Esparcemento

Non debemos pensar que o medio ambente é só unha carga, unha tarefa inacabable, senón máis ben para o noso disfrute personal. Para iso o concello acometeu varias obras, entre as que podemos subliñar as seguintes:

  • Paseo Fluvial de Vilalba, que vai dende a Praia Fluvial de Vilalba ata o “Muiño do Rañego”. Está en proxecto que sexa ampliado desde a Praia Fluvial ata “A Ponte dos Freires”, situada na estrada Vilalba-Ferrol.
  • O acondicionamento da “Charca do Alligal”, situada na parroquia de Codesido, coñecida en toda a comarca polas súas augas medicinais.
  • Acondicionamento do Camiño de Santiago, especialmente en: “A Ponte de Martiñán”, “A Ponte Rodriguez” e “A Ponte de Saa”.
  • Acondicionamento da “Ruta do Monseiváne”, monte singular do noso municipio, desde onde se pode apreciar toda a extensión da comarca da “Terra Chá”.