Entrevista de traballo

Dende o punto de vista da empresa, o obxectivo principal da entrevista é un encontro cara a cara que permite medir e avaliar a túa candidatura para un posto determinado.

Trátase de saber se tes as aptitudes e experiencia necesarias para optar ó cargo e se éstas poden ser proveitosas para a empresa.

Un segundo propósito é comprobar se podes encaixar na empresa segundo o teu estilo persoal, temperamento e habilidades sociais.

Para rematar, a través da entrevista, a empresa obtén información que lle permite comparar os teus puntos fortes e débiles cos dos outros candidatos.

Dende o teu punto de vista, o obxectivo da entrevista é obter unha oferta de emprego e demostrar que es o mellor candidato. Ademais, a entrevista pode servirche para comprobar a túa compatibilidade co empregador potencial e a súa empresa.

O contexto da entrevista é evidentemente diferente cando esta se produce tras unha contestación a un anuncio ou tras o envío dunha candidatura espontánea.

Cando entras no despacho do entrevistador, xa coñeces a necesidade da empresa e a entrevista estará marcada por unha forte presión xa que o obxectivo do seleccionador será avaliar a túa candidatura respecto a un perfil ideal, e respecto ó perfil dos teus competidores. Deberás amosar, non só que encaixas perfectamente coas necesidades da empresa, senón que o fas mellor ca outros candidatos. No caso de producirse a entrevista tras o envío dunha candidatura espontánea, ó enquisador chamaríalle a atención a calidade da túa candidatura e estará interesado en coñecerte, sen ter unha idea precisa do que lle vas a propoñer. A relación será máis igualitaria, marcada por un intercambio profesional.

Puntos a ter en conta:

  • A preparación da túa entrevista de traballo.
  • Tipos de entrevista.
  • Fases da entrevista.
  • Como actuar nunha entrevista de traballo?
  • Comunicación non verbal.
  • Comunicación verbal.
  • Outros consellos.

A preparacion da túa entrevista de traballo

A entrevista é decisiva e debe prepararse adecuadamente.

Fai unha especie de autoanálise e busca tódolos datos e elementos sobre ti mesmo; aqueles que o entrevistador tratará de indagar; repasa, ademais, o currículo que enviaches (isto che dará máis seguridade para dialogar e argumentar mellor as túas ideas).

Convén, tamén, que saibas explicar a función que queres desempeñar na empresa, así como a evolución profesional que che gustaría seguir e en que prazo de tempo. Prepara con moita antelación esta parte da entrevista porque é moi reveladora da idea que tes de ti mesmo, o teu dinamismo e o teu grao de competitividade.

Para poder contestar con criterio ás preguntas do enquisador sobre expectativas profesionais na empresa, convén que teñas informacións concretas sobre as súas actividades, marcas, produtos, plantilla, etc.

Recolle tódolos datos posibles referentes á empresa a través da prensa xeral e/ou especializada, a través de Internet ou solicitando esta información directamente á propia empresa ou algún tipo de asociación empresarial.

Unha vez reunida toda a información sobre a empresa, terás que analizala para facerte unha idea ó respecto da súa actividade, a súa importancia no sector económico o que pertence, a súa imaxe, progresión e futuro.

Tódolos datos obtidos ó longo das túas diversas lecturas permitíranche desenvolverte cunha maior soltura durante a entrevista, dando ó teu discurso maior peso específico.

¿Que datos debe conter unha ficha de información sobre unha empresa?: Nome e enderezo, produtos e servizos, volume de actividade, tamaño (non de almacéns, senón de planta, empregados, sucursais, etc.), estrutura, departamentos de interese para traballar unha persoa das túas características, tecnoloxía, breve historia, vende a ..., exporta a ..., fai publicidade, política de persoal.

En conclusión, unha boa preparación é imprescindible para lograr que a túa entrevista de traballo te distinga dos demais candidatos para o posto que ti desexas.

Adícalle todo o esforzo necesario porque os teus competidores poden ter un currículo tan bo coma o teu

Tipos de entrevista

Existen tantos tipos de entrevista como empresas. De seguido expoñémosche algunhas das máis habituais.

Entrevista de selección:

É a máis frecuente e adoita utilizarse para recrutar persoal en plantilla. A través de esta entrevista valórase a túa experiencia e personalidade. Buscando as posibles lagoas da túa formación: compáranche con outros candidatos e descobren os teus puntos débiles e fortes.

Este tipo de entrevistas poden realizarse de tres formas diferentes:

  • Entrevista directiva: o enquisador levará a iniciativa e tomará as rendas de principio a fin e, para iso, farache unha serie de preguntas.
  • Entrevista non directiva: o entrevistador darache a iniciativa a ti, e deberás desenvolverte pola túa conta.
  • Entrevista mixta: a entrevista terá un carácter máis informal, e o enquisador empregará fórmulas indirectas para sondarte respecto as túas motivacións e utilizará as vías directas de obtención de datos para conseguir informacións precisas sobre ti.

Entrevista en profundidade:

É aquela destinada a comprobar os teus coñecementos técnicos e profesionais e, nela, ponse de manifesto o teu grao de especialización e posta ó día.

Adoitan estar dirixidas polo director de liña e nela se avalían as túas habilidades interpersoais e experiencia. Para iso, o seleccionador centrarase en puntos específicos, buscando evidencia dos teus coñecementos técnicos e funcionais, de casos resoltos por ti e do grao de dificultade que supoñían.

Ademais, o enquisador falarache da situación actual e futura da empresa e o seu sector. Se o entrevistador é o directivo con poder de contratación, non esquezas amosar o teu interese pola súa experiencia e antecedentes, escoitándolle atentamente para indagar o que espera de ti e obter informacións que che serán de utilidade.

Recomendámosche que prepares unha lista de vinte ou vintecinco preguntas básicas que che permita, no transcurso da entrevista, a lo menos dende a perspectiva do teu entrevistador, obter unha visión clara do posto, do perfil requirido e da empresa.

Entrevista múltiple ou en panel:

Pode tratarse dunha entrevista única ou dunha serie de entrevistas, nas que varios enquisadores sondaranche dende as súas respectivas responsabilidades. Están dirixidas case sempre por directores de liña e persoal ou directores de departamento.

Entrevista en grupo:

É aquela que se emprega cando o perfil do posto de traballo o require ou cando existe un número elevado de candidatos para o mesmo posto.

Entrevista por teléfono:

En xeral deben evitarse as entrevistas de este tipo. Deben realizarse unicamente despois de enviar unha carta de promoción a raíz dos teus contactos persoais ou cando obtiveras información indirecta sobre algunha empresa que desexa ampliar o seu cadro de persoal ou cubrir un determinado posto.

A entrevista por teléfono permitirache recoller información da empresa (confirmación de datos, nome e cargos, postos ofertados, etc.) e xerar expectación en torno a túa candidatura. Hai que procurar dar só a información necesaria para despertar o interese do interlocutor e conseguir unha entrevista persoal.

O mellor achegamento consiste en poñerte no lugar da persoa a quen te dirixes, considerando tódalas defensas que utilizarías para non conceder a entrevista e, logo, decidir que estratexia vas a seguir.

Fases da entrevista

  • Fase de acollida: Saúdo, sentarse (cando cho indiquen) e charla introdutoria (fase social).
  • Fase informativa: Definir o obxectivo da entrevista ¿por que estamos aquí? E ¿que é o que se espera do candidato?. Definición da situación (regras de xogo).
  • Pregunta aberta: Por exemplo ¿que lle motiva a presentarse a este posto? “cónteme algo dos seus estudos”.
  • Fase de preguntas: Grandes áreas ou variables.
  • Peche (tamén fase informativa): preguntas ó enquisador, ¿que pasará agora?, recapitulación dos teus puntos fortes (breve porque estás seguro de que encaixarías no posto).
  • Despedida.

¿Cómo actuar nunha entrevista de traballo?

Leva sempre o D.N.I., certificados de estudos, diplomas, varias copias do currículo, é dicir, toda a documentación que acredita a túa formación e experiencia laboral.

Respecto ó aspecto persoal pensa que a primeira impresión ten moita importancia e estará baseada principalmente na túa aparencia exterior.

Para isto vai ben peiteado, coida a limpeza e a forma de vestir(o grao de formalidade dependerá de cada traballo, mais evita as cores e elementos novos. Aínda que é preciso coidar estes aspectos, debes de sentirte a gusto coa roupa).

Comunicación non verbal.

No momento da entrevista son moi importantes as túas aptitudes para a comunicación, pero pensa que vos ides comunicar tanto mediante palabras coma mediante xestos e actitudes non verbais.

A persoa hábil expresa coa súa cara, mans, xestos, mirada, comportamento espacial, aparencia e contacto persoal, un sentirse a gusto consigo mesmo. Establece un bo contacto visual, permanece erguido, fala cun ton de voz firme e confiado e suficientemente alto para que sexa oído polo auditorio. As pausas, entoación e énfases que pon nas súas mensaxes son adecuados o contido destas. Nunha palabra, o seu corpo expresa comodidade, relaxación e firmeza.

A mirada: 

Este elemento non verbal é fundamental na avaliación condutal de habilidade social; case tódalas interaccións dos seres humanos dependen de miradas recíprocas. A mirada indica que estamos atendendo ós outros e se emprega na recepción dos sinais non verbais dos demais; é especialmente importante para regular e manexar as quendas de palabra.

A cantidade e o tipo de mirada comunica actitudes interpersoais. Unha intensa mirada fixa indica sentimentos activos duna maneira amistosa, hostil ou temerosa, mentres que desviar a mirada vai unido a timidez, superioridade ocasional ou submisión. A opinión máis común que a xente extrae cando alguén non o mira ós ollos, é que está nervioso e lle falta confianza en si mesmo.

Polo tanto, durante a entrevista trataremos de mirar ó entrevistador directamente ós ollos, pero tendo en conta que nisto, como en case todo, hai un punto medio.

A expresión facial:
A cara é o principal sistema de sinais para amosar as emocións ademais de seres o área máis importante e complexa da comunicación non verbal.

Hai seis principais expresións das emocións, en tres áreas da cara, responsables da súa manifestación. As seis emocións son: alegría, sorpresa, tristeza, medo, ira e desprezo; e as tres rexións faciais: cabeza/cellas, ollos/pálpebras e a parte inferior da cara.

As condutas habilidosas requiren unha expresión facial que estea de acordo coa mensaxe.

A postura corporal:

É a posición do corpo e dos membros, a forma como se senta a persoa, como está de pé e como pasea e reflexa as súas actitudes e sentimentos sobre ela mesma e a súa relación cos outros.

Unha inclinación para diante comunica unha actitude relativamente positiva, mentres que unha inclinación para atrás ou verse de cara a outro lado comunica unha actitude máis negativa.

Mediante a postura corporal xeral dunha persoa pódese advertir o seu estado emocional, por exemplo se está tensa ou relaxada. Unha postura activa e erecta, dando a cara a outra persoa directamente, engade máis asertividade á mensaxe.

Os xestos:

A actividade verbal e xestual poden relacionarse de diversas formas. A xestual pode apoiar e amplificar a verbal ou ben pode contradicir a verbal. Despois da cara, as mans son a parte do corpo máis visible e expresiva, aínda que se presta moito menos atención a elas que á cara.

Os xestos, xunto co tempo de fala, a mirada e os sorrisos, están correlacionados de xeito positivo.

Distancia / Proximidade:

Hai unha serie de formas implícitas dentro de calquera cultura que se refiren ó campo da distancia permitida entre dúas persoas que falan. Se a distancia entre as dúas persoas que falan excede ou é menor de estes límites, entón se infiren ou provocan actitudes negativas.

Comunicación verbal

  • Non trates de ti ó entrevistador.
  • Cando chegues e cando te vaias saúda verbalmente, da a man con tranquilidade e sonrie.
  • Fala o xusto, resposta as preguntas (evita os monosílabos); cando non entendas algunha pregunta pide que cha repitan.
  • Que o teu ton de voz non sexa agresivo, pero tampouco baixo.
  • Non empregues xergas, nin supoñas que o enquisador e o teu amigo.
  • Non mintas.
  • Nunca confeses problemas persoais ó entrevistador.
  • Cando fales da túa familia ou vida social, intenta dar una imaxe social satisfactoria aínda que non sexa así. Non entres en detalles.
  • Non critiques a ninguén, especialmente ós teus anteriores xefes. Debes actuar con moita confidencialidade, ser sempre moi discreto.
  • Non te autominimices gratuitamente; por exemplo: “confío en non facerlle perder demasiado tempo”.
  • Non apeles directamente a túa credibilidade: “se quere que lle diga a verdade” ou “para serlle sincero, direille que”.
  • Non empregues a autocrítica global e de balde “ a pesares de ter estudado durante oito anos inglés, a verdade e que non teño nin idea”.
  • Non personalices cando aludas a situacións que non sexan satisfactorias ou de difícil solución “me é imposible darlle unha resposta”.
  • Non descualifiques globalmente unha experiencia profesional anterior.
  • Se notas que o entrevistador non entendeu unha resposta túa, insiste ata que te entenda.
  • Non preguntes por soldo, vacacións, reparto de beneficios.
  • Fala claro e escoita atentamente.
  • Se piden que te definas entre dúas grandes categorías de características que poden ser ámbalas dúas positivas, trata de xustificar que tes rasgos das dúas. Por suposto, todo isto depende do posto concreto o que estás optando.

Se che fan preguntas tendentes a ver a túa capacidade de traballo en condicións moi estresantes, pensa que esta condición é case necesaria nun ambiente tan competitivo coma o de hoxe en día. Por iso, se estas situacións non che supoñen problemas, dio e ademais trata de dar exemplos concretos disto; se, a verdade, non se che da ben traballar baixo presión, da exemplos de esforzos que fas para mellorar iso.

Debes saber que algunhas preguntas como, por exemplo, a de que cualidades túas son máis notables ou de que si ti cres que tes unha cualidade en concreto, debes preparalas de antemán e se podes, busca exemplos que confirmen as túas afirmacións. Trata de ser sincero pero non arrogante. Unha das cualidades que se buscan con máis frecuencia é precisamente a iniciativa e a capacidade de traballar sen excesiva necesidade de supervisión.

Outros consellos.

Lembra que ...

  • Do proceso da entrevista teremos en conta que non só é importante que actuemos seguindo as recomendacións establecidas anteriormente para o entrevistado senón tamén atenderemos a aqueles aspectos nos que se fixa o entrevistador.
  • Chega puntual.
  • Non entres nin te sentes ata que cho indiquen.
  • Mantente relaxado, sen dar a impresión de nerviosismo.
  • Séntate nunha postura axeitada pero cómoda; non te votes para adiante ou para atrás nin estires as pernas.
  • Mira ó entrevistador ós ollos e procura sorrir levemente, sen demasiada confianza, sen estar demasiado serio.
  • Debes saber exactamente onde está cada cousa que che poidan pedir nun momento dado (currículo, diplomas, etc.)
  • Non fumes nin bebas aínda que cho ofrezan.
  • Non mires o reloxo.

¿Qué buscan as empresas? ¿Qué cualidades valoran nos candidatos? CANDIDATOS?

  1. Responsabilidade
  2. Capacidade de iniciativa
  3. Preparación, formación e competencia técnica
  4. Capacidade para as relacións humanas
  5. Vontade de aprender.
  6. Capacidade de superación.
  7. Aptitude para o traballo en equipo.
  8. Capacidade de traballo.
  9. Motivación e interese.
  10. Liderazgo.
  11. Integración na cultura da empresa.
  12. Dinamismo.
  13. Capacidade de adaptación.
  14. Intelixencia
  15. Constancia.
  16. Potencial de desenrolo.

Que se valora negativamente?

  1. Ser pasivo e indiferente.
  2. Ter unha preparación desaxeitada.
  3. Non saber estar.
  4. Ser torpe, prestar pouca atención.
  5. Ser conflitivo.
  6. Ter unha aparencia descoidada.
  7. Ter aires de arrogancia.
  8. Presentar nerviosismo ou ansiedade.
  9. Non mirar ó interlocutor.
  10. Estar á defensiva
  11. Interesarse máis polo soldo que polo traballo.

Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM)

O Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) serve para determinar a contía de determinadas prestacións, beneficios ou servizos públicos, substituíndo nesta función ao Salario Mínimo Interprofesional.