InicioServizos Formación e EmpregoProxectos: Obradoiros de Emprego

Proxectos: Obradoiros de Emprego

Obradoiros de emprego

Son programas públicos de emprego-formación que teñen como finalidade a inserción laboral de desempregados que teñan 25 ou mais anos, mediante a súa cualificación profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública.

Poden promovelos os órganos, organismos autónomos e entes públicos da Administración Xeral do Estado e da Comunidade Autónoma; Tamén, as entidades locais e os seus organismos autónomos e as fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

As súas áreas de actuación estan vencelladas cos servizos de:

  • Utilidade colectiva (rehabilitación do patrimonio histórico, artístico, cultural ou natural; xestión de residuos e augas, protección do medio ambiente, etc.)
  • Ocio e culturais (promoción do turismo e desenvolvemento local e cultural).
  • Persoalizados de carácter cotián (coidado dos nenos, prestación de servizos de axuda a domicilio a persoas discapacitadas ou terceira idade, etc.)

Os requisitos para poder participar nun proxecto destes son:

  • Ter 25 ou máis anos.
  • Estar desempregado e inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Preferentemente, non ter participado noutro Obradoiro de Emprego.

Terán preferencia para participar nestes proxectos as persoas que, reunindo os requisitos xerais establecidos e, se é o caso, tendo prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como: as persoas mozas menores de trinta anos, as mulleres en xeral, as mulleres vítimas de violencia, os traballadores/as que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, as persoas paradas de longa duración, as persoas maiores de corenta e cinco anos, as persoas con discapacidade, sempre que poidan realizar os traballos e as persoas pertencentes a outros colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente beneficiarios/as da renda de integración social de Galicia.

As entidades promotoras, ademais da formación profesional, proporcionan aos alumnos e alumnas formación empresarial e coñecementos básicos en seguridade e saúde no traballo, orientación laboral e asesoramento sobre saídas profesionais.

Así mesmo, aos alumnos e alumnas que non teñen rematada a educación obrigatoria, ofréceselles a oportunidade de completala mediante clases específicas.

Desde o inicio da súa participación no obradoiro de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade do contrato para a formación. A duración dos contratos de traballo subscritos co alumnado-traballador non poderá exceder a data de remate do obradoiro de emprego. Nestes contratos para a formación que a entidade promotora subscriba co alumnado-traballador participante nos obradoiros de emprego, a Consellería de Traballo e Benestar subvencionará o 150% do salario mínimo interprofesional anualmente establecido, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

Obradoiro de emprego CONCELLO DE VIALLBA:

  • Dixitalización de Arquivo
  • Taller / Desbroce

Obxectivos: 

  • Formación de demandantes de emprego maiores de 18 anos
  • As especialidades formativas nas que se van formar
  • dixitalizacion ( explicacion breve do que é)
  • desbroce