Teleasistencia domiciliaria

Prestación técnica que ten por finalidade  facilitar a asistencia mediante o uso de tecnoloxías da información e da comunicación, ofrecendo a persoas unha resposta inmediata durante as 24h  do día, ante situacións de emerxencia, de inseguranza, soidade ou illamento, co fin de favorecer a súa permanencia no contorno habitual.

As usuarias e usuarios están en  contacto  permanente cunha central de atención a través dun terminal conectado á súa rede telefónica, que se acciona con só premer o botón dunha  pulseira ou medallón que deben levar sempre consigo.

A central de atención está asistida por un equipo de teleoperadores e teleoperadoras  profesionais que realizan funcións de seguimento e acompañamento social das persoas usuarias, ademais de mobilizar os recursos axeitados ante posibles situacións de emerxencia. Previamente este equipo de profesionais conta cunha ficha na que se recollen os datos necesarios da persoa usuaria relativos ás enfermidades que padece, medicación, familiares ou persoas de contacto, etc.

Hai dúas vías de acceso ao servizo: una para persoas DEPENDENTES valoradas, que accederán ao servizo a través da solicitude de valoración do recoñecemento de dependencia que se dirixe á Xunta de Galicia, e outra para persoas NON DEPENDENTES, que solicitarán directamente a inclusión no servizo.

O servizo para persoas non dependentes está subvencionado e xestionado pola Deputación de Lugo na súa totalidade, polo que os e as solicitantes desta modalidade non poderán superar o  límite de ingresos establecido.

Persoas destinatarias:

  • Veciñas e veciños empadroadas no Concello de Vilalba, residentes, maiores de 65 anos  non dependentes, tendo prioridade aquelas persoas que vivan soas permanentemente ou durante gran parte do día.
  • Non poderán superar  o límite de ingresos establecido para acceder ao servizo nin padecer enfermidades que lles impidan o manexo do dispositivo .
  • As persoas dependentes non necesitan cumprir o requisito da idade.

Como acceder

As persoas demandantes non dependentes deberán solicitar no departamento de Servicios Sociais  onde se lle facilitará información detallada sobre o servizo e os documentos necesarios para formalizar a solicitude.

O servizo para persoas non dependentes está subvencionado e xestionado pola Deputación deLugo na súa totalidade, polo que os e as solicitantes desta modalidade non poderán superar o  límite de ingresos establecido.

As persoas dependentes farano a través da  solicitude de recoñecemento da situación de dependencia.