InicioServizosSeguridade

Seguridade

AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

Historia

A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Vilalba nace coa iniciativa de varios membros da REGA (Rede de Emerxencia de Galicia)  viron a necesidade de contar en Vilalba con un grupo de persoas que coa formación axeitada e os medios necesarios, foran capaces de colaborar de forma altruista en garantir a seguridade e benestar, de todas as persoas é bens materiais nas emerxencias que acontezan no Concello de Vilalba.

Esta agrupación de voluntarios foi constituida legalmente o 9 de febreiro de 1995 e inscrita no Rexistro Xeral de Agrupacións da Xunta de Galicia o 1 de marzo do ano 1995, logo de aprobarse no Pleno do Concello de Vilalba,este regulamento  planificou as funcións dos voluntarios e mantivo o organigrama ata a reforma do novo regulamento para adaptarse ao Decreto 56/2000 e xunto cos distintos grupos de emerxencia que se foron creando; GLPA, GRUMIR, SMPC, forma parte do organigrama de seguridade cidadá do Concello de Vilalba, colaborando activamente cos diferentes corpos de seguridade, Policía Local, Garda Civil e outros departamentos do concello.

Esta Agrupación de Voluntarios de Protección Civil en Vilalba ven levando a cabo dende a sua creación, funcións de axuda ó cidadan ante calquera das situacións que asi o requira, en coordinación coa CIAE 112 Galicia ao pertencer ao Servicio Integrado de Emerxencias de Galicia.

Zona de Intervención

A zona de intervención sobrepasa ó termo municipal de Vilalba chegando a facer intervencións en toda a comarca da Terra Chá, sempre con autorización do Alcalde ou Concelleiro Delegado, como autoridade máxima en Protección Civil no Concello.

Logo de rematar hai uns anos en Galicia os Grupos Municipais de Intervención Rápida G.R.U.M.I.R. que complementaron con éxito as tarefas de prevención de riscos e actuacións de emerxencia , en materia de protección civil, xurden os Parques Comarcais de Incendios e os GES, Grupos de Emerxencia Supramunicipal.

Estes grupos de emerxencia son en primeiro orden os encargados da intervención, e os voluntarios da agrupación colaboran complementando un servicio de auxilio ó cidadán, que está operativo durante todo o ano.

Funcións e Actividades

As tarefas que veñen desenvolvendo os voluntarios van dende a colaboración na extinción de incendios, urbanos e forestais, ata o rescate en accidentes de tráfico ou laborais, pero sobre todo a labor mais importante realizada por este grupo de voluntarios radica na prevención, que xunto coa formación, absorbe a parte principal do tempo adicado polos voluntarios a esta laboura altruista.

Outras tarefas nas que participa esta agrupación son:

 

  • Operativos de seguridade vial no entorno dos centros educativos, apoiando á Policía Local en labores de control de tráfico ou noutras tarefas que se precise.
  • Operativos programados como poden ser:
    • Coordinacción en actos multitudinarios, (actos culturais, relixiosos e sociais, acontecementos deportivos, recepción de autoridades, etc...) ofrecendo axuda ante
      calquera situación de risco , colaborando cos corpos de seguridade , Policía Local, Garda Civil, etc... coa fin de evitar posibles percances que impidan o seu normal desenvolvemento.
    • En situacións de asolagamento, innundacións , situacións de climatoloxía adversa, os cidadans poden contar coa axuda de Protección Civil . En casos de illamento por mor de nevadas, placas de xeo, tormentas, en todas as situacións de emerxencia que poidan acontecer polos cambios climáticos.
    • En tarefas de revisión e prevención de emerxencias, o persoal da agrupación realizará aquelas intervencións que se consideren urxentes, notificando ó servizo correspondente as que poidan programarse coa fin de evitar que se agrave a situación.
    • Neste apartado de prevención , incluense as seguintes actividades:
      • Formación do persoal , autoprotección e simulacros en colexios , revisión dos medios antilume (bocas de rego, extintores, etc...), e a colaboración coas forzas da orde na laboura de coordinación de entrada e saída de escolares.
      • Os voluntarios da agrupación teñen á súa disposición a Academia Galega de Seguridade Pública que programa anualmente cursos de formación e capacitación, sendo os mais habituais os de accidentes en estrada e loita contra incendios, primeiros auxilios, búsqueda de persoas con medios aéreos non tripulados, ademais doutros tamén importantes, como poden ser os de grandes masas ou coordinación e comunicación en casos de emerxencia. Neste apartado de formación do persoal de Protección Civil, intentase acadar un nivel de preparación o máis alto posible, para así, poder actuar en toda clase de emerxencias coa máxima eficacia e rapidez.

Parque Móbil

Para poder realizar o seu traballo coa maior garantía de éxito e para facilitar o traballo dos voluntarios, esta agrupación conta con uns medios materiais que se foron incorporando a dotación da agrupación e que na maioría dos casos foron entregados pola Xunta de Galicia dentro do programa de colaboración cos concellos como equipamento das agruapcións para labores específicas de protección Civil.

 

Así contamos con:

  • 2 vehículos todo-terreo para transporte de persoal e para intervención en zonas de difícil acceso que permiten chegar ata o cidadán ,incluso en condicións de climatoloxía adversas, por que están equipados con cabrestante, botiquín, sistema de iluminación e sinalización.
  • Dous vehíclos tipo quad que nos aportan gran mobilidade tanto en casos de búsqueda de persoas en terreo rural como para grandes concentracións de persoas.
  • Un remolque de intervención en emerxencias con dotación de bombeo, alumeado e aporte de enerxìa eléctrica, que permite acercar estos recursos ata zonas de difícil acceso ,permitindo que estos equipamentos se atopen disponibles para actuar en calquera momento.
  • Unha embarcación neumática pequena que pode actuar en zonas de especial risco de asolagamento, e tamén en cauces fluviales en caso necesario.

Instalacións

Asimesmo, e para poder coordinar a dotación persoal e material, contamos con varios locales que nos permiten realizar estas función de forma organizada.

Actualmente os locales que forman parte dos equipos de coordinación e que nos permiten albergar os distintos medios humáns e materias, están situados na Casa do Concello e constan de:

  • Centro de Coordinación Operativo Municipal, ubicado na segunda planta onde se atopan os  equipos informáticos e de comunicación, tanto telefónico como por radio,  que nos permiten contar con un medio propio de comunicación que se emprega habitualmente e que funciona totalmente autónomo.
  • Almacen, onde se organizan os materiais de intervención e os equipos de protección individual que se necesitan para as intervención habituáis.
  • Garaxe, que permite ter os vehículos e os equipos de intervención en perfecto estado de funcionamento e disponible para o uso inmediato.

Persoal Voluntario

Esta agrupación dende a sua creación foi incorporando persoal voluntarios que recibeu cando menos a formación básica para actuar ante una emerxencia, pero a maioria dos voluntarios conseguiron una formación mais especializada que acompañada coa experiencia fai que podamos contar con un de persoas voluntarias que nada teñen que envidiarlle aos profesionais, agás o salario.

Durante 24 anos cos que conta en este momento esta agrupación, tivemos a oportunudidade de formar a 192 persoas das que moitas por distintas razóns tiveron que abandonar esta actividade altruista, sobre todo porque é necesario contar con un salario que poder levar a familia e este servizo non é remunerado.
De todos modos non cabe duda que a maioria das persoas que se formaron sempre conservarán os coñecementos que poderán aplicar en caso necesario.

Actualmente estamos coordinados como agrupación, e contamos cunha Xunta Directiva, que se encarga de programar e decidir as actividades que se realizan contando para esto con tres grupos operativos con unha media de 10 voluntarios por grupo, coordinados por un responsable Protección Civil de Vilalba, como calquera outra formación de voluntarios, é unha asociación con fins humanitarios e de axuda ó cidadán, que sin ánimo de lucro intenta desempeñar este labor de axuda, e para este fin é moi importante a colaboración do persoal, que voluntariamente emprega parte do seu tempo libre nas labores  que esta organización ven desempeñando.

Calquera persoa que desexe facer un labor desinteresado e altruista pode pasar a formar parte da agrupación poñéndose en contacto coa agrupación é cumprindo os requisitos necesarios: idade, capacidade física, etc.

Outro requisito moi importante é que o candidato se comprometa a desempeñar a sua labor de axuda ó cidadán, coa fin de garantir a protección das persoas é bens, ante os danos producidos polas situacións de emerxencia que poidan xurdir neste concello, realizando as tarefas que permitan evita-las citadas situacións, reducir os seus efectos, reparar os danos e, no seu caso, correxir as causas produtoras desta.

Tódolos cidadans que desexen incorporarse a esta agrupación podense pór en contacto con esta agrupación, solicitando información na oficina na segundo andar da casa do concello,  teléfono 982 512 595 ou por e-mail pcivil@vilalba.es.

COORDINADOR
Presidente da Agrupación de Voluntarios
COMPOSICIÓN POR GRUPOS
—————————————
Xefe de Grupos de Intervención
Xefe de Grupo Alpha —— Xefe de Grupo Bravo 11 voluntarios —— 11 voluntarios
Xefe de Grupo Echo —– Xefe de Grupo Delta 11 voluntarios —– 10 voluntarios

COMPOSICIÓN DA XUNTA LOCAL DE PROTECCION CIVIL

  • Alcalde-Presidente do concello de Vilalba , ou concelleiro en quen delegue, que actuará como Presidente.
  • Concelleiro ou concelleiros con competencias en materia de Protección e Seguridade. o Representante do órgano provincial da Xunta de Galicia con competencias en materia de Protección Civil.
  • Xefe de Policía Local.
  • Encargado de obras , como responsable municipal de obras é servicios.
  • Arquitecto municipal , como responsable técnico municipal de seguridade.
  • O responsable técnico municipal de Servicios Sociais.
  • Os xefes dos grupos operativos locais previstos no P.E.M.U.
  • O delegado de sanidad , como autoridade civil municipal de Sanidade.
  • O responsable operativo da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
  • O xefe local dos corpos e forzas de Seguridade do Estado.
  • O Presidente da asemblea da Cruz Vermella.
  • Aqueles asesores técnicos que o presidente estime necesario , que participarán nas deliberacións é decisións da Xunta Local con voz pero sen voto.

FINANCIACIÓN

As actividades que se realizan ocasionan  unha serie de gastos derivados do uso de vehículos e materiais,  tamen xera gastos por parte dos voluntarios que case nunca se consigue compensar totalmente.

No caso dos gastos ocasionados polos vehículos, o Concello de Vilalba como titular dos mesmos asume o mantemento e os gastos de seguro e combustible. Ademais este ano acabamos de asinar un convenio de colaboración co Concello de Vilalba, que nos aportará os medios económicos que nos permite, renovar os equipos de comunicación, incorporar á dotación de material, novos equipos de protección e tamén cubrir os gastos ocasionados nos operativos realizados e nos cursos de formación e capacitación que nos obliguen a desprazarnos e incluso pernoctar fora da nosa residencia habitual.

Como ven sendo habitual dende a sùa creación, esta agrupación percibe una axuda económica da administración autonómica dentro da liña de subvención as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil en Galicia, que se destina segundo especifica a Orde da convocatoria a medios funxibles, gastos corrente e gastos ocasionados pola realización de operativos, diferentes servizos de emerxencia, coa fin de manter a integridade destes e dos suarios da vía no caso de accidentes en estrada.

Datos do Servizo

José Franco Criado
Presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civíl

Enderezo
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil
Concello de Vilalba Praza da Constitución, 1
27800 Vilalba LUGO

Horario
Servizo 24 horas

Teléfono
982 512 595
630 054 517
EMERXENCIAS CIAE 112 Teléfono da central de emerxencias S.O.S. Galicia (marque o 112 en caso de urxencia, chamada gratuíta)

Fax
982.511815

Internet
pcivil@vilalba.es