Residuos de Plásticos Orgánicos

QUE FACEMOS

As cidades e pobos de España deben orientarse a escenarios máis sostibles para resolver os problemas ambientais, sociais e económicos que afectan á calidade de vida dos cidadans. Débese conseguir un urbanismo que fomente o modelo de cidade compacta, complexa e cohesionada socialmente, que fomente o aforro enerxético, a mobilidade sostible, a construción eficiente enerxeticamente e que se desenvolva  a implantación de enerxías renovables a nivel local.

A economía circular é a palabra de moda. Investigadores, emprendedores, administracións públicas ou empresas  incluímolo no noso vocabulario diario, pero qué é?

É unha estratexia que ten como obxetivo “a produción de bens e servizos ao tempo que reduce o consumo e o desperdicio de materias primas, auga e fontes de enerxía”.

En definitiva, trátase dun sistema de aproveitamento de recursos onde prima a redución dos elementos, así que se presente como unha alternativa ao actual modelo de produción e consumo. Esto é así porque todos os procesos de fabricación de bens ou servizos implican un coste ambiental, non só a  hora de producir o ben, senón tamén unha vez que acaba o seu ciclo de vida. Para minimizalo, a economía circular aboga pola optimización dos materiais e residuos, alongando a súa vida útil. De este modo fúxese do actual sistema lineal de ‘usar e tirar’ e apóstase por outro basado na prevención, a reutilización, reparación e reciclaxe que permite dotar aos materiais  unha segunda vida.

O Concello de Vilalba, ten establecido ata o momento, dúas recollidas ao ano para a retirada dos plásticos agrícolas producidos no concello, unha na tempada de abril-maio e outra na tempada outubro-novembro.

Establécense sempre bandos para o depósito de ditos plásticos nos 40 puntos de recollida que hai ao longo de todo o concello; posteriormente a este depósito, a empresa encargada da recollida pasa por ditos puntos ata o termo da xestión destes plásticos.

Estánse a crear varios puntos de acopio no concello para retirar este tipo de recollida e que os cidadáns teñan á súa disposición, o longo de todo o ano, puntos de acopio para este tipo de residuos plásticos.

LIGAZÓNS

CONTACTO