Departamento Benestar Social, Muller, Familia e Educación
O Departamento de Servizos Sociais está emprazado na planta baixa da casa consistorial, actualmente, o equipo interdisciplinar que desenvolve as súas funcións neste departamento está constituído por dous traballadores sociais, un psicólogo, un educador socio-familiar, unha asesora xurídica e un técnico en emprego.
Aínda que existen 2 servizos específicos que traballan con determinados sectores de poboación, todos os profesionais do departamento traballamos no desenvolvemento dos programas básicos na medida en que corresponde. Trátase dun equipo interdisciplinar.
Departamento Benestar Social, Muller, Familia e Educación
PROGRAMAS BÁSICOS DE ATENCIÓN PRIMARIA
Como se menciona anteriormente, existen, ademais, 2 servizos específicos, as súas actuacións inclúense nos programas básicos de atención primaria, polo tanto estes servizos amplían os seus contidos e as súas actuacións, realizando, ademais, accións e actividades sectoriais propias de cada servizo.
Así mesmo, como equipamentos propios, é para facer efectivos os programas de "Familia e convivencia" e o de "Prevención da marxinación e inserción social", contamos con:
PROGRAMA DE ORIENTACIÓN, ASESORAMENTO E INFORMACIÓN
O programa de "Orientación, asesoramento e información" ten por obxecto informar ós cidadáns sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos que estean afectados por problemáticas específicas, diagnosticando a situación e derivándoos, se é necesario, ós servizos sociais de atención especializada.
Para facer efectivo o contido do programa cóntase nun primeiro nivel con 2 traballadores sociais.
As actuacións que se levan a cabo neste programa son as seguintes: · A información, o asesoramento e a orientación a toda a poboación sobre os dereitos e recursos que existen en materia de servizos sociais.
· O estudo e a valoración das demandas recibidas para comezalo traballo dende un determinado programa ou para derivar ós servizos sociais especializados se se trata dun tratamento complexo.
Ó contar con dous servizos específicos, que encamiñan as súas actuacións a determinados sectores de poboación derívanse os casos que se considere oportuno, cando a información que se demande estea relacionada cos contidos dese propio servizo.
As actuacións que prestan neste programa os servizos específicos son as seguintes:
No caso do sector específico da muller as principais actuacións son: · Dar a coñecer ás usuarias os seus dereitos, así como, os servizos e recursos que existen na Comunidade Autónoma. · Proporcionar un asesoramento personalizado para a realización de xestións administrativas.
No caso do sector específico do tratamento do alcoholismo a principal actuación é: · A información, o asesoramento e a orientación a persoas que presenten unha problemática relacionada co consumo de alcohol ou ós seus familiares. · Asesoramento para a posibilidade de tratamento no propio servizo ou das accións necesarias tendentes á derivación a un servizo especializado.
PROGRAMA DE FAMILIA E CONVIVENCIA
Ten por obxecto este programa prestar unha serie de actuacións que tenden a facer efectiva a realización persoal e familiar, tratando, en todo caso, de aumentar ou mellorar o benestar familiar, ou corrixir as circunstancias que inciden de xeito negativo no seu desenvolvemento.
Para facer efectivos os contidos do programa xestiónanse todos os recursos que existen nas distintas administracións publicas.
Así mesmo, contamos cos seguintes recursos propios para o seu desenvolvemento:
As prestacións, actuacións e recursos propios deste programa son os seguintes:
· Axuda no fogar: Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións dende unha perspectiva integral e normalizadora, ós cidadáns no seu domicilio, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia e evitando así a institucionalización. Na actualidade concertouse a execución do servizo coa cooperativa de axuda no fogar "Terra Chá SLL", impulsada e creada dende o propio departamento.
Este recurso inclúe os seguintes tipos de prestacións: · Prestacións de carácter doméstico. · Prestacións de carácter persoal. · Prestacións socio-educativas, rehabilitadoras, e de apoio á estructuración familiar. Esta prestación pode materializala directamente a auxiliar de axuda no fogar, se así é valorado, e cando se trata dun tratamento máis complexo que requira de actuacións especiais, inclúese a figura profesional do educador socio-familiar. · Prestacións de carácter técnico como o sistema de teleasistencia e outras actuacións encamiñadas á adecuación funcional do fogar.
A teleasistencia domiciliaria é un servizo de atención telefónica ininterrompida cun equipamento de comunicacións e informática específicos. O sistema conta cunha unidade de alarma que leva a persoa, e que permite que ante calquera situación de emerxencia a persoa só pulsando un botón se poña en contacto coa central. É un recurso dirixido a persoas maiores ou incapacitadas, e ten como obxecto mellorar a calidade de vida dos usuarios permitíndolles permanecer no seu domicilio.
Actuacións dirixidas a persoas con problemáticas relacionadas con conflictos socio-familiares que produzan desaxustes de conviveniencia
Trátase de atender, se así é derivado, a calquera membro da familia que presente unha problemática que requira de atencións específicas susceptibles de tratamento psicosocial ou educativo xa que as súas circunstancias inciden de xeito negativo no normal desenvolvemento da familia. Para materializar estas actuación cóntase co traballo de todo o equipo, especialmente do psicólogo e do educador socio-familiar.
O Educador Socio-familiar, realiza o seu cometido no domicilio da familia ( axuda a domicilio ) ou no propio departamento cando as circunstancias do caso non requiran da materialización das actuacións no domicilio. O educador realiza o seu traballo incidindo nas dificultades que presente a persoa ou familia. Cando se valora a necesidade de intervención deste profesional definense os obxectivos en función das áreas onde se detectan estas dificultades. Xeralmente as áreas nas que o educador intervén son as seguintes: · Relacións Familiares · Relacións sociais · Organización da unidade convivencial · Saúde · Educativa · Vivenda · Traballo · Habilidades Sociais
Actuacións de información e atención á muller
Neste servizo cobra especial relevancia a figura da asesora xurídica, as actuacións que principalmente se prestan, son as seguintes: · Asesoramento xurídico individualizado en materias de dereito de familia e violencia doméstica. · Tratamento psicolóxico á víctima de maltrato. ( Incluído de forma xenérica nas actuacións anteriores ó tratalo como un desaxuste convivencial )
Prestacións dirixidas ós menores
Articúlase unha partida económica anual destinada a sufragar gastos extraordinarios xeralmente derivados do comezo do curso escolar. Estas axudas comprenden: · Becas de material escolar · Realización de actividades extraeducativas como campamentos de verán e outras...
PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA MARXINACIÓN E INSERCIÓN SOCIAL
Este programa ten por obxecto previr as situacións de marxinación e as súas causas así como a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.
Para facer efectivos os contidos do programa xestiónanse todos os recursos existentes nas distintas administracións publicas. Así mesmo, contamos cos seguintes recursos propios para o seu desenvolvemento. Para a realización deste programa as súas prestacións, actuacións e recursos propios son os seguintes:
Actuacións destinadas á integración social de persoas cunha minusvalía
Dende o Departamento de Servicios Sociais creouse a" Fundación para a protección de Discapacitados Psíquicos Vilalba-Terra Chá ", coa fin de dar cobertura a este sector de poboación. As actuacións da Fundación xestiónanse dende o propio Departamento e entre as actuacións que se realizan, cabe destacar a creación e posta en funcionamento dun Centro Ocupacional para Discapacitados Psíquicos.
Realízanse outras actuacións como: · Supresión de barreiras arquitectónicas · Xestión de tarxetas de accesibilidade e estacionamento
Actuacións destinadas á atención e rehabilitación de alcohólicos
Mediante terapias individuais e traballo co grupo familiar, trátase a persoas que presentan unha dependencia relacionada co consumo de alcohol. Para facer efectivas estas actuacións cóntase coa figura profesional do psicólogo.
Actuacións destinadas á formación e á inserción laboral Comprenden todas aquelas accións dirixidas a persoas con problemas de inserción laboral. Para a realización destas actividades inclúese unha nova figura profesional o técnico en formación e emprego.
Inclúense nestas actuacións as que se realizan dende o servizo específico da muller para impulsar a formación e inserción laboral desta.
Actuacións destinadas á resolución de conflictos relacionados coas dificultades da inserción escolar Comprende accións encamiñadas a corrixir circunstancias como o absentismo escolar, a desescolarización así como outros desaxustes nos centros escolares sempre que sexan susceptibles de tratamento dende os Servizos Sociais e así sexa valorado.
Actuacións encamiñadas ó asesoramento xurídico
Asesoramento xurídico puntual ás persoas que, incluídas neste programa, o precisen.
Axudas de Emerxencia Social
Xeralmente son axudas económicas destinadas a cubrir necesidades básicas das persoas tales como alimentación, vestiario, arranxos na vivenda, alugamentos, outros...
Actuacións dirixidas a transeúntes
Prestacións económicas destinadas, xeralmente, a manutención e desprazamento.
ANIMACIÓN, PREVENCIÓN E COOPERACIÓN SOCIAL
O programa de "Animación, prevención e cooperación social" ten por obxecto potenciar a participación de persoas e grupos na vida comunitaria fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado, así como favorecer a toma de conciencia dos cidadáns sobre as circunstancias que lles afectan e instrumentar os mecanismos que fagan posible a participación destes na busca de solucións e na xestión dos servizos e actividades que se demanden.
Para facer efectivo este programa contamos co seguinte:
Aulas da Terceira Idade
Trátase dun programa de dinamización cultural dirixido a persoas que teñan 50 ou máis anos. As actividades que se realizan están relacionadas coa aprendizaxe, visitas culturais, encontros interxeracionais, conferencias, actividades deportivas... A nivel xeral as Aulas da Terceira Idade teñen os seguintes obxectivos: promover a cultura, facilitar o coñecemento, facilitar a participación das persoas na vida comunitaria, facilitar que as persoas maiores podan adicar o seu tempo libre a actividades de tempo libre e artístico, fomentar a convivencia das persoas maiores e as máis xoves...
Actuacións encamiñadas á prevención das drogodependencias
Comprende os seguintes ámbitos de actuación:
·Prevención Escolar Preténdese previr o consumo de drogas nas escolas mediante a introdución dos materiais didácticos para a prevención do consumo de drogas no curriculum educativo de todos os centros educativos de Vilalba.
· Prevención Familiar Mediante o traballo coas Escolas de Pais/Nais, achégase información e apoio os pais/nais para o desenvolvemento de estratexias máis efectivas na prevención do consumo de drogas.
· Prevención Xuvenil Inclúense: - Actuacións de prevención do alcoholismo nas autoescolas, aumentando o nivel de información ós xoves sobre os efectos e riscos derivados do consumo de alcohol e outras drogas na condución dun vehículo. - Actuacións de educación en valores: Videoforum Captar a atención dos xoves a través do cine, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos preventivos que presentan as películas.
Actuacións de Promoción da Muller Comprende as seguintes: · Accións que tenden a dinamizar a participación e a presenza da muller na actividade social, cultural e económica da zona. · Denunciar calquera tipo de discriminación, sexa directa ou indirecta, así como as situacións que supoñan un atentado á dignidade da muller.
Actuacións encamiñadas á promoción empresarial
Para o desenvolvemento destas actuacións cóntase coa figura do técnico en emprego. Comprende todas aquelas actuacións dirixidas á información, xestión de recursos, encamiñados ó fomento da iniciativa empresarial como fonte de emprego.
ALOXAMENTO ALTERNATIVO
Ten por obxecto este programa ofertar un aloxamento provisional a aquelas persoas en situación de emerxencia persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no propio fogar ou esta non exista. Trátase dunha alternativa provisional mentres se realiza o diagnóstico e a análise da situación e se remita, se as circunstancias que determinaran a súa situación así o aconsellan, ós servizos sociais especializados.
Actuacións tendentes a ofertar aloxamento provisional ás persoas ás que non lles sexa posible a permanencia no fogar ou cando este non exista. Se o caso o require o aloxamento compleméntase cunha serie de atencións encamiñadas a conseguir a normalización da convivencia Na actualidade sufrágase o aloxamento mediante a partida de Emerxencia Social.
SERVIZO ESPECÍFICO DE ATENCIÓN Á MULLER (CIM)
Trátase dun servizo de carácter comarcal, sendo estas as súas principias actuacións:
·Dar a coñecer ás usuarias os seus dereitos, así como, os servizos e os recursos que existen na Comunidade Autónoma. · Proporcionar un asesoramento personalizado para realizar xestións administrativas. · Asesoramento xurídico individualizado en materias de dereito de familia e violencia doméstica. · Tratamento psicolóxico nos casos de maltrato. · Accións que tenden a dinamizar a participación e a presenza da muller na actividade social, cultural e económica da zona. · Impulsar a formación e a inserción laboral das mulleres. · Denunciar calquera tipo de discriminación, sexa directa ou indirecta, así como as situacións que supoñan un atentado á dignidade da muller.
SERVIZO DE REHABILITACIÓN DO ALCOHOLISMO E PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS
No caso do sector específico do tratamento do alcoholismo as principais actuacións son:
Actuacións destinadas á atención e rehabilitación de alcohólicos
Mediante terapias individuais e traballo co grupo familiar, trátase a persoas que presentan unha dependencia relacionada co consumo de alcohol. · A información, o asesoramento e a orientación a persoas que presenten unha problemática relacionada co consumo de alcohol ou ós seus familiares. · Asesoramento para a posibilidade de tratamento no propio servizo ou das accións necesarias tendentes á derivación a un servizo especializado. · Tratamento mediante terapias individuais e traballo co grupo familiar.
Actuacións encamiñadas á prevención das drogodependencias
Comprende os seguintes ámbitos de actuación: · Prevención Escolar Preténdese previr o consumo de drogas nas escolas mediante a introdución dos materiais didácticos para a prevención do consumo de drogas no curriculum educativo de todos os centros educativos de Vilalba.
· Prevención Familiar Mediante o traballo coas Escolas de Pais/Nais, achégase información e apoio ós pais/nais para o desenvolvemento de estratexias máis efectivas na prevención do consumo de drogas.
· Prevención Xuvenil Inclúense: - Actuacións de prevención do alcoholismo nas autoescolas, aumentando o nivel de información ós xoves sobre os efectos e riscos derivados do consumo de alcohol e outras drogas na condución dun vehículo. - Actuacións de educación en valores: Videoforum Captar a atención dos xoves a través do cine, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos preventivos que presentan as películas.
CENTRO DE ATENCIÓN Á PRIMEIRA INFANCIA
Destinado a menores de idades comprendidas entre 3 meses e 3 anos, conta cunha capacidade de 40 prazas. O centro permanece aberto dende as 8 h da mañá ás 13:30 e dende as 15:30 ás 20:30 h.
O edificio consta de dúas plantas, comunicadas por ramplas que permiten desprazarse polo centro con facilidade.
As plantas estructúranse do seguinte xeito, na planta alta a distribución é a seguinte: · Despacho de dirección. · Roupeiro. · Clase de 12 a 24 meses. · Clase de 3 a 12 meses. · Clase de 24 a 36 meses. ( Esta aula conta con servizos e aseos independentes ) · Aseo con servizos.
A planta baixa: · Unha sala multiusos, con xoguetes, escaleiras para o desenvolvemento motriz... · Cociña e despensa. · Sala de profesorado. · Servizo e aseos do persoal docente. · Sala de calefacción e lavadoras.
O persoal docente do centro é o seguinte: · Directora pedagóxica: educadora. · Psicopedagoga: educadora. · Mestra de educación infantil: educadora. · Auxiliar técnico en xardín de infancia.
As actividades que se levan a cabo están dirixidas a: · Desenvolvemento do movemento. · Control corporal. · Primeiras manifestacións da linguaxe e comunicación máis ampla. · Pautas elementais da convivencia, e relacións sociais nun entorno máis amplo.
Todas as actividades preséntanse de forma atractiva, alternando actividades espontáneas con actividades programadas, respectando, en todo caso, os períodos de descanso e vixilia.
As prazas solicítanse no Departamento de Servizos Sociais, negociado que xestiona o centro como equipamento do Programa de Familia e Convivencia.
Os prazos de solicitude son os seguintes: · A reserva de praza ( para menores que xa están matriculados ) entre o día 1 e o 20 de marzo. · A solicitude de praza ( para 1ª matrícula ) entre o día 1 e o 20 de abril.
CENTRO OCUPACIONAL DE DISCAPACITADOS PSÍQUICOS VILALBA-TERRA CHÁ.
Situación do centro ocupacional
O Centro Ocupacional está emprazado na nave municipal nos Freires, Vilalba. O Centro ten carácter comarcal e conta con servizo de transporte.
Organización e funcionamiento
A xestión do Centro lévase a cabo dende a "Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos de Vilalba-Terra Chá", que proporciona calquera tipo de actividade educacional e formativa, para que a persoa con minusvalía en idade laboral adquira as destrezas e habilidades que lle permitan superar os obstáculos da súa minusvalía, para acadar a súa integración socio-laboral e mellorar a súa calidade de vida.
Capacidade e usuarios
O Centro Ocupacional está integrado por persoas cunha minusvalía psíquica, que están en idade laboral, e que non lles é posible integrarse nunha empresa ordinaria ou nun centro especial de emprego, debido á súa acusada minusvalía temporal ou permanente. O Centro Ocupacional de Vilalba Terra-Chá presta atención a discapacitados psíquicos segundo a seguinte pormenorización:
TIPO DE MINUSVALÍA
D.M. Lixeiros, Medios e Severos
IDADE
> 16 anos
SEXO
Mixto
RÉXIME
Media pensión
TOTAL DE PRAZAS E CONVENIO: 20
O HORARIO para os usuarios do centro resúmese no seguinte cadro:
HORARIO
De 10:00 a 13:30 H
Actividades do C.O.
De 13:30 a 15:00 H
Xantar
De 15:00 a 18:30 H
Actividades do C.O.
Obxectivos específicos
Os obxectivos específicos do C.O Vilalba Terra-Chá son os seguintes: · Desenvolver e perfeccionar a capacitación laboral e a integración no entorno laboral. · Centrarse nas aptitudes da persoa, utilizando as súas capacidades para o traballo. · Adaptar ó alumno ó posto de traballo, ó equipo e ó entorno. · Avaliar, orientar e facer un seguimento de cada alumno. · Desenvolver un sistema de valores que conceda importancia ó desempeño dun traballo que proporcione á persoa con minusvalía sentimentos de utilidade. · Preparar á persoa con minusvalía para poder desempeñar as responsabilidades da vida social. · Fomentar hábitos de hixiene e alimentación. · Potenciar as relacións persoais e sociais. · Potenciar, na medida do posible, a autonomía da persoa mediante a participación en actividades da comunidade. Posibilidade de utilizar restaurantes, teatro, así como zonas de vacacións e outros lugares de recreo. · Asesoramento e orientación familiar.
Recursos humanos O persoal que traballa no centro pode resumirse no seguinte cadro:
Nº TRABALL.
TITULACIÓN
CATEGORÍA
DEDICACIÓN
1
Lcda en Psicoloxía
Dirección
100%
1
Diplomada en Deseño Gráfico
Monitora
100%
1
Diplomada en F.P de E.X.B
Coidadora
100%
1
Est. Primarios
Limpadora
10h/Semanais
A actividade dentro do C.O
· Obradoiro de Serigrafía A actividade principal do Centro é a serigrafía para a impresión de bolsas de papel. Lévase a cabo un traballo manual no que os rapaces e rapazas realizan todo o proceso necesario para a impresión serigráfica (dende o insolado e secado das pantallas, a impresión das bolsas, ata colocar a bolsa impresa na grella de secado).
· Actividades Educativas Ademais do obradoiro de serigrafía no centro desenvólvense outras actividades dentro do horario semanal, entre elas a de reforzo pedagóxico. Denomínase así porque intenta dotar ós beneficiarios dunhas habilidades sociais mínimas requiridas no desenvolvemento laboral normalizado, así como tamén potenciar aquelas habilidades que xa posúen. Os usuarios teñen que adquirir uns coñecementos básicos dos que participa a comunidade na que están inmersos. Vai dende o que poderíamos chamar apoio educativo en coñecementos e habilidades esenciais para un desenvolvemento harmónico da súa personalidade, ó desenvolvemento dun maior grao de autonomía persoal, ata a participación activa nos actos sociais da comunidade.
· Actividades Culturais de Ocio e Tempo Libre Mediante estas actividades perséguese que o grupo asista ás diferentes manifestacións culturais que ofrece o medio, propiciando a súa integración e participación social. A pesar de que moitos non cheguen a acceder á comprensión do feito cultural, o disfrute del é un dos fins perseguidos con estas actividades.
· Actividades Deportivas No 2002 o Centro Ocupacional incorpora ó seu horario semanal distintas actividades deportivas, entre elas natación, clases de educación física e a iniciación en deportes de equipo.
· Papel Reciclado No C.O son moitísimas as cantidades de papel que se desperdician mensualmente. Por este motivo, incorporamos esta nova actividade co obxectivo de elaborar as nosas propias follas e etiquetas, combinando o pracer de crear algo orixinal coa satisfacción de utilizar materiais de desfeito.
Responsable do Servizo
Yolanda García González
Concelleira delegada de Benestar Social, Muller, Familia e Educación
Enderezo
Departamento Benestar Social, Muller, Familia e Educación
Praza da Constitución, 1
27800 VILALBA
Lugo