InicioServizos Formación e EmpregoServizo de Orientación Laboral

Servizo de Orientación Laboral

Coñecedores das dificultades que se desprenden do proceso normal de búsqueda dun emprego o Concello de Vilalba co fin de axudar á consecución efectiva dun posto de traballo para os seus veciños e veciñas, pon en marcha o Servizo de Orientación Laboral.  O eixo fundamental deste servizo é a orientación na planificación activa para buscar un emprego. De tal maneira, deséñanse programas e itinerarios individualizados de información e inserción profesional, que inclúen o asesoramento na realización do currículo, a valoración do perfil e da cualificación profesional xunto ca orientación na entrevista de traballo e noutras técnicas e ferramentas que nos permitan acadar un emprego axeitado ó perfil formativo e profesional.

O Servizo de Orientación Laboral do Concello de VILALBA parte dunha iniciativa de colaboración entre a Consellería de Traballo e o Concello de Vilalba para dar cobertura ás necesidades reais de emprego da nosa población. Baséase nunha serie de principios: información, orientación e busca activa de emprego, que buscan mellorar a ocupación dos desempregados, en particular e, de todos os traballadores, en xeral.

Os obxectivos sobre os que se asentan os piares deste servizo, en consoancia cos definidos pola Consellería de Traballo nesta materia, son:

  • Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional
  • Actualizar e activar o currículum vitae de cada demandante
  • Optimizar a oferta formativa existente
  • Compatibilizar a demanda da persoa coa oferta existente
  • Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer ás persoas usuarias o seu nivel de cualificación e potencial laboral

As accións de orientación laboral da persoa desempregada pasa normalmente por un proceso activo que cubre os seguintes pasos:

  • Comeza pola entrevista persoal, onde se trata de coñecer en detalle o perfil profesional e ocupacional.
  • Realízase, a continuación un Itinerario de Inserción Laboral, específico para o/a usuario/a, a través da análise das capacidades e habilidades recollidas na entrevista e concretando laborais e/ou formativas concretas, se é o caso.
  • Despois recibe información profesional dentro do espacio territorial da súa busca de emprego.
  • E, por último comeza a busca activa de emprego. Trátase de organizar e planificar a busca de emprego asesorado polo técnico que coordinou todo o proceso.

O acceso a accións de orientación laboral para persoas demandantes de emprego realízase a través do seu centro titor do Servicio Galego de Colocación ou de calquera Oficina de Emprego ou no propio servizo, ubicado nas dependencias do Concello de vilalba.

PERSOAL

TÉCNICO DE EMPREGO TÉCNICO ORIENTACIÓN LABORAL
HORARIO: De luns a venres de 9:00 a 14:00 h. HORARIO: De luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Teléfono de contacto: Teléfono de contacto:
E-Mail: adl@vilalba.es E-Mail:orientacion.laboral@vilalba.es