Augas

A auga, fonte e sustento da vida, e o ben máis prezado da humanidade e a pesar de que as 2/3 partes do planeta está cuberto dela, só o 1% é potable.

A empresa responsable da xestión da auga e rede de sumidoiros de Vilalba é ESPINA & DELFIN, con oficina de atención ó público na rúa Campo de Puente, 85, de Vilalba. Teléfono: 982 512546.

A súa potabilización para o casco urbano de Vilalba realízase en dous puntos:

  • Na presa de Pardasalvas, a cal só necesita cloro para a súa potabilización, que dende alí baixa ós depósitos de Lanzós, para chegar ata a localidade de modo subterráneo.
  • Depuración e `potabilización da auga nas “Cañotas”, en Lanzós, desde onde tamén se traslada ós depósitos de Lanzós.

Durante o ano 2.003, subministráronse a Vilalba un total de 581.671 metros cúbicos de auga.

Para a depuración das augas utilizadas, o Concello dispón de dúas estacións depuradoras. Unha delas é xestionada pola empresa “Leche de Galicia”, situada no barrio de Sancovade, empregada para o seu uso exclusivo, e a outra na saída de Vilalba cara a Baamonde, a cal se encarga de recepcionar os vertidos que chegan a través dos sumidoiros.