Protección civil


Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

A agrupación de voluntarios de Protección civil de Vilalba ten como principal obxectivo, garantir a seguridade e benestar, de todas as persoas é bens materiais nas emerxencias que, lóxicamente, acontezan no seu radio de acción.

Esta formación de voluntarios xunto co Grupo Municipal de Intervención “G.R.U.M.I.R” forma parte do organigrama de seguridade cidadá do Concello de Vilalba, colaborando activamente cos diferentes corpos de seguridade, Policía Local, Garda Civil e outros departamentos do concello.

A formación de voluntarios de protección civil en Vilalba ven levando a cabo dende hai xa máis de dez anos funcións de axuda ó cidadan ante calquera das situacións que asi o requiran. Sempre en coordinación coa Central de emerxencias 112 S.O.S. Galicia .O radio de acción circunscríbese ó termo municipal de Vilalba chegando a facer intervencións en toda a comarca da Terra Chá.

Dende hai uns anos póñense en fucionamento en Galicia os Grupos Municipais de Intervención Rápida G.R.U.M.I.R. que veñen a complementar con éxito as tarefas de prevención de riscos e actuacións de emerxencia , que poidan acontecer en materia de protección civil.
Estes grupos de emerxencia xunto cos voluntarios da agrupación garanten un servicio de auxilio ó cidadán, que está operativo as 24 horas durante todo o ano.
As tarefas que se veñen desenvolvendo son moi variadas, tales como a extinción de incendios, urbanos principalmente e forestais nos meses de verán , tendo para tales fins un camión motobomba e un vehículo de apoio. Así mesmo tamén se realizan tarefas de rescate en accidentes de estrada, contando cos medios axeitados para a excarceración dos feridos que así o precisen.
Outras funcións que desempeña a agrupación sempre co apoio do G.R.U.M.I.R. son as seguintes:

  • Operativos de seguridade vial no entorno dos centros educativos apoiando á Policía Local en labores de control de tráfico ou noutras tarefas que se precise.
  • Operativos programados como poden ser:
    • Coordinacción en actos multitudinarios , (actos culturais,relixiosos e sociais , acontecementos deportivos , recepción de autoridades, etc…) ofrecendo axuda ante calquera situación de risco , colaborando cos corpos de seguridade , Policía Local, Garda Civil, etc… coa fin de evitar posibles percances que impidan o seu normal desenvolvemento. 
    • En situacións de asolagamento, innundacións , situacións climatolóxicas adversas, os cidadans poden contar coa axuda de Protección Civil . En casos de illamento por mor de nevaradas, placas de xeo, tormentas, i en todas as situacións de emerxencia que poidan acontecer polos cambios climáticos.
    • En tarefas de revisión e prevención de emerxencias o persoal da agrupación realizará aquelas intervencións que se consideren urxentes, notificando ó servizo correspondente as que poidan programarse coa fin de evitar que se agrave a situación.
    • Neste apartado de prevención , incluense as seguintes actividades:
      • Formación do persoal , autoprotección e simulacros en colexios , revisión dos medios antilume (bocas de rego, extintores, etc…), e a colaboración coas forzas da orde na laboura de coordinación de entrada e saída de escolares.
      • Os voluntarios da agrupación teñen á súa disposición cursos programados de formación, sendo os mais habituais os de accidentes en estrada e de materia contra incendios, ademais doutros tamén moi importantes, como poden ser nocións de primeiros auxilios e socorrismo.
        Neste apartado de formación do persoal de Protección Civil, intentase acadar un nivel de preparación o máis alto posible, para así, poder actuar en toda clase de emerxencias coa máxima eficacia e rapidez.
        Protección Civil conta con diverso material para facer fronte ás posibles incidencias nas que se precise a súa intervención.
        Os medios cos que conta actualmente son:

      • Un camión motobomba dotado do material necesario para a extinción de lumes, tales como mangueiras e lanzas de diferentes calibres e tamaños , equipos autónomos de respiración , para autoprotección e outras ferramentas axeitadas para o servizo.
      • Un vehículo 4×4 dotado con diversas ferramentas para o rescate de accidentes en estrada, que, así mesmo, se utiliza como coche de apoio noutro tipo de emerxencias.
      • A dotación deste vehículo está composta dunha bomba hidráulica, que serve para dar servicio ás diversas ferramentas, usadas principalmente na excarceración de feridos en estrada, como poden ser cizallas , tesoiras de corte , gatos, etc… As cales por suposto forman parte desta .
        Tamén conta este vehículo con outro tipo de ferramentas manuais , (motoserra , machadas, chamaceiras, tacos de calzo, productos antivertidos, etc…) ademais do material de protección persoal, como equipos autónomos de respiración, traxes ignífugos, e toda a equipación persoal, que permita coa máxima seguridade i eficacia os labores deste servizo.
        Este vehículo tamén dispón dunha emisora para a comunicación entre os distintos locais e vehículos cos que conta a agrupación, ademais dunha radio Trunking, que se pode utilizar para a comunicación cos distintos departamentos de seguridade i emerxencias, 112 S.O.S. Galicia, servizo meteorolóxico, agrupacións de voluntarios, etc…
        Está equipado tamén, con todo o necesario para sinalizar o perímetro de acción dos diferentes servizos de emerxencia, coa fin de manter a integridade destes e dos suarios da vía no caso de accidentes en estrada.
      • A agrupación conta, así mesmo, con outros vehículos de apoio , entre os cales se atopan dúas motocicletas e dous quaks todoterreo , que nos permiten acceder a zonas de difícil situación xeográfica en emerxencias tales como, a busca de persoas desaparecidas, incendios forestais, labouras de prevención e conservación, etc…

    Para facer fronte as emerxencias ou catastrofes que poidan ocorrer o Concello de Vilalba ademais da agrupación de voluntarios o Concello de Vilalba dispón actualmente dun grupo profesional para o servicio de emerxencias denominado G.R.U.M.IR. (Grupo muninicipal de intervención rápida )
    O cal está operativo durante as 24 horas durante todo o ano .Este grupo está composto por 4 capataces e 11 auxiliares , con formación todos eles de segundo nivel en materia de incendios e accidentes en estrada, ademais de formación en primeiros auxilios.
    Este grupo de intervención, ademais de actuar en calquera tipo de actuación inmediata, tamén fai labores de revisión e prevención, así como outros servizos que o concello pon ó servizo do cidadán.
    Coa posta en marcha deste servizo de emerxencia o concello pode asumir con mais garantías, as posibles incidencias en materia de Protección Civil i emerxencias, ó contar con cun grupo de profesionais, que xunto ós voluntarios da Agrupación de Protección Civil, están operativos as 24 horas durante todo o ano para intervir, no caso de que se produza calquera tipo de accidente ou catástrofe.

    Na colaboración cos distintos corpos de emerxencia, Protección Civil, xunto co Grupo Municipal de Intervención Rápida ten diseñado un plan de distribución dos recursos humáns según o organigrama que sigue:

    COORDINADOR
    Presidente da Agrupación de Voluntarios

    GRUPOS DE INTERVENCION
    Xefe de Grupos de Intervención

    Voluntarios da Agrupación —— GRUMIR

    COMPOSICIÓN POR GRUPOS
    Agrupación de Voluntarios

    Presidente da Agrupación
    —————————————
    Xefe de Grupos de Intervención
    Xefe de Grupo Alpha —— Xefe de Grupo Bravo
    11 voluntarios —— 11 voluntarios

    Xefe de Grupo Echo —– Xefe de Grupo Delta
    11 voluntarios —– 10 voluntarios

    Grupo municipal de intervención rápida
    Integrado por 4 capataces e 11 auxiliares
    Grupo C1 – Grupo C2 – Grupo C3 – Grupo C4

    COMPOSICIÓN DA XUNTA DE PROTECCION CIVIL

    • Alcalde-Presidente do concello de Vilalba , ou concelleiro en quen delegue , que actuará como Presidente.
    • Concelleiro ou concelleiros con competencias en materia de Protección e seguridade.
    • Representante do órgano provincial da xunta de galicia con competencias en materia de Protección Civil.
    • Xefe de Policía Local.
    • Encargado de obras , como responsable municipal de obras é servicios.
    • Aparellador municipal , como responsable técnico municipal de seguridade.
    • O responsable técnico municipal de Servicios Sociais.
    • Os xefes dos grupos operativos locais previstos no P.E.M.U.
    • O delegado de sanidad , como autoridade civil municipal de Sanidade.
    • O responsable operativo da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
    • O xefe local dos corpos e forzas de Seguridade do Estado.
    • O Presidente da asemblea da Cruz Vermella.
    • Aqueles asesores técnicos que o presidente estime necesario , que participarán nas deliberacións é decisións da Xunta Local con voz pero sen voto.

    VOLUNTARIADO

    Protección Civil de Vilalba, como calquera outra formación de voluntarios, é unha asociación con fins humanitarios e de axuda ó cidadán , que sin ánimo de lucro intenta desempeñar este labor de axuda, e para este fin é moi importante a colaboración do persoal, que voluntariamente emprega parte do seu tempo libre nos labores que esta organización ven desempeñando.

    Calquera persoa que desexe facer un labor desinteresado e altruista pode pasar a formar parte da agrupación poñéndose en contacto coa agrupación é cumprindo unha serie de requisitos, como por exemplo a idade , sendo a idade mínima de ingreso os 18 anos, este, podería pasar a formar parte da agrupación, sempre con permiso dos pais ou titores, como voluntario colaborador.

    Outro requisito moi importante é co candidato se comprometa a desempeñar o seu labor de axuda ó cidadán, coa fin de garantir a protección das persoas é bens, ante os danos producidos polas situacións de emerxencia que poidan xurdir neste concello, realizando as tarefas que permitan evita-las citadas situacións, reducir os seus efectos, reparar os danos e, no seu caso, correxir as causas produtoras desta.

    Tódolos cidadans que desexen pasar a formar parte desta agrupación podense pór en contacto con dita agrupación, personándose na oficina que dita agrupación ten no edificio do Concello, ou ben por vía telefónica ou correo electrónico.

    Os candidatos so deberán de cubrir un documento de solicitude de ingreso, cos seus datos, (nome é apelidos , dirección, DNI, unha fotocopia do mesmo é un teléfono de contacto).

    Instalacións

      • Un taller , onde se fan as labouras de mantemento dos vehículos e maquinaria .
      • Unha base de operativos , a cal está composta por un posto de garda , un garaxe e locais habilitados para a estancia dos voluntarios de garda.

    O Concello de Vilalba , do que depende esta agrupación de Protección Civil , foi ó longo dos anos acondicionando locais nos que poder coordinar os traballos de voluntariado que se realizan dende a agrupación Local.

    Na actualidade dispónse de seis locais :

    • Unha oficina, onde se arquiva toda a documentación , ademais de recibir as demandas dos cidadans a través da liña telefónica.
      Dende aquí coordínase grande parte das tarefas e operativos.
    • Un almacén, neste local é onde se garda o material da agrupación, uniformes, traxes de autoprotección, materiais e ferramentas de traballo , etc…
    • Un posto de garda, este local está situado nas inmediacións da praia fluvial “Da Madalena” e nos meses de verán serve para a vixilancia , xa que nesas datas a afluencia de persoas adoita ser masiva.

    Protección Civil de Vilalba encargase a través do plan SA.PRA.GA. de velar pola seguridade dos bañistas e de todos os usuarios.

  • Un taller, onde se fan os labores de mentemento dos vehículos e maquinaria.
  • Unha base de operativos, a cal está conposta por un posto de garda, un garaxe e locais habilitados para a estancia dos voluntarios de garda.
  • Un local no albergue de peregrinos, no cal se atopa a terminal remota do que dispon a agrupación.
    Este terminal está conectado permanentemente coa central de emerxencias do 112 S.O.S.Galicia, e dende a cal se coordinan toda clase de operativos.
    Os voluntarios de Protección Civil teñen así unha lectura, case en tempo real, das incidencias que están a ocorrer, no lugar onde se atopasen no cumprimento do servizo, en calquera clase de intervención.
  • Memoria da Agrupación de Voluntarios de Protección Civíl
  • Datos do Servizo

    José Franco Criado
    Presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civíl

    Enderezo

    Agrupación de Voluntarios de Protección Civil
    Concello de Vilalba
    Praza da Constitución, 1
    27800 Vilalba
    LUGO

    Horario

    Servizo 24 horas

    Teléfono

    982.512595
    659.494969
    EMERXENCIAS 112 Teléfono da central de emerxencias S.O.S. Galicia (marque o 112 en caso de urxencia, chamada gratuíta)

    Fax

    982.511815

    Internet

    pcivil@vilalba.org