Acceso á Administración Pública

As diferentes Administracións públicas (concellos, comunidades autónomas, administración central,...) son unha importante fonte de emprego e ofrecen regularmente postos de traballo nas ocupacións máis diversas (ensino, sanidade, transporte, traballo administrativo, etc.)

Ao emprego público accédese mediante:

  • Oposición: as notas obtidas en un ou en varios exames son ó único criterio para outorgar prazas ós participantes. Esta é a forma de acceso máis habitual.
  • Concurso de méritos: as bases da convocatoria establecen cal é o baremo para valorara os diferentes méritos que se consideran válidos.
  • Concurso-oposición: mestura das dúas anteriores: obtense unha puntuación pola valoración de méritos e engádese a puntuación obtida na oposición.

É importante coñecer todo o proceso para acceder ao emprego público.

Proceso para acceder ó emprego público

    1. Oferta de emprego público. Aparecerá no Boletín Oficial do Estado dentro do primeiro trimestre do ano, a nivel autonómico publicarase en cada boletín e non existe un prazo para iso.
    2. Convocatoria. É o chamamento público a tódolos interesados en presentarse á oposición. Publícanse as bases da oposición onde se especifican os requisitos para poder presentarse, a forma de cumprimentar a instancia, as taxas a pagar, o prazo do que dispoñemos para presentar a instancia, as probas e exercicios ós que nos vamos a enfrontar e o temario a preparar.
    3. Presentación de instancias. Punto fundamental; se non presentamos correctamente a instancia non poderemos presentarnos á oposición, tendo que esperar á seguinte convocatoria. O prazo é case sempre de 20 días naturais.
    4. Listas provisionais. Se aparecemos nas listas de admitidos todo é correcto. No caso de aparecer na de excluídos é que non reunimos os requisitos (non haberá nada que facer) ou cometemos algún erro ou omisión relativo á instancia, dispoñeremos de dez días para subsanar o erro.
    5. Listas definitivas. De ser excluído, comprobaremos que o subsanar o erro figuramos nas listas definitivas de admitidos. No caso de volver a aparecer na de excluídos xa non hai ningunha posibilidade de presentarnos á oposición. Xunto con estas listas adóitase publicar a data, hora e lugar no que se realizará o primeiro exercicio.
    6. Exercicios da oposición. Dependendo da praza poden ser un ou varios e de distinto tipo, a desenvolver, de respostas alternativas, probas físicas, etc.
    7. Aspirantes que superaron a oposición. Será unha lista formada por tantos opositores como prazas hai, nin un máis.
    8. Presentación de documentos. Dispoñeremos, normalmente, de vinte días para presentar tódolos documentos esixidos nas bases.
    9. Nomeamento ou toma de posesión. Dispoñeremos duns días para incorporarnos ó posto que nos corresponda.

Antes de comezar a preparar unha oposición debes saber como as podemos clasificar, de cara a elixir a máis axeitada.

 

Clasificación oposicións

  • Segundo o seu ámbito:
    • Locais (Concellos, deputacións, universidades).
    • Autonómicas (Podes presentarte en varias se non coinciden as datas de exame).
    • Nacionais (Son máis prazas pero é unha oportunidade por ano).
  • Segundo a titulación requerida:
Grupo A (Técnico Superior) Licenciado universitario (ou doutorado)
Grupo B (Xestión) Diplomado universitario ou Enxeñeiro técnico
Grupo C (Administrativo) Bacharelato superior ou ciclo superior de Formación Profesional
Grupo D (Auxiliar administrativo) Graduado escolar, Graduado en ESO ou ciclo medio de Formación Profesional
Grupo E (Subalterno) Certificado de estudos primarios

Tamén temos que ter en conta que existen oposicións que requiren unha titulación específica coma, por exemplo, a de auxiliar de enfermería, a de avogado do estado, etc.

Para participar nas distintas formas de acceso ás Administracións Públicas hai que estar ben informado da convocatoria, que estea actualizada e completa; é importante consultar sempre as fontes oficiais e informarse ben sobre a documentación que hai que presentar e os prazos dos que se dispón.

Os contratos coa Administración poden ser indefinidos ou temporais e estar suxeitos á normativa laboral (Estatuto dos Traballadores) ou ben á normativa administrativa (Lei da Función Pública); no primeiro caso falaremos de persoal laboral e no segundo de persoal funcionario.