Vexetación

Está composta por un mosaico conformado por distintas especies autóctonas na maior parte do territorio: carballos, piñeiros, bidueiras e amieiros, especialmente nas beiras dos ríos que atravesan o territorio. Nas parroquias de San Simón, Corbelle e Samarugo hai vastas extensións repoboadas con piñeiro e cubertas polo mato, e nelas a vexetación aproveitase para o pastoreo libre de cabalos e gando bovino.

Son cultivos de calidade recoñecida da comarca a pataca, o trigo e os nabos. Boa parte do terreo está, sen embargo, ocupado por praderías, por mor da importancia da gandeiría na economía da zona.