Residuos Urbanos

O Concello de Vilalba, a través do contrato en réxime de concesión administrativa de xestión do servizo de limpeza, recollida domiciliaria de lixo, subministro-distribución e mantemento de recipientes normalizados e transporte de residuos do Concello de Vilalba, que tén coa empresa URBASER SA dende o 29/09/2000, dá cumprimento ás obrigas que lle corresponden segundo o establecido na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, a Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia, entre outras, sobre medio ambiente e especialmente co disposto no convenio de adhesión do Concello de Vilalba ó convenio marco que a Xunta de Galicia ten asinado coa empresa ECOEMBES SA, sociedade anónima sen ánimo de lucro, constituída para dar cumprimento ás obrigas das súas empresas adheridas baixo a Lei de envases, garantindo no ámbito da CC.AA. de Galicia o cumprimento dos obxectivos de reciclado, valorización, etc.

Para iso, o largo destes anos, foise distribuindo e ampliando periódicamente a dotación de colectores tendo actualmente un total de 1375 colectores verdes para orgánicos, 133 amarelos de 800 litros para envases de plástico, latas e bricks, 70 azuis para papel e cartón e outros 47 para vidro.

O citado convenio marco, ten por obxecto regular a participación da C.A. e das Entidades Locais no sistema integrado de xestión de residuos de envases e envases empregados de Ecoembes en Galicia.

A empresa URBASER encárgase da recollida dos residuos sólidos urbanos (vidro, envases de plástico, latas e bricks e residuos orgánicos) e trasládaos á ecoplanta que a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) ten na cidade de Lugo, desde onde se traslada á central que a dita sociedade ten en Cerceda (A Coruña).

Con SOGAMA asinouse un acordo o 24 de setembro de 2.001, mediante o cal se fai cargo da xestión do sistema integral de xestión de residuos sólidos urbános.

Todo o anterior levounos a conseguir xa hai tempo o peche e selado do vertedoiro da “Legua Dereita”.

Actualmente, a empresa Ambigal 360 é a encargada da recollida dos colectores selectivos de papel e cartón no concello, con periodicidade semanal e tamén, da recollida porta a porta de cartón nos comercios locales adheridos a dito servicio; iniciativa que comenzou en outubro do 2017 e que está tendo moi boa acollida por parte dos cidadáns dado o aumento do reciclaxe deste residuo nun 30% no que vai de ano en referencia co anterior.