Unidade de prevención de drogodependencias

O SERVIZO DE PREVENCIÓN DAS SUBSTANCIAS ADICTIVAS E OUTROS TRASTORNOS.

 

A.- Tratamento individualizado de condutas aditivas

No caso do sector específico do tratamento do alcoholismo as principais actuacións son:

  • A información, o asesoramento e a orientación ás persoas que presenten unha problemática relacionada co consumo de alcohol ou os seus familiares.
  • Asesoramento para a posibilidade de tratamento no propio servizo ou das accións necesarias tendentes á derivación a un servizo especializado.
  • Tratamento mediante terapias individuais e traballo co grupo familiar.

B.- Actuacións encamiñadas á prevención das drogodependencias

Vilalba conta cun servizo de prevención de condutas aditivas inscrito no Rexistro de entidades colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas dende o ano 2005. Este servizo ven desenvolvendo un labor preventivo adaptando os programas de prevención ás directrices marcadas e ás necesidades e recursos dispoñibles

Os programas de prevención desenvólvense nos seguintes ámbitos de actuación:

  • Prevención Escolar

Un dos marcos de actuación para a redución da demanda do consumo de drogas é a promoción da saúde. Dende unha perspectiva de prevención universal, inclúese dentro dos programas formais de educación para a saúde, sendo a           súa poboación destinataria ao alumnado de ensino non universitario de Galicia.

  • Prevención Familiar
    Este programa ten como obxectivo previr a aparición do consumo de drogas e problemas asociados formando a un colectivo de clara implicación no proceso educativo dos menores.
  • Prevención Xuvenil
    Este programa ten como finalidade fundamental mellorar a seguridade viaria e evitar ou reducir a siniestralidade de mozo/as a causa do consumo de drogas.

– Programas de carácter complementario

Programa de prevención universal: cine e saúde: este programa desenvólvese a partir da visualización de producións cinematográficas comerciais, e así poder utilizar o cine como soporte didáctico para o traballo de crenzas coma de actitudes en adolescentes.

Programa de Prevención Laboral: o obxectivo deste programa é facilitar a implementación de actuacións destinadas á prevención do consumo de drogas e aos danos asociados a estes integradas nos plans de prevención de riscos laborais,

Programa de Prevención de Xénero: Penélope: a coordinación dentro do Departamento de Servizos Sociais de Base e o Servizo Específico de Información ás mulleres da como resultado a detección de casos de mulleres con consumos problemáticos, maioritariamente de alcohol, e a súa derivación a este servizo de Prevención. A estigmatización social á que se someten as mulleres consumidoras abusivas de alcohol dificulta e encubre situacións de maltrato.

Para solventar calquera dúbida sobre o tratamento e prevención das drogodependencias estamos á vosa disposición:

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS E CONDUTAS ADITIVAS

https://www.sergas.es/gal/Publicaciones/Docs/Drogodependencias/PDF3-35.pdf

DEDEPARTAMENTO DE BENESTAR SOCIAL, FAMILIA E MULLER DO CONCELLO DE VILALBA

Praza da Contitución N1 , planta baixa.

27800. Vilalba