Parroquias

As parroquias do noso concello

Sancovade (Santiago)

Saíndoda Pravia en dirección a Lugo, a 1 Km. da vila atópase Sancovade (topónimo que según contaba Álvaro Cunqueiro podía proceder dun San Cucufate, San Cubade, Sancovade). A igrexia está baixo o culto ó Apóstolo Santiago, e a capela de Nosa Señora de Guadalupe, á virxe que todos lle chaman cariñosamente “a estremeña”. Parroquia que posúe o Pazo de Penas Corveiras, residencia antano do Conde Pallares, aquel ilustre vilalbés. Como tódalas parroquias do municipio, ten a población espallada formando barrios dunha ou varias “casas” ou veciños tales como Barbeitas, O Barral, Cotarón, Chafarica, A Frouxeira Guntín, Muíños, Padronelo, Painceira, Porto Barroso, Porto Segundo, O Ramallal, Guadalupe, A Telleira, Valelle, Xoberte e Penas Corveiras.

En Sancovade son famosas as cebadoras de capós que, ademais de cebar moi bos exemplares, preséntanos con verdadeira arte. Terra de labradíos e moito arborado, destacando os bidueiros nas ribeiras do río Fabilos, onde hai fermosísimos prados e veigas. Celebra Sancovade os días do Ápostolo Santiago, a Guadalupe e San Antón.

Noche (San Martiño)

Seguindo en dirección a Lugo, e pasando o citado río de Fabilos, comenza a parroquia de Noche, que proviría para algúns do xermanico “Nausti” ou algo semellante. O seu patrón é San Martiño. Ten os barrios deEscourido, Esperido, O Outeiro, A Rabilonga, San Cibrao, A Veigalonga A Estrada, A Casanova e Suavila.

Os seus recursos son esencialmente agropecuarios, tamén hai aquí famosas cebadoras de capos. Atopámonos con zonas de bosques de bidueiros nas ribeiras do río Ladra, e moitos piñeirais, carballeiras e soutos de castiñeiros nas abertas terras de monte do Leste, por onde limita con Oleiros.

Oleiros (San Mamede)

Esta parroquia que venera a San Mamede, e na que antano tuvo o seu asentamento unha industria de cerámica popular, de ahí a sua denominación polos fabricantes de olas, os oleiros.

Esténdese dende Noche e Nete polo oeste, ata a estrada de Vilalba a Cospeito e a parroquia de Rioaveso. Ten a súa zona de monte nos Conventos e Cosa Moura, aínda que se prodigan tamén os terreos de labor. Os seus barrios máis sinalados son: Abeledo, Agadín, Os Boizas, Cabanas, O Carboeiro, Carracedo, Escadavada, Os Foxos, Gradamil, A Granda, Liñares, O Outorelo, Pedrido, A Raña, O Salgueiro, Vilanune e O Castro.

É en Oleiros, denominado tamén por algúns paisanos como Somede, onde, xunto con Sancovade e xa superado o val de Ladra, comeza a propia chaira que dá nome á nosa comarca e que culminará en Cospeito, Santa Cristina, Goá, cara ó Arneiro, Muimenta e Castro de Rei.

Nete (San Cosme)

Ó Suroeste de Oleiros, atopámonos con Nete, que celebra o San Cosme. A parroquia ten os lugares de: A Bouza, Carpaceiras, O Caxigal, Doade, Lourixe, A Parrocha, O Raño, Reboredo, e O Curro. Xunto con agras e prados, hai montes na Gándara ou Legua Dereita e pastizais na zona chamada Aperteda. Posúe esta parroquia, na Legua Dereita, innumerables mámoas.

Xoibán (San Salvador)

Se queremos ir a Xoibán que ten por patrón a San Salvador, temos que saír do noso municipio, posto que esta parroquia está enclavada entre os concellos de Cospeito e Begonte, con soamente un punto de unión co noso: o marco dos Catro Señores de Fontefría. Os seus barrios son os de: A Escoira, A Granda e A Igrexia. É unha parroquia moi nomeada polas súas excelentes colleitas de cebolas.

Ladra (San Salvador)

De novo en Nete, se nos desviamos cara ó Oeste, atopámonos coa parroquia de San Salvador de Ladra, asentada na suave ladeira da marxe esquerda do río Ladra. Alí está o pazo de Aran, dos Castros-Pita e os barrios de: Aguiar, Aran, A Braña, O Cañotal, A Fraga Bella, A Infesta e O Pazo Novo. Nesta parroquia predomina o monte nas estribacións da serra do Barroso, aló por Foxo de Lobos e Campo do Home Morto, chegando ata Reboredo e máis ó sur ata o marco dos Catro Señores. Ten canteiras de granito e algúns xacementos de zahorras.

Ínsua (San Bartolomeu)

Seguindo o noso itinerario cara ó Oeste, chegamos pola Capela de Remedios, á ponte de Rebordaos sobre o río Ladra, penetrando en Ínsua, San Bartolomeu, ubicada entre os ríos Ladra e Labrada, cruzada pola estrada de Baamonde. Abundan as ínsuas, de ahí o seu nome, nas ribeiras dos ríos onde medran os bidueiros.

Os seus lugares máis notables son: Abeledo, Cotoriña, Lama, Marcelle, Pasaido, Ponte de Sa, Rebordaos, Sa, Santalla e Vilargbín. Ten, ó Leste do río Labrada, un monte dunha gran extensión, as Louseiras, onde está a capela do San Ramón.

Soexo (Santa Maria)

Cruzando o río Labrada, pola ponte de Saa, e seguindo pola Cardosa, penetramos en Pígara (Guitiriz) pola Pena do golpe para chegar a Soaxe. É a parroquia máis illada do Concello, ubicada entre Pígara e Belesar. Terra recollida e montañosa, dentro da suavidade das lombas da Terra Cha, e con poucos habitantes nos seus lugares de: As Casas Novas, Gaian e A Igrexia.

Belesar (San Martiño)

Cara ó Norte atópase a parroquia de Belesar. É unha das maiores do municipio, que se extende polo oeste do río Labrada nos barrios de: Aldea, A Atadoira, Baltar, Cabanamille, Caivanca, O Camiño Real, Campello, Cascudo, o Cordal, A Crucitaria, A Ferreiroa, Lagares, Len, Meire, Montaña, O Outeiro, Pedrapicada, Penarredonda, A Reibocha, A Ribeira, Perrodríguez, As Forcadas, Vilanova, Vilasilvestre e Reboutas.

O territorio de Belesar está condicionado polas canles dos ríos Labrada e Sivela que se unen na Ponte de Pazos, e o de Ferreiroa, e que forman ámbolos dous,vales abruptos e entre eles, zonas de montes toxais, uceiras e xestas, con escaso arbolado. Ten, sobre o río Labrada, as pontes de Meire, Pazos, Gondeboi, DasBaionas e Ponte Pedrouzos.

Torre (A) (Santa María)

Por Perouzos accederemos á parroquia de Santa María da Torre, a igrexia da cal domina as dúas ladeiras da parroquia: a da costa Leste que baixa cara ó Ladra e a do Oeste que o fai cara ó Labrada, cos alegres lugares de: O Coutado, Marcelle, Pedrouzos, Penadrade, O Penedo, Ponte Pedrouzos, O Sisto, Merlan e A Sapeira.

Posúe Torre unha extensa zona de praderías e abidueirais nas ribeiras dos ríos Ladra e Labrada.

Alba (San Xoán)

Xa camiño de Vilalba, pola estrada de Baamonde, chegasea San Xoán de Alba, parroquia composta polos barrios de : Abadín, Amarigo, Carralmaior, A Estrada, As Casas Novas, Coea, A Costa, A Cruz, Currás, O Curro,A Ferreiroa, Lela, A Louseira, O Outeiro, APaíola, Pazos, As Turbelas e Vidal. Hai fértiles terras de prados e ínsuas ó Leste, á beira do Ladra, e montes de boa calidade ó Oeste ata o val do río Ladra.

Boizán (Santiago)

Máis preto de Vilalba chegamos a Boizán baixo a advocación do Ápostolo Santiago, dominada no seu cume máis alto por un famoso e importante castro que ofrece unha das máis coñecidas e fermosas vistas da vila capital.

Son os seus barrios: Valvoeira, O Castro, O Cobo, Gabín, Grumar, Igrexia, Lamana, O Marco, Ponte Rodríguez e Portovixil.

Mourence (San Xiao)

De Boizán, se baixamos a empinada ladeira do río Trimaz, podemos acceder, pola Ponte Rodríguez, á inmediata parroquia de San Xiao de Mourence, situada entre os ríos Magdalena e Trimaz, que se unen polo lugar do Rañego, na Ponte dos Novos.

Cainvacas, Caldraga, A Casanova, O Coto, O Escairo, A Fontevilar, Os Freires, Igrexa, A Madalena, Marrube e Trimaz, son os seus lugares principias. Dende Portocarreiro divísase a parte Norte e Oeste da vila.

Gondaísque (Santa María)

A ponte de Trimaz, sobre a ponte do mesmo nome, permítenos acceder á veciña parroquia de Santa María de Gondaísque, á beira do río, onde hai extensas veigas, quedando a zona de montes cara ó Oeste.

Os seus barrios son os de: O Alto, Bustelo, O Castro, Os Currás, O Espiño, Fontedor, Ponte Trimaz, O Pumariño, e O Xestal.

Distríz (San Martiño)

Se seguimos pola estrada de Momán e collemos en Portocelo a de Belesar, chegamos a Distriz, con culto a San Martiño e cos lugares de: Os Currás, A Fontechousa, O Foro, Gondeboi, A Igrexa, A Pollosa, As Paredes, As Pedreiras, O Pendello, O Pereiro, Portocelo e o Vilar do Seco. É parrouia de terreos alternativos de labradío, prados e chousas, abundantemente arbolados con soutos, abidueirais e carballeiras á beira do Trimaz. Boas cebadoras de capós entre as súas mulleres.

Tardade (Santa María)

Ó longo dun amplo arco do río Trimaz, atópase a pequena parroquia de Santa María de Tardade, zona similar á anterior na que, así mesmo, alternan as terras de labradío, prados e chousas nos lugares de: O Cal, A Capela, Cartín, A Corredoira, Fontao, Lameiros, Lazán, A Pena, O Pereiro e Xurbal.

Codesido (San Martiño)

Se volvemos saír á estrada de Momán poderemos chegar á inmediata parroquia de San Martiño de Codesido, enclavada entre as parroquias de Burgás ó Norte, Cazás ó Sur e do veciño municipio de Xermade, a ámbolos dous lados de río Trimaz.

Os seus barrios son: Buxibán, O Caldeirón, O Cordal, Ferreira de Suso, Gradaille, Murazo, Refingoi, A Retorta, A Ribeira, A Torre, Trascastro, Brañamoura, Cascamaño, o Monte e Penatomé. Aquí atópanse os mellores exemplares de carballos de todo o municipio. De aquí parte a estrada que, pola ponte de Trascastro, se dirixe ó Carrizo en Santaballa, atravesando as extensas ínsuas onde está ubicada a Charca, tamén nomeada Alligal, manantil medicinal de recoñecido renome, hoxe explotada por unha comisión veciñal de Codesido.

Santaballa (San Pedro)

Deixando atrás a Charca, entramos en Santa Baia (Santaballa de Trasmil) que a pesar da súa denominación ten como patrono a San Pedro, debido a que en tempos pasados depositouse na igrexa a imaxe do santo, que estaba na veciña parroquia de Lanzós, con motivo dun interdicto de profanación, e alí en Santaballa quedou, o bendito San Pedro, sendo adoptado como patróne venerándose na parroquial, de boa fábrica e composta por dúas naves paralelas.

Santaballa é parroquia extensa, con amplas zonas aboradas e extensos vilares produce patacas e moita calidade.

As festas patronais celébranse, por suposto, o 29 de Xuño e constitúen a máxima expresión dos festejos de todo o municipio, despois dos da vila.

Ten un hábitat ben diferenciado formado por lugares acasarados, extensos montes, e xacementos de granito e manganeso. Os seus barrios son: O Airado, O Barreiro, O Cabo da Aldea, Cancelo, Carballido, Carracido, O Carrizo, A Casanova, Casela, Cendoi, Cobreiro, Curbel, Feiranova, Folgueira, A Fonte Bouza, Gunxar, Lugarbello, Millares, O Outeiro, A Parrugueira, A Pereira, Piñeiro, O Regovello, Santiago, Trastoi, Trufas, Tufiade, Vilanova, Vilasuso e Vilaxoán.

Lanzós (San Martiño) (San Salvador)

Dende Fontepisón hai unha estrada que, por Curbel e Trastoi, conduce ó barrio de Ramil, na parroquia limítrofe de Lanzós (San Martiño), e que ten como anexo a San Salvador.

É parroquia extensa con numerosos vilares productores de afamadas carnes e patacas. O Adro, Bichicán, Bustelo, Carreiroa, O curadoiro, Ferreira, A Fontevella, Ladrela, Meixonfría, Moreda, Muruxas, Paraños, o Pazo, O Pedrouzo, Ramil, O Rego, A Revolta, O Sisto, Touriño, Vilate, Vilagondríz e A Pereira, son os barrios de San Martiño, sendo os de San Salvador: O Carballal, A Igrexa Pequena e A Pereira.

Nesta parroquia no lugar do Picouto, atópanse os depósitos reguladores da traída de augas de Vilalba. Hai aínda poucos anos, explotouse, no barrio de Ferreira, un xacemento de mineral de ferro a ceo aberto. O señorío de Lanzós, na Idade Media, tomou parte activa na rebelión dos Irmandiños, aínda se canta hoxe un romance que recorda aquela participación dos de Lanzós na revolta.

Vilapedre (San Mamede)

Ó Norte de Lanzós atópase San Mamede de Vilapedre, parroquia montañosa que chega a acada-los 900 metros de altitude na Carba. Nos seus barrios de Fraguas e Porto de Bois comeza xa a planicie carcterística da Terra Cha. Vilapedre ten lugares moi isolados tales como: A Balsa Pequena, Bustofreán, A Bouza, Cal de Abelleira, A Carballeira, Castiñeiras, Cornas, Corvelle, O Cristo, O Escourido, A Fraga,Fraguas, Gondulfe, O Igrexario, A Ínsua, Lavapés, Lombo de Cervo, Lombo do Río, Orosa, O Padriñeiro, O Pazo, Porrás, O Porto de Bois, o Porto Bañal, Ramos, Rebordelo, Sarela, Sulombo, Vigo e O Carballal.

Os montes atópanse ó Norte, na marxe esquerda do río Eume, que os separa de Muras, e ó Sudeste, formando formando parte da Egua Longa. Posúe abundantes regatos que lle permiten aproveitar amplas zonas de prados.

San Simón da Costa (San Simón)

Lindando con Vilapedre polo Leste, atópase a parroquia deSan Simón da Costa, a de máis altitude do municipo, co pico de Monseibán, de 929 metros, dende o que domina a Terra Cha en toda a súa extensión falar de San Simón e falar de queixos, posto que nesta parroquia se fabrica artesanalmente un tipo de queixo único, de forma cónica, tratado con fume de casca de bidueiro, que actualmente está sendo comercializado por pequenas cooperativas de productores.

Ten, como Vilapedre lugares illados, buscando pequenos vales entre os montes da Corda, onde establecer praderías e aproveita-los poucos terreos de cultivo, mentres que no monte pacen cabalos e vacún en reximen deliberdade, controlados polos seus respectivos donos.

Asi temo-los barrrios de: Augarrío, A Besta de Abaixo, Bodán, O Cabradoiro, Cadriño, O Cal, As Campás, Candaido, Carballotorto, A Casanova, o Castro, O Catadoiro, A Costa do Sol, O Coto, O Chao, Adaulfe, As Folgueiras, Folgueiro, Os Fornos, Funcasta, Golaríz, As Hedradas, A Lagoa, Laxoso, Lobán da Barreira, Lobán de Louros, Os Lobas, Malcán, Merlos, Mirón, Pardasalbas, Pasarelle, Pedregosa, Penaserra, A Picheira, Pontenova, Portoferril, Porto dos Troncos, Pude, Racamonde, O Regueiriño, A Retorta, O Rebeladoiro, A Ribeira, As Rocellas, A Seara, Seixoa, O Tarrelo, O Traveso, O Valado, Vilaragonte, Vilardebín, Visodairas e Fontarraña.

Na ladeiraOeste do Monseibán construíuse, no Rego Laxoso, a captación para o abastecemento de auga de Vilalba.

Samarugo (Santiago)

Bordeando o Monseibán polo Sur, está a parroquia de Santiago de Samarugo, cos barrios de: Bidueiro, A Cazada, Camba, Campomaior, Casal, Cornide, O Hedreiro, Os Lameiros, Lobán, Os Navallos, O Palleiro, Pardiñas, O Pazo, O Portocego, Reguengo, Remosende, A Ribeira, Rodas e Vacariza.

O señor de Samarugo tamén estivo vinculado, na época medieval, á Revoltados Irmandiños.

Corbelle (San Bartolomeu)

Ó Sur de Monseibán, atópase San Bartolomeu de Corbelle, con igrexa de similar estilo arquitectónico á de Santa María de Vilalba, con extenso e rico igrexario e boa casa rectoral.

Os barrios que compoñen esta parroquia son: A Abelaira, Bouzas, Campelos, O Cotillón, Os Fieitas, O Forcón, Fornos, O Foxo, Maciñeiro, Martiñán (con importante industria cerámica e panadeira), Mouriz, Riomouro, Sar, Trastemil e Viladónega. Estes barrios extendense a ámbalas marxes do río Támoga tan vinculado á vila.

Árbol (San Lourenzo)

Seguindo na mesma estrada, salvando a valgada dende a igrexa, e bordeando o cementerio de Carballido, pasamos á parroquia de San Lourenzo de Árbol, o máis oriental do municipio, rodeada polo Leste e Sur poo Concello de Cospeito.

Esta pqarroquia, salvo na Lomba da Croa, forma unha planicie impresionante, dende a igrexa ó Santo, na que encontrámo-los barrios de: O Barreiro, Carregal, Os Castros, O Couto, Os Currás, Embendo, Espiñarido, Espiñeiro, Fieitosa, Fondomar, Fontela, Gardado, Lamas, A Lamela, Morcelle, Moscarán, Picoi, Ramonde, Regovide, O Santo e Bereda. O Santo, cruce estratéxico de estradas, é o segundo núcleo urbano do municipio.

Rioaveso (San Xurxo)

No Santo, se tomamo-la estrada cara a Vilalba, e nos desviamos á esquerda no Vilar de Orbasa, chegamos ó corazón de da parroquia de San Xurxo de Rioaveso, enmarcada polas estradas de Meira e Cospeito, que se unen en termos desta parroquia no lugar do Empalme.

Consta dos lugares de: Cacheiros, As Campelas, A Fontevella, O Margazal, A Regueira, As Torrentas, Trasfallón, Vilaester e Vilamartín. E aquí onde atopámos un dos máis fermosos exemplares de acivro de toda Galicia.

Existe nesta parroquia unhafamosa canteira de granito no Monte da Escadabada e un xacemento de mica que foi explotado durante a Segunda Guerra Mundial.

Hai zonas de monte nesta parroquia ó Norte, Leste e Oeste, sendo a parte central un conglomerado de fincas vilares e pradería, cruzando pola estrada do Empalme a Sistallo pola que, dende Oleiros vai á estrada de Meira en Vilamartín.

Román (Santalla)

Dende o Empalme, tomando a estrada de Cartemil, ou be polo Moscarán, accedemos á parroquia de Santalla de Román, celebre polos canteiros artesáns dos cruceiros, a familia Carboeira que, xeneración tras xeneración, ergueron case tódalas cruces e pedra das encrucilladas chairegas.

Está ubicada esta parroquia entre as estradas de Mondoñedo e Meira e crúzana a de Moscarán a Goiriz e a de Vilalba a Árbol. Os seus barrios son: A Abelaira, Alfaiate, Bouzamelle, A Carboeira, Os Carrís, Cartemil, A Caseria, Fontemarín, Xunto a Igrexa, Leboeiro, Locencia, Romariz, Seivane, O Valiño e Vilafurada.

Carballido (Santa María)

Continuando dende Roman chegamos á parroquia de Carballido, parroquia que consta dos seguintes barrios: O Chao da Barreira, Campelos, Caneiro, O Cañotal, O Carboeiro, O Condado, O Coto, A Cruz, Ego, As Lamelas, Lindin, Lousidos, A Moa, Ordoño, A Pedreira, A Pena Grande, O Pico, O Rañal, Riazo e Samil.

Goiriz (Santiago)

Hai en Goiriz, canteiras de granito de boa calidade, con pedra da chamada de gran fino, moi cotizada. Dende Román, e seguindo a estrada que vai cara á de Mondoñedo, chegamos ó parroquial de Santiago de Goiriz, posiblemente o antigo territorio de Gonerico.

Lugarmoi extenso, coa característica da ubicación das súas casas de forma illada, é terra propicia para unha futura e moi racional concentración parcelaria ó poder confeccionarse cotos redondos e independentes.

Átopase situada a ambas marxes da estrada a Mondoñedo, chegando polo Sur a Meira tras atravesa-la que, de Oestea Leste vai de Vilalba a Árbol por Román. Abundan nesta parroquia as cerdeiras, e os amplos vilares para o cultivo de patacas e grandes praderías xunto con chouzas infrautilizadas.

Son moitas as hectáreas existentes sin caseríos, tales como os montes de Bidueiros, zona cha e fértil situada ó Norte cara a Lanzós; as chousas de San Adriano (capela do santo milagreiro da chaira vilalbesa) cara a Costa e Gomaríz.E, no alto do mesmo centro, zonas como a que limita con Cartemil, Alto do Sumeiro nos casais de Trece, Broz, o Empalme, Ramallal, Casanova e Vilaster, dunhas 200 hectáreas fértiles chousas e tenzas antano cavadas e cultivadas e hoxe destinadas a infecundos toxais, xesteiras e arborado irracional.

Os barrios de Goiriz son: Aciveiro, Barbeitas, Bidueiros, Broz, O Campo do Cristo, A Cancela, O Carballo, O Carral, A Casanova, As Casas novas, Casilla, Caxigal, Cendán, Currás, Fabas, Fontoira, Fra, Gocendre, Gomariz, Graduín, Lagoela, Lamelas, Liñares, Lodeiro, A Mamoa, Orbazán, O Outeiro, Pígara, Reguengo, Santo Adrao, Santa Comba, As Touzas,Tronco, A Uceira, Ver e Reboiros.

Da igrexa de Goiriz, seguindo a estrada de Vilalba, rendimos baixo a Pravia, punto de inicio deste percorrido a través da maxia e da xeografía das terras e dos lugares de Vilalba.