Inicio    Servizos    Coñecer Vilalba   Novas    Axenda    Documentos    Contratación   
 
Inicio > Coñecer Vilalba > Rutas de Sendeirismo >

Paseo Fluvial, Muiño do Rañego

Paseo fluvial polo río Madalena, saíndo do Muíño do Rañego e rematando na praia fluvial.

Para contemplar unha paisaxe de ribeira, pode o sendeirista percorrer unha ruta próxima á vila e caracterizada por este tipo de natureza. A ruta comeza no Muíño do Rañego, situado a uns 500 m da vila, saíndo pola estrada que une Vilalba con Baamonde (antiga estrada da Coruña). Subimos río arriba e atoparémonos no camiño con presas e con muíños, tal como o dos Pasos, e por último o gran muíño do Madalena, emprazado preto da estrada que vai de Vilalba a Momán.

A proliferación de muíños nesta zona débese á antiga tradición cerealística da comarca (nun treito aproximado de 5 Km contabilízanse sete muíños).

Nesta zona podemos gozar tamén dunha illa entre o río Madalena e a presa do muíño, na cal atopamos diversas especies de árbores forestais e ornamentais que fan deste lugar un punto agradable para relaxarse dando un paseo. De seguido, pásase á zona da praia fluvial coa súa importante oferta de actividades lúdicas (baños no río ou na piscina, práctica de diversos deportes, contemplación da natureza, zona de merendas, etc.).


 Legal    Enlaces    Mapa da Web    Buscar   
 
 
 
 
© Concello de Vilalba.
A documentación facilitada nesta Web ofrécese a título informativo e non suple
a documentación oficial facilitada polos Órganos Administrativos do Concello de Vilalba.