A escola infantil municipal conta con equipamiento diúrno de carácter educativo que permite os/as nenos/as o seu desenvolvemento integral e harmónico nos planos físicos, motor, emocional, intelectual e social e facilita o acceso dos pais e nais ao mundo laboral.
OFERTA DE PRAZAS:
A escola infantil municipal conta con 3 unidades para nenos/as de 0-3 anos, cunha oferta total de 41 prazas.
- 1 unidade de 0-1 anos con 8 prazas.
- 1 unidade de 1-2 anos con 13 prazas.
- 1 unidade de 2-3 anos con 20 prazas.
HORARIOS:
A Escola infantil prestará os seus servizos de setembro a xullo, ambos incluídos, de luns a venres en horario de 8:00 horas a 20:00 horas.
XORNADAS
- Xornada Completa, coas seguintes modalidades:
a) Continuada: aquela na que o/a neno/a permanecen na escola máximo 8 horas.
b) Partida: aquela na que o/a neno/nena permanece na escola en xornada de mañá e tarde como máximo de 8 horas.
- Media Xornada, as medias xornadas serán como mínimo de 3 horas e como máximo 4 horas.
a) Media xornada de mañá .
b) Media xornada de tarde.
A escola pechará :
-Os días 24 e 31 de decembro.
-O 5 de xaneiro e o martes de entroido a escola pechará as 14:00h.
Persoas destinatarias
Poboación infantil de 0-3 anos con prioridade no acceso aquelas e aqueles empadroados no Concello de Vilalba.
Presentando a solicitude no departemento de servizos sociais do Concello de Vilalba no prazo establecido.
NORMATIVA APLICABLE
Ordenanza Nº 15 ¨ Regulamento de réxime interno da escola infantil municipal do Concello de Vilalba¨
Ordenanza fiscal Nº 21 "Prezo público pola prestación do servizo da escola infantil do Concello de Vilalba"
Decreto 329/2005, de 28 de xullo, pola que se regulan os centros de menores e de atención á infancia.
Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que de regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais de Galicia.
Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio de Educación.
Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.