Ruídos

Estudos médicos e científicos, demostraron que o “ruído” é a causa dalgunhas enfermidades psíquico-físicas.

A ordenanza municipal, sensible a esta forma de contaminación, articulou no seu Libro I, Título I, artigos 5º ó 17º a intervención municipal, diferenciando os niveis máximos en decibelios, tanto en horario diúrno (de 8 a 22 h) coma no resto do horario, considerado nocturno.

Tamén diferencia o nivel de ruídos transmitidos desde o exterior a diferentes establecementos como poden ser centros médicos, relixiosos, hospedaxes e viceversa.