O Corpo da Policía Local ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.
Policía Local
FUNCIÓNS DA POLICIA LOCAL
Circunscribíndose ó termo municipal de Vilalba, a Policía Local exerce as funcións asignadas polo artigo 53 da L.O. 2/1986, do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, que se enumeran a continuación:
Protección das autoridades da Corporación Municipal, e vixilancia dos edificios e instalacións de titularidade municipal.
Ordenación e regulamento do tráfico no casco urbano, en coherencia co establecido na normativa de seguridade.
Instrución de atestados por accidentes de circulación dentro do casco urbano.
Funcións de Policía Administrativa, no relativo ó control do cumprimento de ordenanzas, bandos e demáis disposicións municipais.
Funcións de Policía Xudicial cando son requiridas ou solicitadas directamente polos xulgados e nos demais casos como colaboradores das Forzas e Corpos de Seguridades do Estado.
Prestación de auxilio, nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas Leis, e na execución dos plans de Protección Civil.
Colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delictivos.
Vixilancia de espazos públicos e colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa Policía Autonómica na protección de manifestacións e no mantemento da orde pública, cando son requiridos para iso.
Cooperación na resolución de conflictos privados cando son requiridos para iso.
En síntese, preténdese, cos medios e recursos dispoñibles, dar cumprimento ás esixencias legais e ás demandas sociais.
MEDIOS HUMANOS
Actualmente o cadro de persoal da Policía Local de Vilalba está integrada por un total de 15 efectivos fixos distribuídos da seguinte forma:
1 Sarxento Xefe.
2 Cabos
12 Gardas
MEDIOS MATERIAIS
Para o desenvolvemento das súas funcións a Policía Local conta con tres vehículos, un deles un todo-terreo, equipos de comunicacións portátiles, móbiles e de base así como varios equipos de medición da taxa de alcohol e de ruídos, e asemade elementos informáticos e material de sinalización.
Enderezo
Concello de Vilalba
Policía Local
Praza da Consitución, 1
27800 VILALBA
Lugo