Rehabilitación

Oficina Municipal de Rehabilitación do Casco Histórico e Zona Ampliada de Vilalba

A Oficina Municipal de Rehabilitación comeza a funcionar o día 10 de setembro de 2001. A súa función é promover a rehabilitación do casco histórico e súa zona ampliada, no que atinxe a vivendas e a urbanizacións.

A Oficina de Rehabilitación recentemente ven de por en marcha o Depósito virtual de material de derrubos coa intención de poñer en valor o patrimonio do volume edificado como valor de conxunto, desde a perspectiva da actividade edificatoria anónima, recuperando aqueles elementos construtivos froito de derrubos (trabes, pontóns, cantería, etc.)

Para acceder a esta base de datos prema aquí

FUNCIONAMENTO:

A Oficina Municipal de Rehabilitación comenza a funcionar o día 10 de setembro de 2001.A súa función resulta de ser o instrumento técnico e de información, asesoramento e incentivación das actuacións na Área de Rehabilitación, e para obte-la cédula de rehabilitación de calidade. As xestións a realizar pola Oficina Municipal de Rehabilitación son:
1. as previstas nos artigos 58.3 e 60.4 do Real Decreto 801/2005, do 1 de xullo.
2. as visitas previas de información e asesoramento antes do outorgamento da resolución de conformidade ás actuacións para obter a cédula de rehabilitación de calidade, o seguimento das actuacións, así como as visitas de finais das obras realizadas ao abeiro do Decreto 157/2006.

  1. Solicitude na Oficina, e comprobación de que o inmoble pertence á zona do casco antigo susceptible de expediente subvencionable.
  2. Solicitude de documentación.
    1. 2.1. Escritura do inmoble
    2. 2.2. DNI.
    3. 2.3. I.B.I.U.
    4. 2.4. Poder autorizando as obras no caso en que a propiedade non coincida co solicitante.
  3. . Elaboración dun informe previo no que se fan constar ás necesidades urxentes ou non do edificio
  4. Aceptación por parte do promotor das condicións do informe anterior
  5. Elaboración do proxecto de obra menor. No caso de ser de obra maior cómpre presentar na Oficina o proxecto visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia .
  6. Xestión de licencia e permisos de obra
  7. Envío da Documentación á Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
  8. Envío da documentación ó I.G.V.S.
  9. Obtención da cualificación provisional.
  10. Comezo da obra segundo ós criterios fixados no proxecto.
  11. Remate das obras e obtención da cualifiación definitiva despois de emitir o certificado final da obra por parte da Oficina de Rehabilitación.
  12. Abono da subvención aprobada.

A subvención á que ten dereito cada solicitante ten dous parámetros de máximos:Actualmente en Vilalba conviven dous tipos de achegas; as correspondentes á zona da A.R.I., mailas propias da delimitación do casco antigo delimitado. Ambalas dúas son compatibles, de tal xeito que un promotor de rehabilitación dun inmoble afectado polas dúas delimitacións poderáse beneficiar da suma das dúas posibilidades.
Subvencións propias da A.R.I.
1. 9.000,00€ IVE engadido
2. 80% do custe da obra IVE engadido

Subvencións propias da delimitación de casco antigo

1. por rehabilitación
1.1 24.000,00€ IVE engadido
1.2 80% do custe da obra IVE engadido
2. por renovación
2.1. 30.000,00€ IVE engadido
2.2. 80% do custe da obra IVE engadido

No caso da delimitación de casco antigo, é de salientar que os locais comerciais tamén poden acceder ao plan de rehabilitación

As rúas afectadas polo Plan de Rehabilitación son as seguintes:
Travesía dos Castros (n.c.)

Xosé María Chao Ledo (n.c.)
Calvario (n.c.)
Dos Pepes
Pravia (n.c.)
Galicia (n.c.)
Praza Suso Gaioso
Xosé Lois García Mato
Gabriel Pita de Veiga
Porta de Cima (n.c.)
Valeriano Valdesuso
Praza Santa María
Alférez López
Praza Coronel Pena
Concepción Areal
Sol
Da Pedra
Pedreiras (n.c.)
Tras do Poxigo
Ferrería (n.c.)
Cidade de Betanzos
Manuel Mato Vizoso
Travesía San Xoán
Praza San Xoán
Conde Pallares (n.c.)
Travesía Os Pasos (n.c.)
Travesía San Roque
Rúa Nova (n.c.)
San Roque
*(n.c.) non na súa totalidade

MARCO LEGAL:

  1. Art. 27 do Estatuto de Autonomía para Galicia, polo que a Comunidade Autónoma ten competencia en materia de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda
  2. Decreto 230/85, do 24 de Outubro, polo que a Xunta de Galicia asume as competencias en materia de vivenda, transferidas por Real Decreto 1926/85, do 11 de setembro
  3. O Concello de Vilalba é quén asume no municipio as competencias que a lexislación de Réxime Local establece en materia de vivenda.
  4. O Real Decreto 801/2005 do 1 de xullo, polo que se aproba o Plan Estatal 2005-2008, para favorece-lo acceso dos cidadáns á vivenda. O Real Decreto 14/2008, do 11 de xaneiro polo que se modifica o Real Decreto 801/2005 do 1 de xullo, polo que se aproba o Plan Estatal 2005-2008, para favorece-lo acceso dos cidadáns á vivenda.
    O Decreto 18/2006 do 26 de xaneiro polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real Decreto 801/2005
    O Decreto 157/2006, de 7 de septiembre, de rehabilitación y renovación de calidad de viviendas en el medio rural y en conjuntos históricos de Galicia.
  5. Real Decreto 2066/2008, do 12 de decembro polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.
  6. Resolución do 3 de xullo do 2009 de Subsecretaria, pola que se publica o Convenio de Colaboración enetreo Ministerio de vivendae a comunidade Autónoma de Galicia, para aplicación do Plan Estatal de Vivenda e Rehablitación 2009-2012

    Ordenanza Reguladora das Subvencións e actuacións urbanísticas na A.R.I., Zona amplaida e Casco Antigo delimitado do Concello de Vilalba (BOP 292 do 20 de decembro do 2008 – Lugo)

  7. O 27 de maio de 2002. Asínase un Convenio entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio de Fomento sobre actuacións protexidas en materia de Vivenda e Solo
  8. O 13 de xuño de 2002. Decreto 199/2002, do 6 de xuño, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia.
  9. O Concello na sesión celebrada o 3 de decembro de 1999, acorda solicitar, para a zona do Centro Histórico a Declaración de Área de Rehabilitación ó abeiro da Normativa estatal e autonómica do Plan de Vivenda 1998-2001, no 2002 declarouse Área de Rehabilitación ó casco antigo de Vilalba e zona ampliada

Datos do Servizo

JUSTO PORTELA FERNÁNDEZ arquitecto

SENÉN VILLARINO PAZ auxiliar administrativo

Enderezo

OFICINA MUNICIPAL DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO E ZONA AMPLIADA DE VILALBA
PRAZA DE ABASTOS S/N PLANTA ALTA
27800 VILALBA
Lugo

Teléfono

982 51 16 58

Fax

982 51 16 58

e-mail

rehabilita@vilalba.org