InicioServizosCultura, Asociacións Rurais e Feiras e Mercados

Cultura, Asociacións Rurais e Feiras e Mercados

No Departamento de Cultura encontrarás toda a información que necesitas sobre as infraestructuras e a programación cultural que Vilalba pon a túa disposición para que diseñes como queiras o teu tempo de ocio: teatro, danza, cine, música, festas, exposicións, talleres, conferencias...

Dende o Departamento de Cultura prográmanse actividades socioculturais que perseguen a promoción tanto cultural como social, entendida como apertura de novas posibilidades de adquisicións de bens culturais que amplíen as perspectivas educativas, de ocio e de participación social.

Xestións que leva a cabo:

  • Programar actividades culturais (concertos, teatro, danza,…) do Auditorio Municipal “Carmen Estévez”.
  • Informar acerca das actividades que se realizan nas distintas instalacións culturaís
  • Coordinar as salas de exposicións da casa da cultura e do auditorio.
  • Xestión e coordinación do salón de actos da Casa da cultura, biblioteca e auditorio.
  • Tramitar as ditintas solicitudes das instalacións culturais.
  • Informa e distribúe publicacións municipais relativas ós seus programas culturais.
  • Xestión e coordinación da escola municipal de teatro de Vilalba.
  • Involucrar aos veciños na programación da actividade cultural para lograr un maior nivel de implicación, compromiso e responsabilidade.

Entre outras..

Persoal

Animador Sociocultural
Horario de atención ao público de 09:00 a 14:00h
De luns a venres.
Tlf: 982 510761
cultura@vilalba.es

Enderezo:
Concello de Vilalba
Concellería de Cultura
Praza da Constitución, 1
2780 VILALBA (Lugo)

Últimas Noticias

Próximos Eventos