InicioServizos Formación e Emprego

Formación e Emprego

As iniciativas do Concello de Vilalba son para promover o emprego, para ofrecer aos veciños a oportunidade de mellorar a súa vida se non teñen resolto como integrarse no sistema laboral.

O obxectivo é que todos os homes e mulleres poidan integrarse na vida económica con certas garantías de futuro. Asesoramento, formación, información, xestións... para que a procura dun posto de traballo sexa un labor doado.

Informamos e orientamos profesionalmente, formamos aos demandantes en especialidades con demanda dentro do mercado de traballo, buscámoslle traballo ás persoas a través da nosa   bolsa local de emprego fornecemos de man de obra aos empresarios que a necesitan, asesoramos aos novos emprendedores de cara a que poidan iniciar a súa propia idea empresarial e posibilitamos a adquisición de experiencia profesional a aquelas persoas con máis dificultades á hora de atopar traballo a través dos programas de emprego municipais:

  • A prestación do servizo de Orientación de ofertas e demandas de emprego a través do servizo público de emprego de Galicia e do servizo municipal de emprego.
  • A prestación do servizo de asesoramento a emprendedores e empresarios.