Programa de muller e igualdade

SERVIZO ESPECÍFICO DE ATENCIÓN ÁS MULLERES (CIM)

O Concello de Vilalba, a través dos servizos municipais de atención ás mulleres (CIM), pretende detectar as dificultades, necesidades e demandas das mulleres para facer valer os seus dereitos nos ámbitos profesional, social e familiar, ofertando unha atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero e poñendo a disposición destas, os recursos e instrumentos que promoven a confianza nelas mesmas para esixir unha convivencia en igualdade.

Así mesmo, combina o labor asistencial co traballo formativo, desenvolvendo diversos programas, destinados a educar ás novas xeracións en valores que garantan a igualdade de oportunidades así como a prevención da violencia de xénero.

O Centro de Información á Muller (CIM) fomenta a participación das mulleres en todos os ámbitos apoiando o asociacionismo das mulleres do Concello de Vilalba.

Funcións e servizos:

– Información e asesoramento xurídico a mulleres.

– Atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero.

– Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.

– Difusión e sensibilización cidadá da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.

– Canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos con competencias en materia de muller.

– Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos que desenvolve a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

– Organización de conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.

– Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición o acceso aos recursos existentes na Comunidade Autónoma a través da xestión urxente cos servizos da policía, sanitarios, psicolóxicos, xudiciáis e sociáis que sexan oportunos.

– Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.

– Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.

– Calqueroutra actividade que se adecúe ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.