Festas

Festival de Nadal: Ten lugar a Cabalgata dos Reis o día 5 de xaneiro, e tamén se realizan actividades para os máis pequenos (talleres, animación …)

Festa de Entroido: Celebrase cada Martes de Entroido, onde ten lugar, pola vila, un popular desfile de charangas, comparsas e disfraces individuais e o mércores ten lugar o enterro da sardiña.

Festa de San Xoán: celebrase o 23 de xuño, cunha “Gran sardiñada” na Praza de Sta. María coa degustación de sardiñas, pan, liscos, cervexa, viños, … típico desta noite e posteriormente o conxuro da queimada e a espantada das meigas ás 00.00h, todo isto amenizado con distintas actuacións.