InicioServizos Formación e EmpregoConsellos para buscar emprego en Internet

Consellos para buscar emprego en Internet

Para aproveitar ao máximo os portais de emprego de Internet é recomendable seguer unha serie de pasos:

  1. Realizar unha autoevaluación para definir os obxectivos profesionais, as habilidades e as aptitudes.
  2. Buscar información sobre os portais e averiguar cales teñen máis ofertas do perfil profesional que interesa. Comparar resulta máis efectivo que introducir o currículum en todas as webs de emprego.
  3. Buscar información sobre as empresas do sector e averiguar se teñen procesos de selección de persoal ou ofertas laborais na súa páxina web.
  4. A meirande parte das páxinas de emprego por Internet requiren subscribirse gratuitamente e introducir o currículum, é importante seguer as indicacións e completar todos os campos requeridos. Canta máis información relevante se aporte, mellor.
  5. Moitas páxinas web permiten comprobar a qué ofertas se enviou o currículum e se ainda se manten aberto o proceso de selección pero, se non se puidera acceder a un rexistro similar é importante anotar de forma rigurosa a que empresa xa se enviou o currículum, o tipo de oferta, a data, e a resposta obtida.