Auditorio Municipal Carmen Estévez

É obra do arquitecto Cesar Portela, a súa construción data do ano 1.997. Sitúase nun edificio multiusos que tamén alberga o Conservatorio Municipal. Conta cun aforo de 504 butacas na sala polivalente (auditorio, teatro, cine, sala de concertos…), tamén conta cunha sala de exposicións e 4 locais de ensaio para as asociacións culturais da vila.

Lévase a cabo unha programación cultural semanal durante todo o ano.

Enderezo: Rúa das Pedreiras, s/n
Teléfono: 982 512 888
Ordenanza que rixe as instalacións:  Ordenanza nº 45
Solicitude de instalación:

  • Sala de exposicións
  • Salón de actos

Próximos Eventos