InicioServizosUrbanismo e Rehabilitación

Urbanismo e Rehabilitación

OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL URBANISMO

A Oficina Técnica de Urbanismo e Rehabilitación municipal está ao servizo dos cidadáns para resolver calquera tipo de dúbida relacionada co urbanismo, a execución de proxectos de edificación ou o ordenamento. É este departamento o encargado de informar acerca dos permisos para a execución de obras particulares en todo o termo municipal.

Xestións que leva a cabo

  • Asesora e informa ao público das actuación que contempla o Plan de Vivenda que esté vixente.
  • Tramita os expedientes e asesora no seguimento técnico de obras do Plan de Vivenda, sen suplir o oficio de dirección de obra.
  • Realiza as visitas técnicas que se estimen oportunas nas actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais, sen suplir o oficio de dirección e obra
  • Supervisa os orzamentos.
  • Colabora e coordina as accións e programas que desenvolve a Oficina cos departamentos municipais implicados.
  • Informa doutras actuacións subvencionables.
  • Asesoramento Técnico construtivo en aspectos que melloren as condicións de habitabilidade, funcionalidade e seguridade da vivenda.

Persoal

Arquitecto Aparellador Oficina Urbanismo
Horario atención ó público de 9:00 a 14:00 h

Lunes, martes e venres

Horario atención ó público de 9:00 a 14:00 h

Martes,xoves e venres

Horario atención ó público de 9:00 a 14:00 h

De luns a venres

Tlf. 982 511 658

urbanismo@vilalba.es

Horario

Atención xeral: de luns a venres de 08.00 a 15:00 horas.

Concello de Vilalba
Plaza constitución S/N
TLF. 982 511 658