Deportes


Dende a concellería de deportes, informámoste tanto dos recursos da vila, como dos clubs e entidades do teu interese.Tamén poderás coñecer e obter información sobre os deportes alternativos que oferta o Concello nas Escolas Municipais de Deportes.Dende este servizo procúrase satisfacer non só a demanda do cidadán que quere facer deporte recreativo e de esparcimento, senón tamén a do cidadán deportista de competición, arbitrando fórmulas e mecanismos que poidan dun xeito paulatino, facer compatible a existencia do “Deporte para Todos” e o “Deporte de Rendemento”.

O deporte é cultura, o deporte é saúde.

O Concello de Vilalba foi pioneiro na creación das Escolas Deportivas Municipais. Neste curso 2006/2007 conta con 700 alumnos matriculados cunhas idades comprendidas entre os 5 e os 71 anos. Así mesmo, o Concello ten convenios de colaboración con diversos clubs da localidade, e no resto dos deportes téñense contratado monitores coa titulación correspondente.

Deportes e clubs con convenio:

    BALONCESTO:C.B. VILALBA HOTEL VILLAMARTIN
    LOITA:CLUB DE LOITA VILALBA
    XIMNASIA RITMICA:Club Violeta
    TENIS: Club Tenis Vilalbés
    FUTBOL: Rácing Club Villalbés
    FUTBOL-SALA
    XIMNASIA DE MANTEMENTO E AEROBIC
    IUDO: CLUB SENRA
    IOGA

Para o desenvolvemento destas Escolas Deportivas Municipais o Concello de Vilalba conta cunha grande variedade de instalacions.
Instalacions deportivas:

COMPLEXO DEPORTIVO A MADALENA

    Campo de Fútbol A MADALENA:
    Lugar onde xoga os seús partidos o Rácing Club Villalbés. Conta con 2.000 asentos e dúas bancadas. Ten dous vestiarios para uso dos alumnos das Escolas Deportivas Municipais e outros dous para actividades oficiais. Está, tamén, dotado dunhas pistas de atletismo con oito rúas de medidas regulamentarias e fosos para probas de saltos.

    2 Campos de Adestramento:
    Atópase un campo de area e outro de herba onde xogan os alumnos das Escolas Deportivas Municipais e os das categorías inferiores do Rácing Villalbés.

    Pistas de Tenis:
    Conta con tres pistas de «quick» e unha de cemento, onde xoga os seus partidos de 3ª división o Club de Tenis Vilalbés.

    Piscina Pública Municipal Climatizada:
    Neste recinto da Praia Fluvial, son moitos os colexios e colectivos da Provincia que veñen facer uso dela. Conta, tamén, cun ximnasio, unha sauna e un solarium.

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CASCO URBANO

  • Estadio Roca:
    Situado no campo da feira, é propiedade do Rácing Villalbés, e adícao a albergar partidos das categorias inferiores do club.
    Pavillon Municipal:

    Situado, tamén, no campo da feira. Aquí é onde xoga os seus partidos de 1ª División Nacional o C.B.Hotel Villamartín Vilalba Breogán e adestra o Club Violeta. Ten unha capacidade para 700 persoas.Ximnasio Municipal:
    Emprazado dentro do Pavillon Municipal, conta cunha grande variedade de aparellos e un monitor.Pavillón Mato Vizoso:
    Situado no recinto escolar; utilizado polos alumnos do Colexio Mato Vizoso.

    Pavillon Insua Bermúdez:
    Situado dentro do recinto escolar é usado, tamén, polos alumnos do Colexio Insua Bermúdez.

PAVILLÓNS NO MEDIO RURAL

    Pavillón Terra Chá:
    Situado na parroquia de Román é usado polos alumnos do Colexio Terra Chá de Román.Pavillón Monseivane:
    Situado na parroquia de Moreda, Lanzós é usado, tamén, polos alumnos do Colexio Monseivane de Moreda

Datos do Servizo

Jesús Bermúdez Rodríguez
Concelleiro de Xuventude

Enderezo

Concellería de Deportes
Concello de Vilalba
Praza da Constitución, 1
27800 VILALBA
Lugo

Teléfono

982-510305
699 47 61 91

Fax

982-511815