen Estévez.
|
O próximo sábado 6 de Marzo do presente ano ás 20.30h no Auditorio Carmen Estévez terá lugar a representación teatral: coa versión do conto “Boas noites” de Paula Carballeira, a cargo da compañía Navia Teatro Escola, e organizado por FEGATEA Móvete e coa colaboración do Centro Dramático Vilalbes. Con entrada gratuita.
Título: Pedro Chosco
Adaptación : do conto de Paula Carballeira ( Boas Noites )
Música en directo creada : Brais Iriarte
Músicos en directo : Brais Iriarte ( Guitarra solista, guitarra acústica , frauta, armónica, voz ), Nico Vázquez ( Baixo)
Reparto actoral:
Pedro Chosco ......................Brais Iriarte
Xiana .................................. Aroa García ou Lucía Hernández
Pai....................................... Pablo Carrera
Nai ....................................... Emma Selvi
Fedorentos .......................... Sara Pena
Vanesa Gómez
Muller do Saco ................... Sandra Blanco
Soños ................................... Andrea Arís
Marta Díaz
Inés Arango
Sandra Blanco
Emma Selvi
Duración : 75 min.
Para tódolos públicos (conto infantil)
Versión do conto “Boas Noites” de Paula Carballeira
Xiana non ten tempo para xogar ou para soñar, seus pais queren que a súa filla faga unha chea de actividades. Ao chegar a noite, Xiana non quere durmir para poder xogar toda a noite .
Para poder durmir ten que acabar cos seus medos. Se non da pechado os ollos, Pedro Chosco trae o soño no seu saquiño.
Cando Xiana atópase con PEDRO CHOSCO descobre un mundo misterioso que non se atreve asomarse á luz do día …..
|
| |
“Buscando a Hilary”
Data:
15-Mar-2010
Lugar:
Auditorio Carmen Estévez.
|
“Buscando a Hilary”
Data: 15-Marzo-2010
Lugar: Auditorio Carmen Estévez.
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a Secretaría Xeral da Igualdade, en colaboración coa Fundación Caixa Galicia e concello de Vilalba, termos o próximo luns 15 de Marzo ás 18.30h á representación da obra teatral "Buscando a Hillary", que terá lugar no Auditorio Carmen Estévez, con entrada gratuita.
REPARTO:
Blanca Marsillach, Fran Sariego, Miguel Foronda
AUTORA: Elise Varela
FICHA ARTÍSTICA:
Texto orixinal: Elise Varela
Tradución e adaptación:Paloma López Vázquez
Dirección: Esteve Ferrer
Axudante dirección:Sara Moros
Escenografía: Ana Garay
Iluminación:Juanjo Llorens
Vestiario:Eduardo Acedo
Son:Víctor Rodríguez Ruiz
Fotografía:Pedro Gato
Deseño gráfico:José Javier González
Varela Producciones y La Compañía de Blanca Marsillach
“BUSCANDO A HILARY”
SINOPSE: Nesta retorcida e cínica comedia, Hilary, avogada de éxito aos seus corenta anos, está estancada nun punto decisivo da súa vida. Ela sospeita que existe unha forma mellor de vivir e que xusto non pode ser o que foi ata agora. Estes pensamentos inician o proceso de acordar ao coñecemento de quén é ela realmente. E mentres loita por atopar o camiño de volta a cordura, está confrontada co seu propio autodemo e ego, Wilpuck.
Wilpuck vive coa ilusión de que pode dicirlle a ela que é o correcto ou o equivocado. Todo nun esforzo por controlala, ensinándolle o que ela é ou non é, cómo debe actuar ou non actuar, engadíndolle medo e dúbida a cada unha das súas decisións. Wilpuck é un problema que soamente Hilary pode resolver.
Esta é unha historia sobre unha muller que afronta os conflitos e loita por mudar. O reto de liberarse da abrumadora posesión do seu propio ego. Tres actores, divertidamente caracterizados, dan un imaxinativo e contemporáneo xiro cara un excitante camiño de volta á cordura, a cal, todos sentimos nalgún momento ou outro, perdemos no camiño.
|
| |
Mes dos Monólogos
Data:
20-Mar-2010
Lugar:
Auditorio "Carmen Estévez"
|
O víndeiro sábado día 20 de Marzo do 2010 dará comezo o “Mes dos monólogos” no Auditorio Carmen Estévez, coas actuacións de:
__ Rober Bodegas con “Y un condón por si pillo” o día 20 de Marzo de 2010 cun prezo de entrada de 5€
__ Miguel Lago “Los niños están gordos”, o día 27 de Marzo de 2010 cun prezo de entrada de 5€.
__ Luis Piedrahita “¿Por qué los mayores construyen los columpios siempre encima de un charco?, o día 11 de Abril do 2010 cun prezo de 7€ a entrada anticipada e 9€ en taquilla.
O horario de comezo será ás 20.30h da noite, contando con venta anticipada de entradas na Oficina de Cultura en horario de 09.00h a 15.00h, de luns a venres e polas tardes no Auditorio de 17.00h a 21.00h.
Desde o luns 15 xa se poden adquirir as entradas para os tres monólogos.
|
| |
Recital Infantil
Data:
26-Mar-2010
Lugar:
Auditorio "Carmen Estévez"
|
O vindeiro venres 26 de marzo , ás 20:30 terá lugar a “RecitaL Infantil” a cargo do Conservatorio de Música de Vilalba. A entrada será gratuita.
|
| |
Concerto de Primavera
Data:
28-Mar-2010
Lugar:
Auditorio "Carmen Estévez"
|
O domingo 28 de marzo , ás 20:30 terá lugar a “Concerto de Primavera” a cargo do Banda de Música Municipal de Vilalba. A entrada será gratuita.
|
| |
Apr-10
|
XVI Festa do Queixo de San Simón da Costa
Data:
03-Apr-2010
Lugar:
|
XVI Festa do Queixo de San Simón da Costa
3 e 4 de Abril
Programa de Actos:
SÁBADO 3:
- 11:00 h - Apertura ó público
- 17:30 h - Pasarrúas a cargo da Charanga de Vilalba e a Asociación Cultural "Entre Lusco e Fusco"
- 18:00 h - Pregón a cargo de Toni López García, deportista e xornalista (Campión de España e 5º clasificado no Campionato de Europa 2009 de Judo para invidentes e deficientes visuais), a continuación entrega de premios do 3º concurso de tapas do Queixo de San Simón da Costa.
- 22:00 h - Actuación do Grupo Folk "MUXAREGA" das Pontes e "A RODA"
DOMINGO 4
- 10:00 h - Apertura ó público
- 11:00 h - Pasarúas a cargo da Charanga de Vilalba e a Asociación Cultural Entre Lusco e Fusco
- 14:00 h - Sesión vermú a cargo da orquestra MONTES
Pulse aquí para descargar o programa completo (PDF - 500KB)


|
| |
XVI Festa do Queixo de San Simón da Costa
Data:
04-Apr-2010
Lugar:
|
XVI Festa do Queixo de San Simón da Costa
3 e 4 de Abril
Programa de Actos:
SÁBADO 3:
- 11:00 h - Apertura ó público
- 17:30 h - Pasarrúas a cargo da Charanga de Vilalba e a Asociación Cultural "Entre Lusco e Fusco"
- 18:00 h - Pregón a cargo de Toni López García, deportista e xornalista (Campión de España e 5º clasificado no Campionato de Europa 2009 de Judo para invidentes e deficientes visuais), a continuación entrega de premios do 3º concurso de tapas do Queixo de San Simón da Costa.
- 22:00 h - Actuación do Grupo Folk "MUXAREGA" das Pontes e "A RODA"
DOMINGO 4
- 10:00 h - Apertura ó público
- 11:00 h - Pasarúas a cargo da Charanga de Vilalba e a Asociación Cultural Entre Lusco e Fusco
- 14:00 h - Sesión vermú a cargo da orquestra MONTES
Pulse aquí para descargar o programa completo (PDF - 500KB)


|
| |
Concerto Homenaxe a Xoán Montes (1840-1899)
Data:
10-Apr-2010
Lugar:
Auditorio Carmen Estévez
|
O vindeiro 10 de abril de 2010 no Auditorio Carmén Estévez teremos o Concerto Homenaxe a Xoán Montes (1840-1899) ás 20:00h a cargo da Orquestra Clásica de Xove e Coral do Hospital Xeral-Calde, con entrada gratuita.
PROGRAMA
PRIMEIRA PARTE (ORQUESTRA)
RAPSODIA GALEGA .....X. MONTES
(Rev. Xan Carballal)
Adagio molto
Adagio
Allegro moderato
ALBORADA GALEGA .....X. MONTES
(Versión orquestral Xan Carballal)
Lento
Plegaria
Alborada
SEGUNDA PARTE (ORQUESTRA E CORO)
NEGRA SOMBRA ........................X.MONTES
SANCTUS-BENEDICTUS
(Misa na honra do Apóstolo Santiago).X.MONTES
TÆDET (Oficio de defuntos)...........X.MONTES
TE DEUM .............................X.MONTES
Dirección: Xan Carballal
|
| |
Xacobeo Raices“ Brath e Maria do Ceo”
Data:
17-Apr-2010
Lugar:
Auditorio
|
O vindeiro sábado 17 de abril do 2010 ás 20.30h teremos o concerto de Brath + María do Ceo no Auditorio Carmen Estévez, actuación que se engloba na programación do Xacobeo Raíces.
As entradas estarán a venta a partir do luns 12 na oficina de cultura de 10.00h a 15.00h e no auditorio de 18.00h a 21.00h, contando cun prezo de 3€ .
Brath
O compositor, voz e batería de Brath, Eloi Caldeiro fundou xa no 1976 o primeiro grupo galego de rock “TEBRAS”, mesturando a gaita coa guitarra eléctrica e creando un son pioneiro para a futura música galega. Brath xorde da unión de Caldeiro con outros músicos en 1980, creando inicialmente temas instrumentais aos que no 1999 se lles engadiría a voz. Caldeiro fixo incursións noutros campos como a poesía ou mesmo a radio, onde presentou un dos programas de Radio Ondas Galicia, que acadou o “Premio Galicia de Xornalismo” polo mellor programa musical, ademais de acabar creando a súa propia compañía discográfica, SONS GALIZA, no 1988. Despois de 30 anos, Brath converteuse nun dos grupos máis representativos da escena galega e nun referente para os músicos actuais.
María do Ceo
A identidade cultural luso- galaica queda debuxada na voz e nos fados de María do Ceo, que envolven ó seu público nunha atmosfera máxica, chea de paixón, dozura e beleza. Sinalada como unha das embaixadoras da cultura galega, e digna sucesora da fadista portuguesa Amalia Rodrigues, María do Ceo abriulle as portas de Europa ó fado cantado en lingua galega. A fadista ten participado de numerosos festivais fóra de Galicia como o Intercéltico de Loriant ou o Homenaxe á propia Amalia Rodrigues no Coliseo de Lisboa, ademais das súas xiras por Alemaña, Italia ou Portugal.
|
| |
Mostra de Teatro “FEGATEA MÓVETE”
Data:
24-Apr-2010
Lugar:
Auditorio Carmen Estévez.
|
O próximo Sábado 24 de abril do presente ano ás 20.30h no Auditorio Carmen Estévez terá lugar a representación teatral: “Vento Ferido” a cargo da compañía teatral Aurín, e organizado por FEGATEA Móvete e coa colaboración do Centro Dramático Vilalbes.
VENTO FERIDO
Interpretada por Julia Alcalde, Fátima Ares, Martín Ares, Leticia Lorenzo, Andrés Martínez Jalda, Hugo Nogueira, María Parada , Nerea Portela, Hugo Santos.
Escrita e dirixida por Pedro P. Riobó
Xénero: Drama.
Tolerancia: Non recomendado para menores de 14 anos.
Sinopse: Varias historias mestúranse nun mesmo espazo escénico dominado pola instalación dun circo francés nunha pequena vila. Trátase de historias comúns, protagonizadas por personaxes comúns que de cando en vez ven como se lles revira a folla da súa vida por mor dun vento ferido.
|
| |
May-10
|
“Master Class”
Data:
01-May-2010
Lugar:
Auditorio "Carmen Estévez"
|
O vindeiro sábado 1 de maio do 2010 ás 20.30h teremos a representación de “Master Class” de Terrence McNally no Auditorio Carmen Estévez.
As entradas estarán a venta a partir do luns 26 na oficina de cultura de 10.00h a 15.00h e no auditorio de 18.00h a 21.00h, contando cun prezo en taquilla de: 5€ e 3€ para xubilados e estudantes, e a venta anticipada a 3€.
“Master Class” de Terrence McNally
Con:
Lino Braxe
María Torres
Julia Cea
Enrique Martínez
Dirección: Xosé M. Rabón
Bosquexo artístico e de produción.-
O proxecto “MasterClass” é o resultado do encontro de duas dinámicas que converxen, por unha banda, na intencionalidade de encarar un proxecto de grande calado coa intención de abranguer unha distribución de amplo recorrido que, nunha primeira etapa vai dende a súa estrea en abril do 2010 ó remate do ano polos principais teatros de Galicia, e nunha segunda, cara o 2011, por algúns dos máis importantes espacios do resto do estado; por outra, no apaixoamento dunha actriz galega, Mabel Rivera, de recoñecido prestixio no panorama do estado con importantes premios no seu curriculum, por enfrontar unha persoaxe histórica, María Callas, chea de matices e rexistros interpretativos, tanto a nivel persoal como artístico, que ven sendo un mito de alcance universal, no so para os amantes da ópera, senón tamén para o público en xeral.
O espectáculo toma como pretexto, desde o punto de vista argumental as famosas “master class” que María Callas impartiu na afamada academia neiorquina “Juilliard”, o remate da súa vida artística; e que o autor do texto, Terrence Mc.Nally, transforma de maneira maxistral nun “tour de force” entre vida privada e artística, creando un conflito de imnumerables matices no que a sabiduría da persoaxe e a riqueza das súas vivenzas forman un xeito de catarse na que se ven envoltos todolos participantes na cerimonia da representación: público, actores, cantantes...
Polo tanto, Bengala Produccións, asume este proxecto como un desafio profesional no que a capacidade de acción estea dada por a utilización de todos os elementos artísticos e técnicos o séu alcance, tomando como o ponto de partida máis importante a elección do elenco artístico que partindo da súa protagonista, Mabel Rivera, conforme un reparto de gran nivel, no que figuran actores da talla de Lino Braxe ou Estíbaliz Espinosa, e para os papeis líricos acudindo a cantantes de traxetoria contrastada como Carmen Subrido ou Laura Alonso e Francisco Pardo, cunha carreira internacional recoñecida, e coa caracteristica de seren escollidos no entorno do panorama lírico xeográfico procedente de Galicia para formar un equipo de traballo uniforme e ductil ó mesmo tempo.
A dirección de escena é de Xosé M. Rabón, e o deseño escenográfico de Xosé Méndez (Escenoset) profesional con recoñecido prestixio en todo o estado, e colaborador habitual de Bengala Produccións.
|
| |
Ópera “EUGENE ONEGUIN” de Tchaikovsky
Data:
09-May-2010
Lugar:
Auditorio Carmen Estévez
|
O vindeiro domingo 9 de maio do 2010 ás 20.30h teremos a ópera “EUGENE ONEGUIN” de Tchaikovsk presentada por the Concerlirica Opera Company no Auditorio Carmen Estévez.
As entradas estarán a venta a partir do luns 3 na oficina de cultura de 10.00h a 15.00h e no auditorio de 18.00h a 21.00h, contando cun prezo en taquilla de: 9€ e a venda anticipada de 7€.
THE CONCERLIRICA OPERA COMPANY
Presenta
EUGENE ONEGUIN de Piotr Illich Tchaikovsky
Eugene Oneguin, barítono
BOJIDAR VASSILIEV
Vladimir Lenski su amigo, tenor
SERGUEI UDOVIN
Tatiana, soprano
ANA USOVA
Olga, mezzosoprano
ANA MAKSUDOVA
Madame Larina, mezzosoprano
OKSANA ANTONENKO
O señor Triquet, tenor
SERGUEI UDOVIN
Filippyevna, mezzosoprano
NATALIA MATIEVA
O Príncipe Gremin, baixo
YURI ALEXEICHUK
Zaretski, baixo
MAKSIN IVASCHUK
Director musical: Vasily Vasilenko
Directora de coro: Ludmila Estrelsova
Director de escea: Igor Ivanov
Decorados - Atrezzo: Teatro opera de Donetsk
Deseño de luces: Denis Grisenko
Mestra Interna: Nina Ilinia
Tradución simultanea: Antonio Garcia de Castro
Vestuario: Opera de Donetsk
Dirección xeral: Leonor Gago
Dirección artística: Concerlirica s.l.
Ópera dividida en tres actos de Piotr Illich Tchaikovsky (1840 - 1893). O libreto é do propio compositor e K.S. Shilovski, baseado nun poema de Alexander Pushkin do mesmo título. A obra ten unha duración de 2 horas e media. O estreo tivo lugar o 29 de marzo de 1879 no Teatro Mali de Moscú, pequeno teatro do colexio imperial, cuxa representación se levou a cabo por un grupo de estudantes. A estrea pública tivo lugar o 24 de abril de 1881 no Teatro Bolshoi de Moscú. As areas máis coñecidas da ópera inclúen a area da carta de Tatiana, a reflexión de Lenski antes do duelo (a famosa Kudad Kuda) e a area do Príncipe Gremin sobre Tatiana. A música tamén contén varios ballets moi coñecidos e a orquestra lócese na marabillosa Polonesa. Eugene Onegin forma parte do repertorio operístico mundial, interpretándose en moitos deles cada temporada.
VASILY VASILENKO director musical
Pertence a unha familia de grandes talentos musicais. Naceu en Ucraína na lexendaria Vila de Medvin. A súa educación musical é moi completa, especializándose en ópera e música sinfónica no conservatorio da Cidade de Lviv, co destacado profesor Yuri Lutziv e co sucesor das tradicións clásicas da escola europea de xestión de Nikolay Kolessa. Sentindo a necesidade de dominar os segredos dos dramaturgos da ópera, Vasilenko comezou as súas actividades artísticas sendo aínda un estudante, como mestre interno no Teatro de Lviv Academic Opera and Ballet.
Foi director intendente no Teatro da Opera de Minsk en Bielorrusia e director da ópera de Odessa, nos anos 1975 e 1998. Desde o ano 2001, é o primeiro director musical da ópera e Ballet de Donetsk, cos que realiza arredor de 160 representacións cada ano, compaxina, tamén, as súas actuacións na Opera Nacional.
Cada ano é convidado pola Opera de Ottawa en Canadá para participar como director invitado (en abril de 2007 dirxíu a Misa Solemne de Vivaldi e o Réquiem de Mozart). En España traballa en exclusiva con Concerlírica, dirixindo arredor de 40 concertos cada ano, entre óperas e concertos sinfónicos.
O TEATRO DA ÓPERA E BALLET DE DONETSK é o segundo máis importante de Ucraína, despois do Teatro Nacional. Ten unha temporada estable na que realizan máis de 170 actuacións. Desde o ano 1997 visitan España da man da empresa artística Concerlírica SL.
O coro da Ópera de Donetsk, está considerado pola crítica especializada como o mellor coro de Ucraína. Dirixido por Ludmila Estrelsova, desde o ano 1975, artista emérita de Ucraína e distinguida en varias ocasións coas máis altas condecoracións outorgadas ao mundo da música e da cultura. Ademais da ópera cultivan no seu repertorio obras sinfónicas, de Mozart, Orff, Beethoven, etc.
A COMPAÑÍA DE ÓPERA INTERNACIONAL DE CONCERLÍRICA creouse no ano 1995 por Leonor Gago, coa fin de facer chegar este xénero de teatro musical a aquelas localidades españolas que non tiñan a posibilidade de programar unha temporada de ópera estable. Concerlírica realiza arredor de 60 representacións ao ano.
O éxito desta compañía débese á perfecta combinación do Teatro da Ópera de Donetsk cos solistas invitados, na súa maioría xoves españois, que Concerlírica selecciona a través dos axentes especializados Miguel Lerín, Alejandro Abrante, Federico Figueroa, ou por contratación directa. É unha garantía poder contar con estes cantantes que están realizando unha carreira profesional nos principais teatros de ópera do mundo, así como os que están ás portas de dar o gran salto a eles como son os xoves artistas españois.
De todos é sabido o prestixio e a calidade que España e os seus artistas brindan ao mundo da ópera, que para algúns críticos especializados nos sitúan á cabeza do ranking mundial, á mesma altura que Italia.
|
| |
Jun-10
|
Noite de San Xóan “II Gran Sardiñada”
Data:
23-Jun-2010
Lugar:
Praza de Sta. Maria.
|
Este mércores 23 de xuño celebramos a “Noite de San Xoán”, coa “II gran sardiñada” que dará comezo ás 21.00h na Praza de Sta. María coa degustación de sardiñas, pan, liscos, cervexa, viños, ... típico desta noite e posteriormente o conxuro da queimada e a espantada das meigas ás 00.00, todo isto amenizado coas actuacións da Escola de Teatro e Entre Lusco e Fusco que nos acompañarán durante toda a xornada.
Gratuito.

Organiza o Concello de Vilalba en colaboración con:
Taberna Galega A Lareira, Cerveceria Stama, Mesón do Campo, Lar Os Píos, C.R.D.O.P. de San Simón e o Parador de Vilalba.
|
| |
“CAIXA DOS MISTOS-RUTAS XACOBEAS”
Data:
26-Jun-2010
Lugar:
Praza da Constitución
|
O Sábado 26, teremos a caravana coa Caixiña dos Mistos na que a partir das 16:00h ata as 21:00h, teremos obradoiros no exterior e proxeccións no seu interior. Para participar no taller teñen que inscribirse ata o venres 25 na oficina de cultura, de 10.00h a 15.00h, e a idade para facer o obradoiro e a comprendida entre 8 e 14 anos.
|
| |
Jul-10
|
Berto Romero “La Apoteosis Necia”
Data:
09-Jul-2010
Lugar:
Auditorio Carmen Estévez
|
O próximo venres 9 de xullo visitanos Berto Romero no Auditorio Carmen Estévez ás 20:30 con “La Apoteosis Necia”, contamos con venda anticipada de entradas no auditorio de 17.00h a 21.00h. O prezo da entrada é de 10€.
Apto para tódolos públicos.
|
| |
Feira Medieval
Data:
10-Jul-2010
Lugar:
Vilalba
|
Programa de actos da Feira medieval de Vilalba que se celebrará os días 10 e 11 de xullo en Vilalba. Prema aquí para descargar un arquivo PDF coa programación.


|
| |
Feira Medieval
Data:
11-Jul-2010
Lugar:
Vilalba
|
Programa de actos da Feira medieval de Vilalba que se celebrará os días 10 e 11 de xullo en Vilalba. Prema aquí para descargar un arquivo PDF coa programación.


|
| |
Escola de teatro de Vilalba “Un soño de Verán”
Data:
15-Jul-2010
Lugar:
Auditorio Carmen Estévez
|
O xoves 15 de xullo, no Auditorio Carmen Estévez ás 20.30h, obra de teatro “Un soño de verán” de William Shakespeare e representado pola Escola de Teatro de Vilalba, con entrada gratuita.
|
| |
“Via Stellae” , V Festival de Música
Data:
17-Jul-2010
Lugar:
Igrexa de Santa María
|
O Sábado 17, na igrexa de Sta. María celebrarase o concerto de Via Stellae, V festival de música de Compostela e os seu Camiños, tendo as actuacións de:
__ Fernando Reyes, vihuela, guitarras, tiorba.
__ Trinidad de Miguel, colascione, castañetas.
Músicas e peregrinos do renacemento e do Barroco.
|
| |
Concerto da Banda de Música de Vilalba
Data:
30-Jul-2010
Lugar:
Auditorio Carmen Estévez.
|
Concerto da Banda de Música de Vilalba
Data: 30- Xullo-2010
Lugar: Auditorio Carmen Estévez.
Con motivo da clausura do curso que está a realizar a Banda de Música de Vilalba, o venres 30 de xullo teremos un concerto para tódolos públicos ás 18.00h no Auditorio Carmen Estévez, con entrada gratuíta.
|
| |
|
|
|