InicioServizosMedio Ambiente

Medio Ambiente

As cidades e pobos de España deben orientarse a escenarios máis sostibles para resolver os problemas ambientais, sociais e económicos que afectan á calidade de vida dos cidadans. Débese conseguir un urbanismo que fomente o modelo de cidade compacta, complexa e cohesionada socialmente, que fomente o aforro enerxético, a movilidade sostenible, a construción eficiente enerxéticamente e que se desenvolva  a implantación de energías renovables a nivel local.

A economía circular é a palabra de moda. Investigadores, emprendedores, administracións públicas ou empresas  incluímolo no noso vocabulario diario, pero qué é?, é unha estratexia que ten como obxetivo “a produción de bens e servizos ao tempo que reduce o consumo e o desperdicio de materias primas, auga e fontes de enerxía”.

En definitiva, tratase dun sistema de aproveitamento de recursos onde prima a redución dos elementos, así que se presente como unha alternativa ao actual modelo de produción e consumo. Esto é así porque todos os procesos de fabricación de bens ou servizos implican un coste ambiental, non só a  hora de producir o ben, sinon tamén unha vez que acaba seu ciclo de vida. Para minimizalo, a economía circular aboga pola optimización dos materiais e residuos, alargando a súa vida útil. De este modo fúxese do actual sistema lineal de ‘usar e tirar’ e apóstase por outro basado na prevención, a reutilización, reparación e reciclaxe que permite dotar aos materiais  unha segunda vida.

ENLACES DE INTERESE: