Galego
Gabinete de Asesoramento Lingüístico
O departamento de Normalización Lingüística naceu do compromiso dos concellos galegos na normalización e emprego da lingua galega en todas as documentacións e publicacións que se realicen nas Administracións Galegas.
Froito disto acordouse plenariamente asumir este compromiso, así como solicitar do Goberno Galego subvencións para manter este servicio operativo máis alá de situacións concretas que precisasen da asistencia dun asesor en lingua galega .
Normalización Lingüística realiza no Concello os seguintes labores:
- Asesora e normaliza a documentación que se xera no Concello, tanto para uso interno como a que se envía ós distintos organismos e particulares.
- Contribúe a normalizar e difundir a lingua dentro do propio Concello.
- Colabora con asociacións e entidades culturais na extensión do uso do galego.
- Asesora lingüisticamente ós tribunais e comisións de selección de personal.
- Corrixe e traduce as guías turística, páxinas web e outras publicacións do Concello.
Enderezo
Casa do Concello.
Praza da Constitución, 1
VILALBA (Lugo)Teléfono
982 510305
Fax
982 511815



