Mercados

Feiras e Mercados mensuais, Feira do Queixo, Feira do Capón.

Vilalba capital da comarca da Terra Chá, encrucillada de camiños, na que as xentes da comarca se dan cita para mercar os produtos que necesitan para a súa vida cotiá, e para satisfacer a súa curiosidade paseando por unha zona eminentemente comercial.Ademáis das feiras mensuais e mercados que se veñen celebrando, hai que destacar dous eventos que honran e prestixian dous produtos típicos de Vilalba a Feira do Queixo de San Simón da Costa, e a do Capón de Vilalba.
Detallamos a continuación as feiras que se fan en Vilalba:
FERIA DO QUEIXO DE SAN SIMÓN:
Celébrase na primeira semana de abril. Nesta feira véndense os queixos de S. Simón e outros produtos artesanais da comarca, facendo desta feira un lugar de reunión para degusta-los produtos típicos da comarca, e disfrutar da vila de Vilalba. En moitas ocasións faise unha feira medieval de produtos artesanais, e tamén se ameniza con gaitas, grupos de danza, o que fai desta feira unha festa na cal se pode disfrutar de todo o que ofrece a vila.
FEIRA DO CAPÓN:

Celébrase o domingo anterior á Noiteboa. A partir das nove da mañá xa están dispoñibles os capóns para poder ser adquiridos polo compradores que se desprazan de toda a xeografía española, para adquirir o precioso manxar.
Véndense sós ou por pares, alcanzando unha cotización de ata os 200 euros o par, o que dá idea da excelente calidade deste produto que ten unha longa historia, do cal temos referencias bibliográficas que nos falan da existencia de capóns na zona desde o ano 1521. Moitas destas referencias, sobre todo dos séculos XIX e XX, afirman que se usaban os capóns como “pagadores de rendas”, algo que nalgúns casos se segue mantendo na actualidade, conservándose esta tradición e satisfacendo desta forma o arrendamento de terras que realizan algúns dos criadores.
A Feria dos Capóns de Vilalba pode sobrepasar nuns 200 anos a súa antigüidade, pois nos libros do Concello de Vilalba aparecen as anotacións da feria do ano 1835. É a partir do ano 1965 cando se produce un incremento notable nos censos, e desde este momento o capón pasou de usarse para pagar a renda, a ser un produto máis comercial, orientándose para a obtención dun beneficio económico. Na actualidade o número de capóns que se pon á venda ronda os 2.000 exemplares.

FEIRAS MENSUAIS:

– “A FEIRA”, celébrase o 1º DOMINGO DE MES, non coincidindo co día 1, senón transládase ó día 8. Nesta feira aproveitan as xentes do lugar para vender os produtos das súas explotacións (ovos, coellos, queixos, carne elaborada artesanalmente, etc). Tamén hai feira de gando, destacando a dos porcos e ovellas, e tamén hortalizas (repolos, cebolas, etc), sobre todo, coincidindo coas datas primaverais.

Por outra banda, tamén se instalan tendas ambulantes de roupa, calzado e froitas, que fan deste día unha reunión dos veciños e veciñas de toda a comarca, especialmente dos concellos limítrofes, os cales aproveitan para facer as compras habituais das súas casas.

– “O FEIRÓN”, celébrase o TERCEIRO MARTES COMPRENDIDO ENTRE OS DÍAS 17 e 22, e ten características similares ás da feira, diferenciándose o feirón da feira en que esta ten un aspecto lúdico festivo, ó coincidir en domingo, e o feirón é máis comercial.

MERCADOS SEMANAIS:

– Todos os martes e venres de cada semana faise un mercadiño nos baixos da Praza da Constitución, poñendo postos nos cales se sitúan os comercios ambulantes (froitas, verduras, calzado, roupa, etc).

Instalacións

INSTALACIÓNS PARA AS FEIRAS:

– Espazo dedicado ás feiras mensuais, situado na rúa de Campo da Feira. Neste recinto existen naves cubertas para albergar o gando (ovellas, cabras, porcos, vacas) e os diferentes produtos do campo que se comercializan na feira. Tamén se instalan as polbeiras, e outras tendas de produtos típicos da feira neste recinto e arredores, especialmente na rúa do Calvario.

-Praza de Coronel Pena, ou “das mulleres”: Aquí comercialízanse ovos, pitos, coellos, carne de porco salgada, mel.

-Praza de San Xoán, ou “do froito”, na cal se comercializa trigo, millo, patacas.

-Praza de Santa María, na cal se comercializan verduras e froitas principalmente.

INSTALACIÓNS PARA OS MERCADOS SEMANAIS:

– Baixos na Praza da Constitución, nos cales se sitúan os comercios ambulantes (froitas, verduras, calzado, roupa, etc).

INSTALACIÓNS PARA A FEIRA DO QUEIXO E DO CAPÓN:

– Praza da Constitución, colocándose nos soportais da mencionada praza os diferentes postos de venda do produto, e no caso da Feira do Capón, celébrase nuha grande carpa na praza da Constitución.

Datos  do Servizo

Chery Grandio Pardo
Concelleira de Feiras e Mercados

Enderezo

Concello de Vilalba
Departamento de Feiras e Mercados
Praza da Constitución, 1
VILALBA (Lugo)

Teléfono

982-510305
982-510716
982-510761

Fax

982-511815