InicioServizosEconomía e Facenda

Economía e Facenda

Este departamento contén as ordenanzas fiscais, os programas económicos e a presentación dos orzamentos en vigor.

A comarca da Terra Chá caracterízase por un elevado peso do sector primario. O noso concello participa deste elemento como fundamental, aínda que se individualiza polo elevado desenvolvemento relativo do seu casco urbano, que actúa como centro de servicios sanitarios, deportivos, culturais, educativos e de ocio, e de relevo comarcal.

No que ten que ver co desenvolvemento empresarial, cabe sinalar que Vilalba conta cun importante tecido empresarial asentado basicamente arredor da capitalidade municipal. Dentro del destacan empresas de transformación de leite, industrias transformadoras de productos cárnicos (xamóns e embutidos), empresas distribuidoras de calzado, algunhas constructoras, empresas de transporte por estrada e de distribución de productos alimentarios,  fábricas de maquinaria agrícola,  serradoiros de madeira, concesionarios de automóbiles, un parador de turismo, hoteles, e un amplo abano de hostais, restaurantes e bares, así como outros negocios de servicios en xeral.

Vilalba conta cun polígono industrial bastante desenvolvido que se atopa xa en fase de ampliación e que conta cun total de 700.000 metros cadrados de solo industrial dispoñible actualmente, feito que favorece a instalación de empresas.

Información

Pode acudir ao Rexistro Xeral do Concello (Praza da Constitución, 1), onde é posible presentar solicitudes, escritos e comunicacións, e pedir información sobre procedementos administrativos.

Oficinas Xerais tlf. 982 510 305