Competencias Clave

Para o acceso aos de nivel 1 non se esixen requisitos de acceso.

Comprenden un conxunto de contidos de formación básica en: Lingua Galega, Lingua Castelá, Linguas Estranxeiras, Matemáticas, Ciencia, Tecnoloxía, Dixital, Xeografía e Historia.

Existen tres formas distintas de demostrar que se posúen estas competencias clave:

  1. Estando en posesión dalgunha destas titulacións:
    • Título de ESO para o nivel 2, ou equivalente (cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos de grao medio, técnico auxiliar ou técnico de Formación Profesional, ter superado o 2º curso de BUP, o 2º curso do 1º ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias, o 3º curso do plan de 1963, o 2º de comúns experiementais –das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos-, outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos).
    • Título de Bacharelato ou equivalente para o nivel 3 (cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos de grao superior, titulo de técnico especialista , técnico superior ou equivalente a efectos académicos de Formación Profesional, titulación universitaria ou equivalente, o 2º curso de calquera modalidade de bacharelato experimental, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos).
    • Un certificado de profesionalidade do mesmo nivel.
    • Un certificado de profesionalidade de nivel inferior da mesma familia profesional.
    • Para a competencia clave de lingua galega o Celga 2 para o nivel 2 e o Celga 3 para o nivel 3, ou equivalente.
  2. Superando as probas en competencias clave.
  3. Realizando a formación específica en competencias clave.

As probas de avaliación das competencias clave consistirán nunha proba ou exame sobre as competencias que indicou na inscrición para as mesmas.

O Instituto Galego das Cualificacións, realizará convocatorias públicas de probas de avaliación en competencias clave, que se publicarán no DOG, nas que se estableceran as competencias clave a avaliar, os lugares e prazos para inscribirse, así como as datas e horarios para a realización das probas, as comisións de avaliación e os centros encargados de realizar as probas.

As persoas que participen nas probas de avaliación en competencias clave expediráselles un documento acreditativo que permitirá o acceso á formación que requira esa competencia clave.