Escola Municipal de Teatro

A escola Municipal de Teatro leva en funcionamento desde o ano 2006.

¿ti que entendes por teatro?

Aquí buscamos un teatro VIVO, ese que nos representa a todos porque da observación, do cuestionamento e da posta en común da nosa percepción da realidade.

Por iso a escola estase a transformar en moito máis que teatro: un espazo aberto a todo tipo de propostas creativas, desas que forman parte do cotidiano, desas que están dentro de nós e buscan un buratiño para saír.

Se gostas de xogar e rir, escoitar e facerte entender, se tés porxectos, soños e inquedanzas e queres compartilas.

Áchegate a Nós,....Estámolo dexesando!!

“Interpretar require moito esforzo, pero en canto o consideramos como xogo, deixa de ser traballo. Unha obra de teatro é xogo”. Así dí Peter Brook, e gústanos esa perspectiva.

As clases son, en realidade, sesións de adestramento que desde unha perspectiva lúdica se dirixen a descubrir, tomar consciencia e desenvolver a principal ferramenta do actor/actriz, que é el mesmo. Corpo e mente en acción, ao servizo do traballo actoral.

Diferentes grupos e diferentes propostas.

O enfoque de cada grupo parte da necesidade de traballar os diversos contidos desde os procesos madurativos da persoa. A través de propostas lúdicas que respondan ás motivacións do grupo, perseguimos unha formación integral para o desenvolvemento das nosas posibilidades psíquicas e corporais.

Grupo Infantil: unha sesión semanal dunha hora de outubro a xuño. Os xoves de 18.00h -19.00h
Grupo Xuvenil: unha sesión semanal dunha hora e media de outubro a xuño. Os xoves de 19.00h -20.30h
Grupo Adulto: unha sesión semanal de dúas horas de outubro a xuño. Os xoves de 20.30h -22.30h
Horario das clases: Xoves
Director da Escola: Guillermo Álvarez Cancelo
Porfesora: Iria Acevedo Pérez