Inicio    Servizos    Coñecer Vilalba   Novas    Axenda    Documentos    Contratación   
 
Inicio > Coñecer Vilalba >

Datos Xeográficos




Datos Xeográficos e Climáticos

Vilalba é a capital da comarca da "Terra Chá", situada no centro da provincia de Lugo. O noso concello limita ó norte cos de Abadín, Muras e Xermade; ó sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz; polo leste, con Abadín e Cospeito; e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A súa extensión total é de 379 km2 cadrados, repartidos en vintenove parroquias, ademais do casco urbano da vila.

Topograficamente, estamos diante dun concello ocupado na súa maior parte por unha extensa chaira, agás na súa zona norte en que se sitúan as serras da Carba e do Xistral. Nesta última álzase o monte Monseiván, cunha altitude máxima de 929 metros sobre o nivel do mar. O feito de estarmos diante dunha grande planicie pode considerarse altamente favorable para o aproveitamento agrario.

O clima do concello é suave, cunha temperatura media arredor de 11,5º, e de no verán 18º.

 Legal    Enlaces    Mapa da Web    Buscar   
 
 
 
© Concello de Vilalba.
A documentación facilitada nesta Web ofrécese a título informativo e non suple
á documentación oficial facilitada polos Órganos Administrativos do Concello de Vilalba.