Vilalba

Vilalba, vila antiga e señorial, chea de recunchos e lugares que paga a pena coñecer e que posúen unha personalidade histórica propia. As nosas parroquias evidencian a pegada de antigas civilizacións castrexas e o paso da emigración en magníficas escolas habaneras; o visitante atopará entornos naturais únicos pegados á paisaxe da auga que domina toda a chaira. Os nosos produtos típicos son auténticas xoias da gastronomía coma o capón.