Oficina Municipal de Rehabilitación do Casco Histórico e Zona Ampliada de Vilalba
A Oficina Municipal de Rehabilitación comeza a funcionar o día 10 de setembro de 2001. A súa función é promover a rehabilitación do casco histórico e súa zona ampliada, no que atinxe a vivendas e a urbanizacións.
A Oficina de Rehabilitación recentemente ven de por en marcha o Depósito virtual de material de derrubos coa intención de poñer en valor o patrimonio do volume edificado como valor de conxunto, desde a perspectiva da actividade edificatoria anónima, recuperando aqueles elementos construtivos froito de derrubos (trabes, pontóns, cantería, etc.)
Oficina Municipal de Rehabilitación do Casco Histórico e Zona Ampliada de Vilalba
FUNCIONAMENTO:
A Oficina Municipal de Rehabilitación comenza a funcionar o día 10 de setembro de 2001. A súa función é promover a rehabilitación do casco histórico e a súa zona ampliada, no que atinxe a vivendas e a urbanizacións. O proceso resúmese nos seguintes apartados:
1. Solicitude na Oficina, e comprobación de que o inmoble pertence á zona do casco antigo susceptible de expediente subvencionable.
2. Solicitude de documentación.
2.1. Escritura do inmoble
2.2. DNI.
2.3. I.B.I.U.
2.4. Poder autorizando as obras no caso en que a propiedade non coincida co solicitante.
3. Elaboración dun informe previo no que se fan constar ás necesidades urxentes ou non do edificio
4. Aceptación por parte do promotor das condicións do informe anterior
5. Elaboración do proxecto de obra menor. No caso de ser de obra maior cómpre presentar na Oficina o proxecto visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia .
6. Xestión de licencia e permisos de obra
7. Envío da Documentación á Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
8. Envío da documentación ó I.G.V.S.
9. Obtención da cualificación provisional.
10. Comezo da obra segundo ós criterios fixados no proxecto.
11. Remate das obras e obtención da cualifiación definitiva despois de emitir o certificado final da obra por parte da Oficina de Rehabilitación.
12. Abono da subvención aprobada.
A subvención á que ten dereito cada solicitante ten dous parámetros de máximos:
1. 8.000,00€ IVE engadido.
2. 70% da obra IVE engadido.
As rúas afectadas polo Plan de Rehabilitación son as seguintes:
Travesía dos Castros(n.c.)
Xosé María Chao Ledo(n.c.)
Calvario(n.c.)
Dos Pepes
Pravia(n.c.)
Galicia(n.c.)
Praza Suso Gaioso
Xosé Lois García Mato
Gabriel Pita de Veiga
Porta de Cima(n.c.)
Valeriano Valdesuso
Praza Santa María
Alférez López
Praza Coronel Pena
Concepción Areal
Sol
Da Pedra
Pedreiras(n.c.)
Tras do Poxigo
Ferrería(n.c.)
Cidade de Betanzos
Manuel Mato Vizoso
Travesía San Xoán
Praza San Xoán
Conde Pallares(n.c.)
Travesía Os Pasos(n.c.)
Travesía San Roque
Rúa Nova(n.c.)
San Roque
*(n.c.) non na súa totalidade
MARCO LEGAL:
Art. 27 do Estatuto de Autonomía para Galicia, polo que a Comunidade Autónoma ten competencia e
n materia de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda
Decreto 230/85, do 24 de Outubro, polo que a Xunta de Galicia asume as competencias en materia de vivenda, transferidas por Real Decreto 1926/85, do 11 de setembro
O Concello de Vilalba é quén asume no municipio as competencias que a lexislación de Réxime Local establece en materia de vivenda.
O Real Decreto 1/2002, do 11 de xaneiro, regula as medidas de financiamento de actuacións protexidas en materia de vivenda e solo, como marco normativo para o período 2002-2005
O 27 de maio de 2002. Asínase un Convenio entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio de Fomento sobre actuacións protexidas en materia de Vivenda e Solo
O 13 de xuño de 2002. Decreto 199/2002, do 6 de xuño, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia.
O Concello na sesión celebrada o 3 de decembro de 1999, acorda solicitar, para a zona do Centro Histórico a Declaración de Área de Rehabilitación ó abeiro da Normativa estatal e autonómica do Plan de Vivenda 1998-2001
no 2002 declarouse Área de Rehabilitación ó casco antigo de Vilalba e zona ampliada
Responsable do Servizo
JUSTO PORTELA FERNÁNDEZ arquitecto
SENÉN VILLARINO PAZ auxiliar administrativo
Enderezo
OFICINA MUNICIPAL DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO E ZONA AMPLIADA DE VILALBA
PRAZA DE ABASTOS S/N PLANTA ALTA
27800 VILALBA
Lugo