Policía local

O Corpo da Policía Local ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.

FUNCIÓNS DA POLICIA LOCAL
Circunscribíndose ó termo municipal de Vilalba, a Policía Local exerce as funcións asignadas polo artigo 53 da L.O. 2/1986, do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, que se enumeran a continuación:
  • Protección das autoridades da Corporación Municipal, e vixilancia dos edificios e instalacións de titularidade municipal.
  • Ordenación e regulamento do tráfico no casco urbano, en coherencia co establecido na normativa de seguridade.
  • Instrución de atestados por accidentes de circulación dentro do casco urbano.
  • Funcións de Policía Administrativa, no relativo ó control do cumprimento de ordenanzas, bandos e demáis disposicións municipais.
  • Funcións de Policía Xudicial cando son requiridas ou solicitadas directamente polos xulgados e nos demais casos como colaboradores das Forzas e Corpos de Seguridades do Estado.
  • Prestación de auxilio, nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas Leis, e na execución dos plans de Protección Civil.
  • Colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delictivos.
  • Vixilancia de espazos públicos e colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa Policía Autonómica na protección de manifestacións e no mantemento da orde pública, cando son requiridos para iso.
  • Cooperación na resolución de conflictos privados cando son requiridos para iso.

En síntese, preténdese, cos medios e recursos dispoñibles, dar cumprimento ás esixencias legais e ás demandas sociais.

MEDIOS HUMANOS

Actualmente o cadro de persoal da Policía Local de Vilalba está integrada por un total de 15 efectivos fixos distribuídos da seguinte forma:

  • 1 Sarxento Xefe.
  • 2 Cabos
  • 12 Gardas

MEDIOS MATERIAIS

Para o desenvolvemento das súas funcións a Policía Local conta con tres vehículos, un deles un todo-terreo, equipos de comunicacións portátiles, móbiles e de base así como varios equipos de medición da taxa de alcohol e de ruídos, e asemade elementos informáticos e material de sinalización.

Enderezo

Concello de Vilalba
Policía Local
Praza da Consitución, 1
27800 VILALBA
Lugo

Horario

Horario permanente de 24 h. todos os dias.

Teléfono

Teléfono Base:
982 510 767

Teléfono mobil (servizo permanente):
608 08 00 50